//
arquivo

BNG

Esta etiqueta está vinculada a 236 artigos

BNG e XSG tamén se opoñen á estatua de Fraga

Os primeiros en pronunciarse sobre a nova escultura que o Concello mercou para honrar ao fundador do seu partido foron as Xuventudes Socialistas de Cambados, que declararon que “non permitirán” que se erixa esta estatua, e lembraron o pasado franquista de Manuel Fraga.

Pola súa banda o Bloque xa rexistrou no Concello preguntas ao alcalde sobre o tema. Para Víctor Caamaño é unha “burla” que o goberno local pida austeridade e lle suba os impostos aos veciños de xeito abusivo para a continuación gastar miles de euros nunha escultura “para mellor gloria do PP”. Para o BNG é claro que a figura de Fraga cando menos non suscita consenso (lembran tamén o seu pasado como ministro de Franco) aínda que todos e cada un dos cambadeses -incluídos os que non queremos a estatua- teremos que pagar por ela. Seguir lendo »

“Cacicada” do PP

Hai uns días que en Cambados a xente está indignada; está indignada coa proposta do PP de malgastar os cartos públicos nunha escultura de Manuel Fraga; e a verdade é que teñen argumentos e razóns para estalo. Este caso é todo un exemplo de como o goberno municipal do PP está a xestionar este concello e a malgastar os nosos recursos.

O PP toma esta decisión, non só, sen consultalo con ningún outro grupo político (como fai sempre), senón que ademais tenta ocultalo o maior tempo posible. De feito, esta é unha das razóns polas que envían as actas da Xunta de  Goberno con máis de 3 meses de retraso, en lugar dos 10 días que marca a lei. Así o BNG, que forma parte da corporación municipal, ten que coñecer polos medios de comunicación barbaridades como o encargo  desta escultura.

Co agravante de que o PP toma a decisión de encargar a escultura sen ter cartos para elo e, despois de facelo, afirma que tentará conseguilos a posteriori; o cal indica a “excelente planificación” coa que traballa o goberno municipal do PP de Cambados.

Por se isto non fose suficiente, o alcalde manifesta que agarda conseguir os cartos para a estatua de “Don Manuel”, a partir de axudas doutras Administracións. Esta é outra das teimas do PP: ten que enterarse, dunha vez,  Luís Aragunde que os cartos das Administracións son públicos. Son cartos que proceden dos nosos impostos e que merecen ser gastados con sentido común e eficacia para o benestar de todos e todas. Porque os cartos públicos, tamén os da Deputación; eses que Louzán gasta tan alegremente, realmente non son del, senón nosos. E cando son “malxestionados”, como adoita a facelo o PP, está demostrar que non lle doe malgastar os cartos das Administracións, como se estas non tiveran onde investilos. Porque con estas actitudes, semella que sobran cartos para sanidade, educación, servizos sociais, cultura…, ou en saneamento (no caso de Cambados) e como sobran tantos, pois se lle poden facer cos sobrantes unha escultura para maior gloria do exministro de Franco.

Esta decisión do PP  non hai por onde collela, porque nin é momento para tirar os cartos en esculturas como esta, nin se trata dun personaxe que concite o mínimo consenso entre as diferentes sensibilidades políticas e sociais. Isto é simplemente unha “cacicada” do PP de Cambados que con este tipo de decisións está  a situarse, cada día, máis á dereita.

Víctor Caamaño. Voceiro do BNG de Cambados. Podes ler o seu blog premendo aquí.

Un estudo corrobora as críticas do BNG á xestión do Polígono Industrial

Un estudo do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral vén de darlle a razón á equipa de Víctor Caamaño no referente ás súas críticas sobre o Polígono Industrial. O estudo cualifica a situación de Sete Pías como de “mala” por carecer das infraestruturas e servizos mínimos. Destaca a falla de servizo de mantemento, cortes de luz que o Concello non dá solucionado, falta de plans de seguridade, falta de beirarrúas… Seguir lendo »

O Bloque destapa unha presunta irregularidade urbanística n’A Modia con implicación dun concelleiro

O voceiro do Bloque Nacionalista Galego de Cambados, Víctor Caamaño, compareceu ante os medios n’A Modia para dar conta dunha presunta irregularidade urbanística na que estaría implicado un  concelleiro do PP e a esposa do ex alcalde e actual delegado da Xunta Cores Tourís. Seguir lendo »

O PP aproba en solitario os Orzamentos

Os presupostos ascenden este ano a 8.3 millóns de euros e segundo o alcalde as previsións están “axustados á realidade económica”, algo que non é certo para a oposición. Víctor Caamaño, polo BNG, lamentou a falla de previsión, transparencia e austeridade. Caamaño propuxo outro ano máis (outro ano máis sen éxito) que se adique un empregado municipal ás xestións que fai o ORAL, que cobra máis  cada exercicio (265.000 nesta ocasión). Denunciou que baixa o destinado a mantemento de centros escolares (24.000 euros) mentres se comproba cada ano que non é suficiente. Seguir lendo »

Orzamentos 2012, consúmase a suba de impostos en Cambados

No pleno deste xoves serán tratados unha boa cantidade de puntos da orde do día. O máis relevante sexa, quizais, o debate e aprobación ou non dos Orzamentos para este ano. Orzamentos sobre os que xa se informara en CTK hai meses e que popoñen unha suba xeralizada de impostos, moitas das veces por riba do IPC (o que se considera. a “suba do prezo da vida”). Non hai que viaxar atrás moito no tempo para lembrar como en cuestión de tres meses o alcalde, Luís Aragunde, pasou de amosar a súa oposición á suba do IBI e en xeral das taxas municipais, a anunciar que o seu propio Goberno as incrementaría. Con toda probabilidade, os votos do PP (que xa aprobaran en Outubro a suba das taxas) consolidarán esa suba coa súa inclusión nos presupostos. Seguir lendo »

Os veciños de Vilariño asócianse contra a estación eléctrica

Un proxecto de estación eléctrica no lugar de Batuqueiro está a provocar un pequeno levantamento entre a veciñanza, que mesmo artellou xa unha asociación para organizarse fronte a esta proposta de Red Eléctrica. Sobre todo, denuncian falta de información sobre o tema, e aseguran que a estación tería unha potencia de 220.000 voltios e estaría ubicada a 200 metros das vivendas de 15 familias. Ademais, as liñas pasarían por riba das fincas. Eles entenden que unha infraestrutura como esta debería instalarse nun polígono industrial, e nunca no medio das casas. Seguir lendo »

O BNG denuncia que o CIM segue pechado 6 meses ao ano

O BNG de Cambados, por medio do seu portavoz Víctor Caamaño, denuncia outra vez que o Centro de Información á Muller segue funcionando igual que nas dúas últimas lexislaturas: non abre até que a Xunta non envía a subvención, o cal adoita acontecer cunha demora de meses. Seguir lendo »

O BNG pide explicacións polo cesamento da Secretaria do Concello

 O voceiro do Bloque presentou unha moción na que se interpela ao Alcalde acerca do cesamento da Secretaria do Concello de Cambados, Ángela María Viqueiro. Trascendeu hai ben poucos días o conflito (ou altercado) habido nas propias dependencias municipais entre esta Secretaria e unha funcionaria, que rematou incluso en demanda no Xulgado na que compareceu entre outros o Tenente de Alcalde. O BNG quere saber, antes a falla de información, cal é o verdadeiro motivo do cesamento de Viqueiro. Ademais, piden que para a próxima persoa que ocupe o seu cargo, se habilite na Calzada un despacho propio para a Secretaría, de xeito que as reunións deste cargo con veciños e representantes sexan confidenciais. Seguir lendo »

O BNG falará sobre a Reforma Laboral o venres na de Peña

O Bloque Nacionalista Galego organizou un acto público para este venres en Cambados, co tema central da Reforma Laboral. Será ás 20.30 horas do venres no Salón de Peña e falarán Víctor Caamaño (portavoz local), Montse Prado (Secretaria de Organización) e Francisco Jorquera (candidato á Xunta de Galiza). O BNG tense amosado moi crítico con esta Reforma, que recorta dereitos dos traballadores, apoiando a convocatoria da Folga Xeral desde que o sindicato CIG (que se adiantou aos estatais) anunciou que se levaría a cabo o 29 de Marzo.

 

Xuño 2012
L M Me X V S D
« Mai    
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.