//
arquivo

Albariño

Esta etiqueta está vinculada a 58 artigos

BNG e XSG tamén se opoñen á estatua de Fraga

Os primeiros en pronunciarse sobre a nova escultura que o Concello mercou para honrar ao fundador do seu partido foron as Xuventudes Socialistas de Cambados, que declararon que “non permitirán” que se erixa esta estatua, e lembraron o pasado franquista de Manuel Fraga.

Pola súa banda o Bloque xa rexistrou no Concello preguntas ao alcalde sobre o tema. Para Víctor Caamaño é unha “burla” que o goberno local pida austeridade e lle suba os impostos aos veciños de xeito abusivo para a continuación gastar miles de euros nunha escultura “para mellor gloria do PP”. Para o BNG é claro que a figura de Fraga cando menos non suscita consenso (lembran tamén o seu pasado como ministro de Franco) aínda que todos e cada un dos cambadeses -incluídos os que non queremos a estatua- teremos que pagar por ela. Seguir lendo »

O PP aproba en solitario os Orzamentos

Os presupostos ascenden este ano a 8.3 millóns de euros e segundo o alcalde as previsións están “axustados á realidade económica”, algo que non é certo para a oposición. Víctor Caamaño, polo BNG, lamentou a falla de previsión, transparencia e austeridade. Caamaño propuxo outro ano máis (outro ano máis sen éxito) que se adique un empregado municipal ás xestións que fai o ORAL, que cobra máis  cada exercicio (265.000 nesta ocasión). Denunciou que baixa o destinado a mantemento de centros escolares (24.000 euros) mentres se comproba cada ano que non é suficiente. Seguir lendo »

A comida do Albariño

Tiven ocasión de pasar o outro día pola exposición que se exhibe nestes días na recén renovada Cultural de Cambados. A exposición trata sobre Álvaro Cunqueiro, (aproveitando a conmemoración do seu aniversario) e a Festa do Albariño, á que acudiu en numerosas ocasións. Alí poden verse artigos de prensa escritos por Cunqueiro sobre a festa, documentos varios e sobre todo fotos antigas, que é o que a min máis me gusta. Aproveito para recomendar a súa visita que pode facerse ata fin de mes e de paso botarlle unha ollada a como quedou a nova cultural.

A parte das interesantes fotos que se mostran chamoume a atención un documento no que se relacionan os asistentes á comida do VI Certame do Albariño. Sorprendeume por dous motivos. Un porque pese a ser os tempos da Ditadura aparecía unha relación clara e aparentemente veraz dos asistentes, do seu número e de quen eran. E en segundo lugar porque nesa comida, como é lóxico, a algún asistente se lle convida pero outros teñen que pagar (e son máis os que pagan que os convidados). Quizais vós chegastes á mesma conclusión ca min, hoxe en día, en plena democracia, ninguha das dúas cousas é posible. Vai resultar que con Franco vivíamos mellor…

Remato dicindo que teño curiosidade por ver como organizan este ano a comida do Albariño, tendo en conta a austeridade demostrada dos políticos que nos gobernan e as dificultades económicas polas que pasamos.

Maribel Iglesias. Le todos os seus artigos premendo aquí.
Tamén podes seguila nun blog sobre Asorey ou no blog de xeografía crítica O Umia.

O BNG denuncia no Pleno que leva desde Outubro sen resposta a algunhas cuestións

O voceiro do Bloque Nacionalista Galego de Cambados, Víctor Caamaño, solicitou ao alcalde que se dea resposta a tres preguntas realizadas nos meses de Outubro, Novembro e Nadal do pasado ano. A primeira facía referencia ao asesor xurídico do Concello, a segunda á redución de axudas do Plan Concertado da Xunta de Galicia e a terceira referíase ás actuacións musicais e outros eventos da Festa do Albariño. Seguir lendo »

“A ti meu Cambados” publica información sobre as contas do Albariño

Resulta cando menos paradóxico que (aínda que como de costume) a comezos do mes de Nadal sigamos sen dispoñer de información desglosada e pública sobre as contas da festa do Albariño de 2011. E van catro meses. Até o de agora a maior parte de informacións chegan por medio da oposición ou neste caso, do blog A ti meu Cambados de Xaquín Charlín (tamén concelleiro) que a contagotas van filtrando a pouca información da que podemos dispoñer. Seguir lendo »

Luís Aragunde é nomeado Cabaleiro…do Viño Rioja

En realidade o “título” oficial é o de Cofrade De Mérito, do Capítulo do Vino de Rioja. A cerimonia, moi similar en termos e títulos á do Viño Albariño, tivo lugar hai dous días e nela foron nomeados 12 cofrades máis ademais do Alcalde de Cambados. Seguir lendo »

Cos resultados destas pasadas eleccións acadamos os obxectivos marcados

Os resultados destas pasadas Eleccións Xerais permitiron ao BNG acadar o principal obxectivo que se tiña marcado, e que era o de volver a ter representación no Congreso dos Deputados. Francisco Jorquera e Olaia Fernández Davila volverán a ser a voz de Galiza en Madrid, pero tamén seguirán sendo a voz das maiorías sociais galegas; as grandes perdedoras desta dura crise económica e que, de seguro, volverán a ser as prexudicadas polas políticas neoliberais que pronto aplicará o PP no Estado e que xa leva anos aplicando a Xunta de Galiza no noso país.

Aínda que acadar os dous escanos, no Parlamento do Estado, non era tarefa doada, desde o BNG tiñamos, ademais, a esperanza de aumentar o número de votos e as porcentaxes de apoio con respecto das Eleccións Xerais do ano 2008, pero o difícil contexto e situación que envolveu este proceso electoral non o fixo posible. Quero sinalar que a participación nestes comicios foi menor e que, ademais, foi unha campaña marcada claramente pola exclusiva presenza do bipartidismo nos medios de comunicación coa finalidade de afastar ás outras forzas políticas, como o BNG, que estivo a propoñer políticas alternativas aos recortes sociais, económicos e democráticos que están a aplicar o PP e o PSOE. Pero os grandes medios de comunicación non so se adicaron a proxectar na sociedade a campaña do PSOE e do PP como únicos candidatos, senón que, ademais, tentaron en todo momento ocultar as propostas do BNG para resolver os grandes problemas sociais e económicos. Aínda nestas difíciles circunstancias, o apoio e o traballo da militancia do BNG, moi consciente do que nos xogabamos nestes comicios, así como a implicación e a campaña feita polos nosos candidatos/as permitiunos obter uns resultados satisfactorios que asegurarán que Galiza siga tendo voz en Madrid nos próximos catro anos.

En canto aos resultados en Cambados, quero sinalar que foron mellores ca os do ano 2008. Aínda que, nesta ocasión, houbo menos votantes ca hai catro anos ( 700 votantes menos aproximadamente), os resultados do BNG foron mellores tanto en número de votos recibidos (1.309 fronte aos 1.297 no 2.008) coma en porcentaxe (14´99 % fronte ao 14´36% no 2.008) que é o máis alto dos concellos do Salnés. É de gran transcendencia e importancia que, nestas eleccións, o BNG conseguira parar a tendencia á baixa dos últimos anos e comezar a dar sinais de remontada nos resultados.

Tamén é certo que nos houbera gustado conseguir uns mellores resultados e ser capaces de concentrar no noso proxecto político a un maior número de electorado de esquerdas. Pero parte da cidadanía non apreciou no BNG a forza que leva anos propoñendo políticas alternativas de esquerda; facendo propostas que sempre se atoparon coa oposición frontal do PP e do PSOE. Agradecemos o apoio prestado por todos aqueles votantes que depositaron en nos a súa confianza e estamos seguros de que non os defraudaremos. Así que deberemos seguir traballando para dar á sociedade aquilo que nos demanda, é dicir, conseguir ser un instrumento político útil para o desenvolvemento social e económico de Galiza e das maiorías sociais.

Víctor Caamaño. Voceiro do BNG de Cambados. Podes ler o seu blog premendo aquí.

Os impostos da Mancomunidade

Desde a mancomunidade do Salnés, o PP,  lanza un aviso aos  cidadáns sobre a futura suba xeneralizada de impostos nos nosos concellos. O argumento é que o veciño/a, o que está a pagar, en concepto de recollida de lixo por exemplo, non é suficiente  para cubrir o custo da factura en Sogama. O que non ten en conta o PP é que os veciños e veciñas non pagan só o recibo do lixo senón que pagan moitos impostos directos e indirectos. Pagan tantos que incluso con eses cartos  están en funcionamento administracións tan fora de lugar, na actualidade, como as Deputacións.

O lóxico actualmente é que as deputacións,  que son  unha administración paralela  á Xunta de Galiza  e que, ademais,  están a ser o exemplo da utilización caciquil da administración , foran eliminadas. Pero o PP disto non quere saber nada; encóntrase moi cómodo pedindo sacrificios continuados aos cidadáns pero as deputacións nin tocalas porque  son imprescindibles para axudar aos concellos da súa cor política e para “enchufar”  a un amplo número de parentes e amigos.

Resulta lamentable a falta de propostas do PP que nos ameaza, desde todos os ámbitos da administración, con sangrarnos a base de suba de impostos e recorte de servizos. O seu plantexamento é o mesmo co do PSOE: que sigan pagando a crise os que non a provocaron.

Está claro que as mancomunidades deben desenvolver un papel clave na xestión de moitos servizos  comúns necesarios (auga, residuais, lixo…) para os concellos. Como o orzamento das mancomunidades dependen das mermadas arcas dos concellos que as forman, habería que buscar unha solución a este problema. E a solución non pode ser o seguir subindo os impostos aos cidadáns. O lóxico sería que parte do orzamento das Deputación estivera destinado ao funcionamento das mancomunidades o que redundaría no beneficio de todos e non só do PP.

O que non pode ser é que na situación actual de crise, con paro, con soldos precarios e con carencia de servizos, é que o PP queira solucionar as necesidades da administración a base, exclusivamente, subidas de impostos aos veciños e veciñas.  E que, ademais,  non estea disposto  a defender unha reforma da administración (eliminación das deputacións) que redunde no beneficio de todos e a todas e que permita destinar os impostos en servizos imprescindibles para a cidadanía en lugar de para o beneficio do PP.

Víctor Caamaño. Voceiro do BNG de Cambados. Podes ler o seu blog premendo aquí.

Xa podes descargar a lista de convidados ao Xantar do Albariño 2010

A continuación ponse a disposición de todos os interesados a lista de convidados ao Xantar do Albariño 2010 [PDF 99.9 KB] facilitada por grupo de goberno ao grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego.

A lista reprodúcese tal cal foi entregada a Víctor Caamaño por parte da Alcaldía, tan só se marcaron en azul os convidados que son ou foron cargos electos ou designados por parte do Partido Popular ou do PP nalgún goberno (arredor duns 110 dos 280 mencionados, un 40% da lista). E non se marcaron aquelas persoas que sen ter sido cargos do PP si están vencellados a este partido político, eses casos quedan a mercede da análise persoal de cada quen. Seguir lendo »

Víctor Caamaño (BNG): “Criticar o Xantar non é estar contra a Festa do Albariño”

O voceiro do BNG no Concello, Víctor Caamaño, respostou onte contundentemente ás declaracións do alcalde, nas que afirmaba que o Bloque estaba en contra da festa. Caamaño teno claro: “o BNG fai estas críticas porque quere que a festa sexa o mellor posible” e que “iso é compatible con gozar da festa e participar do seu ambiente. Faltaría máis”. O voceiro nacionalista di que Aragunde emprega a mesma táctica que Tourís tentando transladar á cidadanía que a crítica a un aspecto organizativo da festa significa estar en contra da Festa. Seguir lendo »

 

Xuño 2012
L M Me X V S D
« Mai    
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.