//
arquivo

cambados.tk

Esta etiqueta está vinculada a 67 artigos

Entrevista a Cambados(tk) en Cambadosweb

A raíz da toma de contacto que supuxo a creación da asociación de blogueiros, dúas colaboradoras (Merchy e Rocío) do medio amigo Cambadosweb decidiron facer un repaso polos diferentes espazos cambadeses na internet a través dunha entrevista. Pensaron dez preguntas tipo e repartíronas entre nós para a súa resposta. Hoxe tocoulle o turno á publicación da referente a CTK. Podes lela premendo aquí.

A Praza quedou pequena ante tanta xente

Hoxe é o gran día para un medio, Praza Pública, que ve a luz. As presentacións previas sucedéronse por todo país e xa se sabía que a acollida sería cando menos boa. Pero a realidade afortunadamente superou as previsións, e os dominios de Praza (prazapublica.com e praza.com) non puideron con tanta visita. A praza quedou pequena ante tanta xente, e durante uns intres houbo que desaloxar. Iso si, os “albaneis” xa traballan por ampliar os accesos e pronto estará aberta para todos de novo. Seguir lendo »

Como colaborar en Cambados(tk)

Como podes participar?

-OPINIÓN. É onde máis falta fai xente á que lle apeteza escribir de cando en vez. Pode ser cunha periodicidade estábel ou puntualmente. Podes escoller o tema que máis che apeteza en cada ocasión  e por suposto, defender o teu punto de vista sempre que sexa dende o respecto e os argumentos. Non tes, para nada, que seguir ningunha liña previamente marcada por ninguén, a opinión é túa. Ademais, nin sequera tes que falar necesariamente de Cambados, o artigo pode abranguer moito máis (de feito até tivemos crónica dunha viaxe ou crítica literaria, por poñer exemplos de diversidade!). O envío de artigos faríase a través de correo electrónico.

-REDACCIÓN. Aparte da opinión, o motor de Cambados(tk) desde o comezo, tamén publicamos desde cero até dous artigos ao día con novas que consideramos de interese para Cambados. Detrás hai un traballo de lectura, elección e redacción da nova considerable. Se che apetece colaborar neste sentido tamén te acolleremos gustosamente. Necesitaríamos ou ben reunirnos contigo brevemente para explicarche como funciona CTK por dentro ou ben, en caso de imposibilidade, enviarche unhas instrucións para que te manexes ben. De todos os xeitos é moi doado, xa que é un blog de WordPress, calquera pode empregalo sen dificuldades.
Tamén hai outras opcións intermedias, como que che guste realizar algo moi puntual, por exemplo entrevistas, e as realices e nolas envíes para publicar.

-E por suposto, ESPALLANDO A MENSAXE. Cambados(tk) está presente en Facebook e Twitter, e as nosas visitas dependen en grande medida da vosa axuda para colocar enlaces dos artigos que máis vos interesan nestas plataformas sociais.

E nós que ofrecemos?

Cartos non, desde logo. CTK é sen ánimo de lucro desde a súa creación en 2005. O que si podemos é ofrecerche unha boa difusión para os teus artigos, entrevistas ou novas; xa que ao ser a primeira páxina non oficial de Cambados contamos cun volume de lectores que, aínda que variábel segundo a tempada, sempre nos aporta unha boa audiencia.

Agardamos o teu email! Podes contactar en cambadostk (arroba) gmail.com e serás moi benvido. Esperámoste.

A sección “Opinan” medra

Cando a partires de agora visites CTK lembra que non só deberías fixarte nesta columna. Cando un colaborador envía un artigo para a nova sección “Opinan” aparecerá só á dereita, e premendo na cara do autor accederás ao seu último texto. Tamén podes repasar toda a opinión premendo naquela opción. Seguir lendo »

Ramón Nogueira súmase á administración de CTK

Nesta nova etapa que comezou hai ben pouco non todo é lavado de cara. Imos máis alá. Por un lado, grazas á sección “Opinan“, que podes ver na portada á dereita, preténdese que diferentes persoas desde Cambados amosen o seu pensamento sobre calquera tema de actualidade desde un punto de vista persoal. Francisco Trigo foi o primeiro en aportar un artigo pero agardamos moitos máis, tanto de el como de outra diversa xente coa que nalgún caso xa contactamos e noutros o faremos proximamente. Seguir lendo »

Benvid@ á nova CTK

Esta é a nova apariencia de Cambados(tk), debe de ser polo menos a quinta diferente desde que hai 2005 xurdía na rede. Aloxada en WordPress, a dirección real pasa a ser cambadostk.wordpress.com (podedes seguir accedendo a través de CAMBADOS.TK). Seguir lendo »

Nova sección: Opinan

Unha novidade desta nova versión de Cambados(tk) con respecto a anteriores é a introdución decidida de opinións alleas, que non han de gardar máis que unha liña de pensamento persoal. Cada colaborador terá liberdade absoluta para elixir tema (non só Cambados, poderase escribir de calquera asunto), extensión, imaxes…

As opinións verquidas por cada un non son asumidas polos demais nin pola propia Cambados(tk).

Proximamente iranse dando a coñecer as caras dos novos colaboradores de CTK. Hai varios xa confirmados, estamos á espera de recibir os seus textos.

Se tes algunha suxerencia a este respecto non dubides en escribir a cambadostk (arroba) gmail.com

"Internet nas eleccións locais", entrevista de Emmanuel Joven

O blogueiro cambadés Emmanuel Joven propuxo facerme unha entrevista sobre a influencia de internet nunhas municipais. Como non podía ser doutro xeito a miña resposta foi afirmativa e o pasado fin de semana quedamos para charlar. Emmanuel é un cambadés de 16 anos que ten certas inquedanzas que plasma no seu blog, do que xa falaramos aquí antes.

Agora vén de abrir esta sección sobre política local, de feito onte publicou unha entrevista con Jorge Horro, candidato do PP de Cambados, que tamén recomendo ler a pesares de discrepar na visión que este dá sobre a situación política do noso Concello.

Sobre a entrevista de internet, dicir que unha cousa que me quedou no tinteiro foi a comparación entre os partidos (de feito noméase ao comezo pero remato sen facela) e en resumidas contas creo que o Bloque levou a dianteira, porque non só apostou por internet nesta precampaña (que tamén creo que a liderou por medio do Facebook, do blog e dos vídeos en Youtube), senón porque non agardou a ela para canalizar as súas propostas e mocións ao longo da lexislatura por medio primeiro do Fotolog e máis tarde do Facebook. O PSOE fixo unha boa campaña centrada no Facebook, aínda que máis tardía, máis cercana aos comicios; e o PP apenas empregou os medios electrónicos para espallar a súa mensaxe.

LEMBRA QUE PODES PARTICIPAR NA ENQUISA ELECTORAL PREMENDO AQUÍ

CTK acada un récord de visitas desde que é blog

Onte día 3 de Maio accederon á páxina web entre 300 e 350 ordenadores diferentes. En total, cargáronse até 900 páxinas ao longo do día. O libro de visitas levouse arredor de 100 desas entradas. Unhas cifras das que unha páxina web centrada en política local pode estar moi orgullosa.

O tema do espectáculo montado polo Partido Popular de Cambados no debate puido ser a causa deste pico de audencia en Cambados(tk), que se mantén estes días moi alta debido á precampaña electoral das municipais.

A tod@s os que entrades, ledes, comentades…moitas grazas! E durante os vindeiros días continuará a información especial relativa aos comicios de Maio.

Que lle preguntarías aos candidatos á alcaldía?

Como xa se anunciara hai semanas, Cambados(tk) vai repetir a entrevista múltiple que realizara en 2007 aos candidatos á alcaldía. Daquela tiña como obxectivo encher as páxinas do segundo número do CTK en papel, Mocidade en Marcha, e contara coa resposta de Álvaro Rodríguez, Domingo Tabuyo e Víctor Caamaño. Jose Manuel Cores Tourís (PP) declinara (máis ben fixera oídos xordos) a proposta.

Agora a idea é semellante: realizar unhas poucas cuestións aos 3 candidatos (só faltaría por confirmar Aragunde) para que resposten brevemente. Para evitar sospeitas de favoritismos as preguntas serán idénticas para todos e a diferenza de 2007 serán publicadas desta volta en formato electrónico: aquí mesmo. Nun principio pensouse na propia campaña electoral para a súa publicación pero dada a efervescencia mediática neses días tentarase adiantar unhas xornadas esa entrevista.

E ti tamén podes propoñer preguntas; de entre todas as propostas dos lectores seleccionarase algunha, que integrará o cuestionario que recibirán os candidatos. Lembra que ten que ser unha pregunta igual para reponder os tres candidatos, non pode ir dirixida a un en particular.

Podes deixar a túa pregunta nun correo electrónico, no Facebook, no Twitter, no libro de visitas ou comentando nesta mesma anotación. Desde logo, non será por vías de comunicación!

 

Xuño 2012
L M Me X V S D
« Mai    
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.