//
estás a ler...
., Cambados

Os que tiran ovos, agora limpan


Recibimos na caixa de entrada de cambadostk@gmail.com dúas fotos desta mesma mañá nas que se poden observar rapaces limpando o chan dunha rúa cambadesa que estaba suxa tralos típicos combates de Entroido con ovos como munición.

O lector que nolas envía, Marcos Escudeiro, sinala que esta medida pode ser positiva para rematar con este tipo de prácticas que desde hai anos o goberno local quere erradicar polos problemas de limpeza que causan en Cambados (sen entrar tamén na discusión moral do malgasto de alimentos). Sen dúbida pode ser unha medida máis persuasiva que multar aos proxenitores ou limitarse a “confiscar” os ovos por parte da Policía.

About these ads

Conversa

5 comentarios en “Os que tiran ovos, agora limpan

  1. Despois de ver a máis de vinte rapaces tirar ovos, o que me procupa de verdade e que tan só tres estean a limpar. O resto saiu impune? Este ano hai menos ovos polas ruas a comparación doutros anos polo que penso que é un pequeno logro para acabar con este sinsentido. Recordo que o ano pasado xa houbo rapaces “castigados” por esto. Agora falta que o Concello pida que non se vendan ovos nos supermercados a rapaces. Cecais non sexa algo usual pero si, é o que penso, efectivo

    Publicado por Arturo Cores | 22/02/2012, 12:09 pm
  2. Ah!! voto de menos que non fagan o mesmo cos donos dos cans que manchan todo CAMBADOS. As veces parece que estás a facer un slalom de esquí, dereita ….esquerda……….. salta…………

    Publicado por Arturo C. Rodriguez | 22/02/2012, 6:06 pm
  3. 1. É unha tradición coma poden ser a das formigas ou os farrapos en Laza, da que todos estamos tan orgullosos.
    2.Malgasto de alimentos? Prohibamos os restaurantes, multemos á quen se lle estropee a comida no frigo ou a quen faga un banquete de bodas, pra non cair na hipocrisía.
    3. Perfecto que quen participa do festexo se encargue da limpeza, como se debería facer en calquera botellón ou no Albariño, esa festa á que ninguén lle importan as toneladas de merda en terra e mar porque deixa cartiños.

    Publicado por xokmarley | 24/02/2012, 3:48 am
  4. Estou en parte dacordo coas dúas formas de velo. É certo que en realidade é unha tradición…quen non tirou algún ovo de pequeno, nas batallas de choqueiros? Quizais bastaría con fixar unha data e lugar e tentar controlalo, e mesmo podería servir para concienciar aos que participen na necesidade de limpar. Agora ben, posiblemente non funcione porque realmente a tradición ten bastante de “gamberrada” se pode chamarse así, de romper as normas polo Entroido e facer algo que non está ben visto o resto do ano. Non é un tema tan doado non?
    Agora, entendo perfectamente que haxa moita xente á que lle moleste que manchen a rúa (a min tamén me molesta) e máis se a alguén lle dan, normalmente isto non pasaba polo menos no noso tempo…Aínda que francamente postos a ser molestados moléstanme máis os mexos do Albariño!

    Publicado por Óscar | 28/02/2012, 6:12 am

Trackbacks/Pingbacks

  1. Pingback: En Cambados “Arde Troya” y el “Monopoly Pocomony” « DOS VUELTAS DE TUERCA - 23/02/2012

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Febreiro 2012
L M Me X V S D
« Xan   Mar »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
272829  

Arquivo

RSS Dioivo

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.

%d bloggers like this: