//
arquivo

cultura

Esta etiqueta está vinculada a 200 artigos

Concerto acústico no Continental o venres

Emmanuel Joven e Andrea Rey preséntanse por primeira vez cun concerto en solitario tras varias intervencions noutros festivais ou actos. Farano no Café Continental este venres 8 arredor das once da noite. Eles mesmos aseguran que durante o concerto desta semana tocarán cancións de estilos variados e sobre todo van coa intención de pasalo (e facer) pasalo ben. Seguir lendo »

Click Cambados estréase cunha exposición que se inaugurará o oito de Xuño

A asociación de fotografía Click Cambados vai darse a coñecer máis alá de internet a través dunha exposición fotográfica que se inaugurará o día 8 de Xuño. Terá lugar na Praza das Rodas en Fefiñáns, e as imaxes colocaranse nas fachadas dos bares Lume de Leña, Vago Viños, A Fonte do Viño e a Casa da Leña. O acto inaugural desta exposición arrancará ás 20.30 horas e haberá concerto de “Gerundio Canto”, grupo composto por Tino González,Félix Solla, e Jose Mª Trigo, que tamén se dan a coñecer a través grazas a esta inauguración. Seguir lendo »

Concerto do Día das Letras e Manifestación

Este xoves 17 de Maio é o Día das Letras Galegas e como de costume a Banda de Castrelo celebra un concerto. Grazas ao mestre da gaita, Xaquín Xesteira, enterámonos de que a Banda dirixida por José Bugallo Senra poñerá especial énfase na “música que emana do pobo”, a música galega. Un dos momentos especiais do concerto será a presentación da nova sección da Banda de música de Castrelo, a sección de gaitas. O acto comezará ás 12.30 no Auditorio da Xuventude. Seguir lendo »

Recital homenaxe a Valentín Paz-Andrade a cargo da nova asociación Asoblog

A nova asociación de blogueiros do Salnés, nada en Cambados e con nome Asoblog, vai levar a cabo a súa primeira actividade. Será en conmemoración das Letras Galegas e consistirá nunha homenaxe a Valentín Paz-Andrade (o escritor ao que se lle dedica este ano o Día) en forma de recital. Seguir lendo »

As Xuventudes Socialistas tamén conmemoran as Letras

Cun concerto, así é como conmemorarán as Letras Galegas as Xuventudes Socialistas. O acto terá lugar na discoteca Zao a partires das once e media da noite do día 16 e nel participarán diferentes grupos da zona, tanto do Concello como da comarca. Queren concienciar á mocidade de que o idioma está vivo e é útil. A entrada será de balde. Seguir lendo »

Maribel Iglesias recibe o Premio Cabanillas o mércores 16 de Maio

A profesora Maribel Iglesias recibirá o Premio Ramón Cabanillas este mércores 16 de Maio no Auditorio da Xuventude. No acto que convocan as librarías Contos e Cabanillas na súa novena edición, falará Adela Leiro e actuarán Isa e Nacho de Xironsa, Carmen Olveira, e Xaquín Anxo e Roi Xesteira.

O acto dará comezo ás 9 da tarde. Maribel, ademais do seu labor docente, ten traballado arredor da figura de Ramón Cabanillas e Francisco Asorey. É activa na rede, mantén os blogs Paco Asorey e O Umia. Ademais, Cambados(tk) conta desde hai meses cos seus artigos de opinión nos que amosa a súa parte máis crítica. Parabéns a Maribel por este recoñecemento e que sigamos sendo testemuñas do seu traballo!

David Falcón de volta no Rif-Rock

O músico cambadés David Falcón actúa na nosa vila este vindeiro sábado día 5 de Maio. Faino no Rif-Rock (Infantas 13), onde xa comparecera polo Nadal con moito éxito. Nesta nova ocasión terá a oportunidade de dar a coñecer temas de recente creación que de seguro voltarán a triunfar no Rif. E se estás por Compostela o vindeiro mércores 9 podes velo no Soul&Sombra. Se queres saber máis sobre David podes visitar a súa web. Seguir lendo »

¨The Cra$h Converters” no Rif-Rock este xoves

O pub Rif-Rock (Infantas 13) preséntanos un novo directo no seu ciclo Jazzerz Live Series. The Cra$h Converters é un trío formado por “tres clásicos” dos directos deste local: Isidro, Sito e Piti, ao que se lle suma nesta ocasión o tamén clásico (pero da clientela) e excelente pianista Miguel Costas.

Eles van facer un repaso polos must dos temas blues e tamén dalgunha peza máis recente.

O concerto será este xoves 5 de Abril a partires das 23.30.

Interesante páxina sobre Santa Mariña

Santamarinadozo.tk, ese é o nome dunha páxina que descubrimos grazas á profesora Maribel Iglesias.  A páxina está asinada por Julio I. González Montañés (docente no centro de Ensino para Adultos Río Lérez), e fai un repaso completo sobre as diferentes características das ruínas de Santa Mariña a través de diferentes apartados, como poden ser escultura, pintura, arquitectura, historia, fotos antigas…Podes acceder á web premendo aquí (a imaxe foi tirada da mesma).

Volve Caracol, con “Un día de espías”

As entradas da nova obra da Compañía Caracol xa están á venda. Pódense adquirir en Sansatur e en Chinelas e estas sesións para o público xeral (lembrar que as obras de Caracol teñen como principais destinatarios os nenos e nenas dos centros de ensino) serán o Domingo 22 de Abril ás 6  e ás 8 da tarde no Salón de Actos do IES Francisco Asorey. Seguir lendo »

 

Xuño 2012
L M Me X V S D
« Mai    
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.