//
estás a ler...
., Cambados

O BNG denuncia no Pleno que leva desde Outubro sen resposta a algunhas cuestións


O voceiro do Bloque Nacionalista Galego de Cambados, Víctor Caamaño, solicitou ao alcalde que se dea resposta a tres preguntas realizadas nos meses de Outubro, Novembro e Nadal do pasado ano. A primeira facía referencia ao asesor xurídico do Concello, a segunda á redución de axudas do Plan Concertado da Xunta de Galicia e a terceira referíase ás actuacións musicais e outros eventos da Festa do Albariño.

IBI, REFUXIO E RENDA DE EMANCIPACIÓN

Ademais mañá debatirase tamén unha moción presentada polo grupo nacionalista destinada a apoiar ao Refuxio de Animais para acceder á xestión das instalacións provinciais, e outra que ten como fin opoñerse á suba do IBI que vén de aprobar o goberno do Partido Popular e que en Cambados suporá un incremento para os impostos que pagan todas as vivendas.

O grupo do PSOE presentará unha moción a instacia das súas Xuventudes Socialistas para opoñerse á supresión da renda básica de emancipación, que aprobara o anterior Executivo do PSOE en Madrid a través do Decreto 1472/2007 e que entre outras cousas concedía 210 euros de axuda para o aluguer durante un máximo de catro anos.

About these ads

Conversa

2 thoughts on “O BNG denuncia no Pleno que leva desde Outubro sen resposta a algunhas cuestións

  1. As XSG-Cambados non nos opoñemos á suba da Renda Básica de Emancipación como aquí se di, senón que nos opoñemos a súa SUPRESIÓN por parte do goberno de Rajoy.

    Posted by Isma Agra | 23/02/2012, 5:20 pm
  2. Erro de conexión cerebro-mans, perdoade!

    Posted by Óscar | 23/02/2012, 5:26 pm

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Febreiro 2012
L M Me X V S D
« Xan   Mar »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
272829  

Arquivo

RSS Dioivo

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.

%d bloggers like this: