//
estás a ler...
., As entrevistas, Cambados

Olga Costa: “É lamentable ter que chegar a isto, pero non descartamos mobilizacións”


Olga Costa é a presidenta do Refuxio de Animais de Cambados. Leva durante anos volcada con este labor que trascende o concepto de “canceira” polas tarefas que a asociación desenvolve en termos de concienciación contra o abandono, posta en valor dos animais ao servizo da comunidade, traballo voluntario… Olga é ante todo, e isto ninguén pode discutilo, unha amante dos animais. O refuxio loita agora por conseguir facerse coa xestión dunhas instalacións comarcais que sairon a concurso primeiro coa Mancomunidade (o único proxecto presentado foi o de Cambados) pero agora foi reiniciado pola Deputación e esta permitiu que unha empresa privada (Tragsa) compita cos de Olga Costa ante a incredulidade destes. A campaña social e mediática do Refuxio está a ser intensa (podes apoiala aquí) e prevese que o final do conflito estea próximo.

Imos ao principal da cuestión…cales serían as diferenzas principais entre a adxudicación a Tragsa e ao Refuxio?
A diferenza principal e máis importante de todas é que o Refuxio loita e traballa para que o abandono desapareza ou polo menos se reduzca, tal e como conseguimos en Cambados, reducíndoo un 73% segundo as estatísticas deste pasado ano 2011.
Tragsa é unha empresa que como tal, ten ánimo de lucro, e por tanto non ten ningún interese en reducir o número de animais abandoados posto que suporía menos diñeiro.
Sen embargo o refuxio fai campañas de concienciación e de información social dende os nenos nos colexios ata as parroquias nas igrexas, ensinando e informando ós cidadáns a tenencia responsable de animais, mostrando as consecuencias do abandono e poñendo en práctica controles de natalidade.
Outro punto fundamental en segundo plano pero non menos importante é que dende o Refuxio adestramos a cans como cans de terapia ou asistencia para poder axudar a cidadáns con necesidades físicas ou psíquicas, realizamos Terapia Asistida cos animais abandoados do refuxio entre outras cousas. E dámoslle a oportunidade de vivir a todos os animais que chegan a nós, custeando operacións caras e complicadas, apostando pola súa rehabilitación, sen embargo ningunha empresa de recollida gasta nin gastará nunca 800€ nunha operación dun can, nos sí que o facemos si fai falla.
O noso traballo ten un factor social importantísimo, posto que somos un equipo formado o 100% por voluntariado altruista e levamos a cabo numerosas actividades nas que participan os cidadáns de tódalas edades, e que se fan ó longo do ano formando parte das festas tradicionais do municipio e das actividades culturais.
Alguén sabe dalguna empresa de recollida de animais que festexe o Papa Noel cos nenos e cos animais? Algún concerto musical gratis ou paseos semanais cos cans que teñen albergados no centro?
Non debemos esquecer que o noso proxecto é autofinanciable de tal xeito que a partir do terceiro ano deixaría de custar cartos ás administracións públicas, por tanto o noso proxecto non se trata dun gasto senon dunha inversión a curto prazo.
O PROXECTO COMARCAL DO REFUXIO
“Unha empresa privada sairía máis cara posto que busca beneficios; nós non. En tres anos será autofinanciable”
Parece que en termos de proxecto o presentado por vós recibiu eloxios pola non consideración das instalacións como canceira senón como refuxio, pola súa orixinalidade… pero podedes competir en termos económicos cunha empresa privada?
Tal e como comentaba anteriormente o noso proxecto, ademais de ser pioneiro non só como refuxio senón como actividade social e terapeuta, non só pode competir en termos económicos senón que está demostrado que é completamente viable polo feito de ser autofinanciable a partir do terceiro ano por tanto, falamos dun custo de 24 a 36 meses.
Sen embargo unha empresa privada cobraría ano a ano non só o mesmo senón as correspondentes revisións do presuposto.
En segundo lugar descoñecemos a día de hoxe cal é o presuposto de Tragsa para a xestión desde centro pero dende logo estou segura de que será mais cara posto que unha empresa privada ten a necesidade de custear maiores gastos xerais, medios auxiliares e conseguir beneficio industrial, gastos que no noso caso son máis reducidos en no caso do beneficio industrial non existirían. Cabe destacar que o noso proxecto prevé a creación de fontes de ingresos a través de varias actividades feito do que ninguén fai referencia e que reduce o capítulo de gastos anual. Penso que as verdades non se poden dicir a medias e non se debe contar só o que a un lle interese, que penso que é o que certas persoas utilizan para deprezar o noso proxecto.

A campaña de recollida de sinaturas está a ser un éxito. Cres que esta implicación de voluntarios do refuxio e cidadáns pode servir como presión ante a Deputación?
Considero que a voz dos cidadáns é a que debe ser escoitada polos dirixentes das administracións públicas posto que foron escollidos polos cidadáns. Un refrán moi vello di que “rectificar a tempo é de sabios” e cando o pobo fala, o pobo clama e reclama, debe ser escoitado; é o dereito que ten o pobo e é a obriga que teñen os dirixentes políticos como tal. Pero considero triste e lamentable ter que chegar a facer recollida pública de sinaturas para que se nos escoite, é verdadeiramente lamentable que se nos considere “unha minoría” e que vivindo en democracia teñamos que “berrar” para ser escoitados.
A día de hoxe inta non temos o reconto oficial de sinaturas posto que nos chegan por varias vías e dende distintos puntos de España. Pero si temos unhas 2.000 sinaturas recollidas a pé de rúa en Cambados e concellos cercanos. Outras 2.500 dixitais e case 2.000 en Actuable , e seguimos a recibir follas de sinaturas que estamos recopilando dos diversos puntos non só de Galicia senón de España.

Despois de tantos anos volcada en Cambados coa defensa dos animais…sentícheste depecionada ou desanimada ao saber que pese a ser o voso o único proxecto presentado finalmente poderíades perder a concesión?
Sinceramente sentinme non só decepcionada senón enganada. Posto que finalmente tívenme que enterar polos medios, pola prensa escrita, da decisión da Deputación de facerse cargo da titularidade e xestión de dito centro. Namentras, en reunión tras reunión buscando a forma de sacar adiante o proxecto economicamente, buscando subvencións para a Mancomunidade, buscando concellos veciños interesados no proxecto e que permitirían rebaixar o custo por municipio… dicíaseme que non me preocupase, que non fixese caso ás declaracións e que pronto se atoparía unha solución conxunta. Por suposto, sentinme enganada, con máis motivo despois de ver como o noso proxecto, privado, entregado unicamente á Mancomunidade, foi utilizado para dar publicidade da xestión nas mans do novo ente público.
SEGUE SEN DESCARTAR A ENTRADA EN POLITICA
“Sentinme enganada e decepcionada. Pero o día a día, os froitos do esforzo, fan que mereza a pena loitar”
Falouse de mobilizacións para reclamar que o concurso chegue a bo porto, haberáas?
A pesares de haber días nos que unha se atopa cansa de loitar contra muros e paredes, o certo é que a gran familia de voluntarios que compoñen o Refuxio, as gratificacións que día a día podemos disfrutar, froito do esforzo de tantos anos, fan que siga valendo a pena loitar. Porque, unha vez que chegamos ata aquí, que conseguimos que se nos coñeza, que a xente saiba que en Cambados hai un refuxio (señores! que conseguimos unha reducción do abandono dun 73%!)… por que non iamos a seguir loitando polos dereitos dos animais?
E se para iso é preciso manifestarse, farémolo. E se para iso é preciso falar de número de votos, tamén o farei se con iso consigo que a xente non mire para o outro lado cando falamos de animais abandoados.
Tamén afirmaches que incluso persoalmente te animarías a participar na política…segue en pé esa proposta? Baixo que siglas te incorporarías?
Dixen publicamente no seu momento que se non hai xustiza para o refuxio ante este proxecto e este atropelo que se esta a cometer, e o idioma é a política, tomarei partido en política para que os animais abandoados teñan voz e voto. Pero tamén dixen que espero non ter que facelo e en caso dado chegado o momento decidiría por que color tomaría partido.
Pero dende logo, resulta moi triste ter que manifestarse, ter que falar en idioma político, en 13 anos xamais me vin na necesidade de “berrar” desta maneira para que se escoitase ó refuxio. Levamos 4 anos celebrando o día de San Antón con animais dentro da igrexa, levando cans ós colexios, ós centros, ós xeriátricos, á Cruz Vermella…. e nunca precisei de “berrar” e levantar a voz, por eso me resulta moi triste e agotador ter que utilizar esta vía para falar coa administración pública.

Entrevista propia, fotografía de La Voz de Galicia

About these ads

Conversa

7 thoughts on “Olga Costa: “É lamentable ter que chegar a isto, pero non descartamos mobilizacións”

  1. Pareceme algo atravedo facer aseveracións do xeito en que Tragsa xestiona un refuxio. En Ferrol xestionou un refuxio non hai moito, durante ano e medio, facendo campañas de adopción (85% de adopcións), educación para os cativos, adestramento e socialización, dencuncias por maltrato e abandono … en fin, podese leer na prensa.

    Non se debería permitir que a xente fixera calmunias ou falara sen coñecemento de causa.

    Posted by Mar Racho Martinez | 09/02/2012, 9:18 pm
  2. http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2011/12/28/0003_201112F28C4991.htm
    antes de hablar hay que contrastar los datos. El grupo tragsa a echo un gran labor en elrefugio de animales de mouga. es demostrable el echo de que no se realizaran eutanasias ya que como se ve el perro mencionado llevaba mas de 500 dias en la perrera, se centraba mucho en las adopciones por eso fue considerado el centro español que gestiono mas adopciones, asi que por favor Olga Costa antes de hablar y de decir mentiras y calumnias informate un poco. Entiendo que quieras lograr puntos para gestionar el refugio pero por favor hay mas medios que no sean escalar pisando la gran labor de otros y mas cuando es a base de mentiras.Primero informese y a partir de hay critaca lo que no te guste pero por favor que los datos que den sean ciertos

    Posted by LITA | 10/02/2012, 6:28 pm
    • Vaya, vaya, por lo que veo Lita conoces muy bien al grupo Tragsa, y me basa para ello en dos hechos muy significativos:
      1.- Conoces muy bien la política de la empresa: “Hay más medios que no sean escalar pisando la gran labor de otros y más cuando es a base de mentiras.” Si tú crees que eso es lo que Olga Costa está haciendo, deberías de alegrarte, ya que encaja perfectamente con el “modus operandi”(en cursiva, lo sé, pero el editor no me lo permite) del grupo Tragsa.

      2.- Por tu deficiente ortografía debes de ostentar un puesto dirigente en dicha empresa, pues por lo que he podido observar, ello parece ser condición “sine qua non” para llegar alto en Tragsa, especialmente en Tragsatec.

      Me parece muy bien que os preocupen tanto los animales, porque lo que es a las personas, especialmente a vuestros trabajadores, no las cuidáis mucho.

      Posted by Mamipanchita | 12/02/2012, 9:21 pm
  3. xa, xa, xa….. esta moi ben todo o que dicides de Tragsa, xa, xa, xa…. pero parece que só o sabedes vos… Sode listos a fartar e os demáis simplemente uns ineptos que non entedemos nada…. Datos, datos… papel mollado que se pode manipular ¿Non vos parece extrano que ninguén coñeza a labor “servicial” de Tragsa? Cóntademe onde podo encontrar os datos de Tragsa e todo o “maravilloso” traballo que tan a facer.
    Anda, ta moi ben abrir a boca metendo palla …. efectivameP

    Posted by Patricia | 12/02/2012, 12:26 pm
  4. Vaya con la ONG y yo dando mi dinero a Global humanitaria!!
    Y no es lo mismo tener más adopciones que la media nacional que ser el centro español que gestiono más adopciones (si lo pensais un poquito os dais cuenta de la diferencia). A pesar de todo el refugio de Cambados en porcentaje de adopciones os gana de calle. Aunque esto no es un concurso, sino aplicar la lógica. El centro de Armenteira fue construido bajo el asesoramiento de Olga, que tb consiguió subvenciones para el mismo, y fué creado para ser dirigido por una protectora. El proyecto del Refugio fue el único presentado y es autofinanciable en 2 años. Pero resulta que ahora aTRAGSA le apetece un trozo de pastel y todo el trabajo TOTALMENTE ALTRUISTA de Olga durante 13 años se tira por tierra y se intenta copiar su proyecto dándoselo a un coleguita al que hay que paga una pasta todos los años (pq lo de la ONG era de coña, resulta que es una empresa que trabaja para ganar dinero, flipa).
    Así que, querida Lita, si aquí alguien quiere gestionar el centro escalando y pisando la labor de otros es quien tu defiendes.

    Posted by Rocko | 12/02/2012, 11:06 pm
  5. totalmente de acuerdo

    Posted by flor | 13/02/2012, 12:09 am
  6. Nadie habló mal del refugio de Cambados. De hecho llevo años colaborando con varias protectoras y conozco bien su labor. Una cosa no quita la otra. Hablando así dejais en mal lugar a la protectora.
    De todos modos no se trata de vosotros, ni de unos o de otros, se trata de los animales. Ellos son los protagonistas.

    Posted by Mar | 14/02/2012, 9:32 pm

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Febreiro 2012
L M Me X V S D
« Xan   Mar »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
272829  

Arquivo

RSS Dioivo

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.

%d bloggers like this: