Oito anos lle fixeron falla a Maximino Cid Ferro para demostrar antes os xuíces o que xa demostrara nos exames para a praza de sarxento xefe da Policía Local de Cambados. A razón? Non era o candidato preferido polos gobernantes locais (Tourís, Aragunde e compañía) para asumir o posto para o que demostrou estar mellor preparado.
Naquel ano 2001 o tribunal encargado de corrixir os exames estaba composto por tres membros do goberno local (Tourís e Domínguez incluidos) e por dúas persoas da Xunta de Galicia. Casualmente na última proba, logo de aprobar as demais, os dous membros de Concello suspendérono. El creu que fora calificado inxustamente, e tiña razón.
Un perito, xa en pleno proceso xudicial, determinou que esa proba era merecente dun notábel alto. Aínda así o Concello agotou todas as vías legais para non recoñecer o evidente: tratouse dunha inxustiza como tantas se teñen dado en canto á selección de persoal no Concello de Cambados.
O que seguimos os cambadeses sen saber a estas alturas é cantos cartos se gastaron por parte do Concello nun proceso xudicial no que só eles crían, que empregaron para tentar lexitimar a súa política clientelar no goberno local.
Maximino Cid Ferro pode estar orgulloso, pois a súa resistencia, a súa perseverancia e a creencia de que a xustiza é lenta pero funciona, levouno a estar hoxe onde está. Tomará posesión oficial (aínda que xa leva meses traballando en Cambados) como saxento xefe. A desgraza é que os responsábeis dos oito anos de recursos e máis recursos siguen hoxe en postos de poder político (un como delegado da Xunta e outro alcalde!) e seguro que orgullosos do que fixeron. Porque perdón aínda non o pediron.
Actualización:
Parece mentira o que sucede coa prensa. La Voz de Galicia pecha así a noticia sobre a toma de posesión de Maximino: “Su llegada coincidió con un cambio en la alcaldía, ya que no hacía mucho que Luis Aragunde había sustituido a José Manuel Cores Tourís, lo que permitió abrir una nueva etapa en las relaciones entre el aspirante a sargento -ahora inspecto jefe- y la alcaldía.” Non será acaso mellor dicir “Su llegada coincidió con la imposiblidad para el Concello de recurrir en los tribunales”?. Non cabía recurso tras oito anos, ese é o verdadeiro motivo. O Concello nunca cambiou de parecer. Descoñezo cal é o interese da prensa por agachar os feitos e disfrazar a responsabilidade de Aragunde…
Artigos anteriores relacionados
Canto custo o proceso xudicial contra Maximino Cid? – Nadal 2009
Maximino Cid: “creo na Xustiza” - Novembro 2009
O Aragunde que caeu do ceo (opinión) – Novembro 2009
Maximino Cid será o sarxento da Policía Local a finais de mes - Novembro 2009
Correcto, amigo Óscar Pardo, é como refires. Abondando no espresado sinalar que desde a entrada en vigor do Estatuto Básico do Empregado Público de 12/2007 de 12 de Abril, os Políticos xa non poden formar parte dos Tribunales de Selección, estarán formados por Técnicos. Tanto ten, a propia lei deixa o camiño aberto ó reflectir que será o Alcalde o que nomee ós responsables das probas, que farán o que se lles diga se queren que lles vaia ben.
Coma participante no último “esperpento” vivido coas derradeiras Opos en Cambados no 2007, decir que é o de que máis orgulloso estou porque me puxeron catro ceros (0000). 1ª proba: Redactar lebreles un simulacro de carta dirixida ó Presidente da Xunta (en aqueles intres Touriño) e escribides que cousas hai no noso pobo que se poden mellorar … coma non lles gustou o que puxen un 0, cando todo o mundo sabe que nun exame co nome e apelidos ben escritos, polo menos un 0,1 NON, éste non é do Partido e por riba pon en solfa a labor do Goberno Municipal. Se delatan eles mesmos, teñen un complexo de inferioridade tremendo e non saben o que é a neutralidade. O prósimo ano toca e irei de novo a “divertirme” a sabendas do que hai, colocarán a quen lles dea a gana presuntamente, coma fan en todas partes. A democracia que coñecen é a Orgánica, a que suliñaban os Fundamentos do Réxime de Franco.
O que sí espero é que o fagan coma Concurso – Oposición, valga a redundancia que a Oposición Municipal, BNG E PSOE interpoñan un Recurso Contencioso – Administrativo, non teñen outra cousa que ler a Sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza con respecto ó Concello de Vimianzo, hai un precedente xurídico. Un membro da CORPORACIÓN Cambadesa lle comentou a un Opositor que porque estaba perdendo o tempo e as tasas de examen a sabendas que a praza é para fulanito / -a de tal que xa está Laboral ou Interino. Iremos (de novo) a meterlles caña e asustalos un pouco, porque ademáis de cobardes non teñen conciencia cívica.
Publicado por oscarman | 11/12/2010, 1:54 pmEstimado oscarman, non te coñezo pero paréceme de moita gravidade o que contas (non colle de sorpresa, pero sempre é grave).
Supoño que estarás asesorado neste caso, e que a oposición ou sindicatos serán coñecedores do mesmo…o de Maximino Cid ten que valer para ter claro que si é posíbel vencer ao poder neocaciquil deste Concello e máis se, como dis ti, hai outros precedentes legais.
Queda este espazo na web á túa disposición para o que consideres. Un saúdo
Publicado por Óscar | 11/12/2010, 2:08 pmO das Opos en Galicia é o pan de tódolos días nalgún lugar da nosa Xeografía, non só en Cambados. Ahí vai a nova reflectida nos medios:
Costa da Morte
El Superior obliga a Vimianzo a repetir una prueba de selección
El tribunal anuló el proceso de elección de un trabajador al considerarlo ilegal
09:36
M. C. S. VIMIANZO El Concello de Vimianzo se ve obligado a repetir unas pruebas de selección para una plaza de auxiliar administrativo incluida en la oferta de empleo público del año 2006 que fueron anuladas por el Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). El Diario Oficial de Galicia publicó ayer el anuncio de la nueva convocatoria y las bases figuran en el Boletín Oficial de la Provincia.
La persona que desde entonces se encuentra en ese puesto deberá presentarse de nuevo a las pruebas, ya que el Alto Tribunal consideró que el procedimiento utilizado fue ilegal. Los magistrados destacan que el sistema selectivo ordinario para entrar en la Administración local es la oposición, y sólo en casos muy concretos y justificados debe emplearse el concurso oposición. En este caso el Ayuntamiento de Vimianzo optó por el concurso oposición, que, según los magistrados no es necesario ni está justificado porque para el puesto de auxiliar administrativo en cuestión no se necesita una preparación específica sino la “común” a esta profesión cuyas tareas son “mecanografía, taquigrafía, despacho de correspondencia, cálculo sencillo, manejo de máquinas, archivo de documentos y otros similares”.
Uno de los aspirantes a esa plaza interpuso un recurso contencioso administrativo, que el juzgado ya anuló en el año 2007, pero fue recurrido por el Ayuntamiento de Vimianzo. Ahora el TSXG le da la razón al demandante y obliga a repetir de nuevo las pruebas.
Una vez que el anuncio sea publicado en el Boletín Oficial del Estado, los aspirantes tendrán un plazo de veinte días para presentarse. A pesar de las observaciones del TSXG, el sistema de concurso oposición es una práctica casi generalizada en todos los ayuntamientos.
Publicado por oscarman | 13/12/2010, 7:50 pmBueno, a veces a xustiza é lenta pero funciona. O malo é cando non se denuncia que serán as máis das veces…
Publicado por Óscar | 14/12/2010, 10:42 pmSe é lenta amigo Óscar non é xustiza, o Procedemento suliña que é básico o criterio de celeridade. Esquezín falar do amigo Quintana, que se retirou ós seus “Palacios de Inverno” deixando para a Historia do Caciquismo en Galicia ás Opos da Consellería de Igualdade e Benestar,os pluses desorbitados ós Altos Cargos de Touriño, que tamén nos fixo un favor deixando a Poítica, ten que poñer no seu escritorio as “Memorias de Adriano” de Marguerite Yourcenar, se quere adicarse en serio a isto da “cousa Pública”. De Feijoo que queredes que vos diga, lede o Xornal de Galicia de onte e vos decataredes que é un mentiroso profesional. O prósimo mes de Maio irei os columpios coa miña filla e non me acercarei a un colexio eleitoral nin tolo, Giussepe Tornatore no filme Baaría di que “a Política é bela”, pero falaba claro do século XX.
Publicado por oscarman | 17/12/2010, 12:58 pmNiso último si que non podo estar darcordo. É certo que todos cometen erros pero para uns son erros e para outros a forma normal de actuar. Agardo que nos meses que faltan cambies de opinión e si exerzas o teu dereito ao voto en Maio. Saúdos!
Publicado por Óscar | 17/12/2010, 1:05 pmImos por partes: unha cousa é o arrepentimento, que é para toda a vida, e outro a culpa, un concepto Cristián que cando te confesas “ego te absolvo”. Nin Quintana se arrepinte nin Touriño se confesa … están por riba do ben e do mal, colleron unha “karena” de Poder cando chegaron a él, e iso non é un erro, é soberbia, un pecado capital (Lee Óscar a Divina Comedia de Dante Aligheri e o que poñía o cartel que estaba ás portas do Inferno). Por outra banda que podo decir de Feijoo, ¿Que cheira a súa merda mellor que as demáis?. Semella que non, está seguindo o patrón dos seus predecesores, se eu fago isto, vos fixéstedes aquelo, coma os meniños no Cole, o meu pai ten un coche máis grande que o teu, t o que ti fas é demagoxia e o que fago eu non, en fin, voume divertir estos prósimos seis meses a ver quen é máis parvo
Publicado por oscarman | 17/12/2010, 5:02 pm