Algo esquizofrénicas son as delcaracións dos políticos do Partido Popular, que se ben onte por boca de Luís Aragunde aseguraban que Portos non ía renovar as barandillas do Paseo, hoxe o mesmo Diario de Arousa recolle as declaracións do presidente da entidade responsábel da zona costeira nas que di que si van perpetrar esas obras. Seguir lendo
O Diario de Arousa recolle hoxe as declaracións que o alcalde fixo no Pleno sobre o tema do mal estado das barandillas do Paseo Marítimo, en resposta a unha pregunta do PSOE. Dixo ter posto en coñecemento o tema (lembramos que xa houbo dúas persoas que caeron ao mar nos últimos tempos ao soltarse un dos ferros) ao presidente de Portos, quen asegurou que non se vai renovar a estrutura porque, segundo di o Diario, “se revisa e se repara periodicamente”. Seguir lendo
Os presupostos ascenden este ano a 8.3 millóns de euros e segundo o alcalde as previsións están “axustados á realidade económica”, algo que non é certo para a oposición. Víctor Caamaño, polo BNG, lamentou a falla de previsión, transparencia e austeridade. Caamaño propuxo outro ano máis (outro ano máis sen éxito) que se adique un empregado municipal ás xestións que fai o ORAL, que cobra máis cada exercicio (265.000 nesta ocasión). Denunciou que baixa o destinado a mantemento de centros escolares (24.000 euros) mentres se comproba cada ano que non é suficiente. Seguir lendo
O Concello de Cambados acumula xa máis e 1.700 persoas desempregadas. O paro aumenta outra vez en Marzo logo de que Febreiro dera un (falso) respiro. O Salnés é xa a quinta comarca na lista de líderes do paro, a pesar de que por poboación absoluta non lle correspondería unha posición tan elevada. Supera xa a comarcas como Ourense ou Pontevedra, con máis habitantes, empata tecnicamente con Santiago e só é superada polas de Vigo, Coruña ou Ferrol. Seguir lendo
O voceiro do Bloque presentou unha moción na que se interpela ao Alcalde acerca do cesamento da Secretaria do Concello de Cambados, Ángela María Viqueiro. Trascendeu hai ben poucos días o conflito (ou altercado) habido nas propias dependencias municipais entre esta Secretaria e unha funcionaria, que rematou incluso en demanda no Xulgado na que compareceu entre outros o Tenente de Alcalde. O BNG quere saber, antes a falla de información, cal é o verdadeiro motivo do cesamento de Viqueiro. Ademais, piden que para a próxima persoa que ocupe o seu cargo, se habilite na Calzada un despacho propio para a Secretaría, de xeito que as reunións deste cargo con veciños e representantes sexan confidenciais. Seguir lendo
Publica hoxe o blog sobre Asorey (pacoasorey.blogspot.com) que dirixe a profesora Maribel Iglesias, unha completa análise sobre unha proposta de Paseo das esculturas. Faise en base ás declaracións do alcalde de crear unha ruta escultórica para darlle entidade a todas as obras das que podemos disfrutar na vila de Cambados. Unha idea que é positiva pero que Maribel quixo pormenorizar para non deixar ningunha das importantes polo camiño. Proponse tamén de cara a este proxecto que se sinalicen correctamente as esculturas e mesmo se edite un folleto informativo. Seguir lendo
O alcalde de Cambados zanxou así o debate que se vén producindo hai días sobre a suba de prezos tamén nas garderías. As que dependen directamente da Xunta (por exemplo as antigas Galescolas, agora Galiñas Azuis) si verán aumentadas as súas tarifas este ano, en concreto no mes de Setembro. Respecto ás municipais, son os gobernos locais quen deciden sobre o asunto. Seguir lendo
Cada ano por Nadal, como si do anuncio do “almendro” se tratara, aparécenos na prensa o Xerente de Esperanza Salnés Augusto Chaves, para dicirnos que as subvencións esgótanse e se non chegan fondos por algunha vía a asociación terá que pechar as súas portas no prazo de dous meses. Augusto Chaves, que, como noutras ocasións, viuse obrigado a recorrer aos medios de comunicación para dar un «toque de atención» á Administración. Non ha tardar moito en aparecer o Rei Midas “Louzán” en escena e o seu lacallo Luís Aragunde amigo de Augusto, para facer entrega dentro dunhas datas a Esperanza Salnés dun cheque por non sei cantos cartos, aparecendo Louzán novamente como “salvador” de Esperanza.
É unha película que lamentablemente se repite cada ano. A min gustariame ver a Augusto Chaves, do cal eu non poño en dúbida para nada a súa valía nin tampouco o seu traballo e non son quen, poñer os políticos no seu sitio so me lembro que nunha ocasión Augusto criticou os políticos concretamente a Xunta de Galicia cando lle deron no 2007 catro mil euros, da parte de vicepresidencia naquela nas mans do BNG, a mesma cantidade que lle dou este ano a xunta do PP, pero claro era o bipartito e entón non lle doeron prendas en criticalos, e agora que o PP vólveo a ter abandonado porque non critica Augusto tamén a situación.
Porque Augusto non critica que se lle concedan un millón de euros a unha entidade privada como a Sociedade Cultural que atende 399 socios e maioría deles xubilados e en troques ten abandonada a Esperanza Salnés, e sempre a espera de recibir unha misera subvención ou apartacións de particulares como o famoso calendario. Augusto non pode facer iso porque definiuse politicamente o apoiar sen ningún xénero de dúbidas a candidatura de Luís Aragunde o saír no seu vídeo promocional nas pasadas eleccións locais. Augusto non pode criticar a quen admira ainda que este o faga mal é o prezo de apoiar publicamente unha candidatura cando eres o Xerente dunha entidade que en principio debe ser apolítica. Eu coido que as administracións debían de coller dunha vez o toro polos cornos e deixar estabilizada dunha vez por sempre a situación de Esperanza Salnés de deixarse de sacar cada ano unha foto como salvadores de asociación.
Podes ler todos os artigos sobre Esperanza Salnés publicados en CTK nos últimos anos premendo aquí.
Tamén podes seguilo no seu blog, A ti meu Cambados
En realidade o “título” oficial é o de Cofrade De Mérito, do Capítulo do Vino de Rioja. A cerimonia, moi similar en termos e títulos á do Viño Albariño, tivo lugar hai dous días e nela foron nomeados 12 cofrades máis ademais do Alcalde de Cambados. Seguir lendo
Unha denuncia deste fin de semana do BNG volve a poñer de manifesto que o PP realiza actos ilegais en campaña, tal e como ditaminou a Xunta Electoral de Zona (XEZ) de Cambados. Hai días acontecía o mesmo coa visita de Tourís á Cultural, e agora trátase da visita do delegado da Xunta e ex alcalde a obras de Beleco e Fefiñáns acompañado do actual rexedor, Luís Aragunde. Segundo a XEZ ambos incurren en actividades prohibidas pola normativa electoral, xa que se trata de visitas a obras financiadas con cartos públicos en campaña electoral. Seguir lendo
Comentarios recentes