//
Que é?

Cambados.tk

Cambados.tk naceu como web participativa no ano 2005 na era pre-redes sociais como resposta á falla de contidos web sobre Cambados.

Desde os inicios puxo unha grande énfase na análise da situación política municipal cunha liña crítica de esquerdas.

En 2009 pasou a ser blog na plataforma Blogaliza, de xeito máis persoal e trascendendo en temas (aínda que en pouca medida) ao propio Cambados. En 2011 muda a WordPress coa vontade de recuperar o proxecto colectivo dos primeiros anos, aberto á opinión e como lugar de encontro para o debate.

Quen leva a páxina?

Chámome Óscar Pardo Planas e nacín en Cambados hai agora 23 anos. Na actualidade estou a rematar Enxeñaría Química pola USC coa realización do meu proxecto de final de carreira nos Estados Unidos. Desde pequeno me interesou a política, particularmente a municipal, e por iso a partires de 2005 canalicei esa inquedanza a través da rede, con Cambados.tk.

Son Ramón R. Nogueira, veciño do barrio de San Tomé e Cambadés de corazón, teño 19 anos e estudo segundo ano de Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela. No 2009 publiquei o meu primeiro libro de poesía “Berros dende o Alén” grazas a un blog que continúa activo, de nome FLORES VERSADAS.


Contacta connosco

Podes enviar un correo-e á seguinte dirección: cambadostk (arroba) gmail.com

Os comentarios están pechados.

 

Xuño 2012
L M Me X V S D
« Mai    
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.