Na tarde de hoxe a marea amarela inundou o pavillón do Pombal para animar e darlle forzas aos xogadores do Xuven de Cambados. Non era para menos, xa que tanto o esforzo da afición do Xuven coma o do propio equipo se veu recompensado, coa máis que merecida vitoria. Seguir lendo
O voceiro do Bloque Nacionalista Galego, Víctor Caamaño, referiuse onte ao recurtes contemplados para Cambados pola Xunta. En primeiro lugar fixo mención á suspensión da renovación da cuberta da piscina, aínda que a lamenta por ser unha obra anunciada en moitas ocasións considera esta suspensión “razoable” polo momento de crise económica, aínda que non “os recortes que o PP está a facer no ensino, na sanidade ou nos servizos sociais”. En concreto referiuse ao Centro de Día, que se paraliza, mentres o Concello e a Xunta siguen adiante coas comportas do Saco e a praia artificial. “Esperpéntico”, sinala o nacionalista. (máis info. no interior) Seguir lendo
O Clube de Tenis de Cambados organizou para o vindeiro sábado día 8 de Outubro o cuarto Torneo 24 Horas de Tenis.
O límite para inscribirse é o 5 de Outubro, tres días antes da celebración, e pode facerse no teléfono 610 85 01 87 (chamar pola tarde). O Torneo xógase desde as 12.00 do sábado 8 até as 12.00 da seguinte xornada (de aí o nome). Patrocina Concello de Cambados, colaboran La Caixa, Cristalería Cambados, Imagina Regalos e DeportesCarlosMiguel.com
É un tema que leva anos nos xornais. En 2008 a concesionaria da piscina municipal renunciaba ás instalacións polas altas facturas relacionadas con mantemento debido ás grandes perdas de calor. A culpa era da cuberta móbil, que no seu momento o Concello defendeu para compatibilizar piscina climatizada con piscina de verán.
Unha semana despois dese toque de atención a Corporación acordou acometer obras de mellora, non sen que o voceiro do BNG lembrara que esta formación sempre se amosara a favor dunha cuberta fixa e non pola que finalmente se optou e demostrou non ser válida. Pero non foi até 2010 cando a Consellaría de Deportes anunciou que as obras sairían a licitación. Seguir lendo
O Club de Tenis de Cambados celebrou durante os pasados 26 e 27 de Agosto o Torneo do Albariño de Tenis nas categorías de sub-16 e veteranos (+35). Isaac Chaves e Juan Falcón fixéronse cos primeiros postos da primeira categoría citada e Cesáreo Valeira e Eduardo Charlín cos da segunda. Seguir lendo
O Club de Tenis de Cambados presenta a decimoterceira edición do Torneo do Albariño. Este divídese en catro categorías, as cales se desdobran todas en feminino e masculino. Seguir lendo
Desde o XAV Cambados comunícannos a vitoria das cadetes B na liga zonal.
Na galega, o equipo de Alevín Mixto fíxose con catro partidos dos sete que xogaron na primeira xornada. Na foto pódese ver o xoven equipo que forman Antía Martínez, Pili Betanzos, Alba Parada, Andrea Gondar, Cloe e Aloia Ínsua, xunto coas compañeiras benxamíns ao finalizar os encontros.
As benxamíns tamén comezaron ben (Duna Oubiña, Antía, Clara, Carmen, Ana, Sofía Duymovich e Ángela) e gañaron seis dos sete partidos.
O Club Xuventude Cambados de fútbol chegou a un acordo recentemente co Vilalonga para que o xogador Jacinto poida xogar na nosa vila. Jacinto vén da canteira do CX Cambados e xogou no primeiro equipo até a tempada 2004/2005 e logo pasou a militar noutros equipos. Ten trinta anos e é medio centro e o club pretende con esta fichaxe reforzar o xogo do Cambados. Máis info. na web do club.
Por outra banda desde o XAV Cambados de Voleibol envían nota de prensa na que hai que destacar o feito de que o XAV Cambados B, que van en cabeza da clasificación na Liga Zonal Cadete, poderían facerse coa liga en caso de que gañen o próximo encontro fronte ao Teis C. As senior pola súa parte venceron na última xornada disputada e líbranse dos postos de descenso da táboa. Máis info. no blog oficial do XAV Cambados.
Desde que na web de Unha Grande Chea publicaron un artigo sobre como o Club Xuventude Cambados de fútbol (oficialmente Club Juventud Cambados) emprega a diario o galego para todas as comunicacións, a polémica saltou á rede, chegando tamén ao libro de visitas de Cambados(tk).
Hainos que cren que o equipo de fútbol non é o mellor exemplo posto que aínda non galeguizou o seu nome e sinalan ao de baloncesto por si telo feito. Porén, un usuario lembra tamén que o club de baloncesto a pesar do nome galego”ten todos os seus contidos tanto de facebook, como da súa páxina web en castelán“. E o propio Club Xuventude de fútbol recalca no libro de visitas que “non galeguizamos o nome por problemas buracraticos con facenda e coa Federación” pero que “todo que facemos é en galego incluida a nosa propia páxina web“.
É unha pena que aínda existan atrancos para que unha entidade poida galeguizar o seu nome oficial. Pero como ben se dixo, o certo é que o Cambados cumple a día de hoxe coa nosa lingua empregándoa de xeito normal a todos os niveis. Ogallá os de baloncesto se sumen pronto tamén a esta boa práctica.
MANIFESTACIÓN VIRTUAL POLA LINGUA
Desde hai semanas circula nas redes sociais a convocatoria dunha mobilización en internet pola lingua galega. Consiste en colocar na foto de perfil do usuario a imaxe que se amosa arriba. Será o día 30 (domingo).
Este pasado domingo celebrouse en Burgáns unha asemblea extraordinaria do Club Xuventude Cambados tralo encontro que se celebrou nese lugar contra A Peroxa. Richar Charlín, presidente do Cambados, confirmou que a directiva actual ten pensado non recuncar nos seus postos e deixar paso a outra equipa cando remate a tempada, e polo tanto os seus catro anos na directiva.
O CLUB CUMPLIRÁ O ORZAMENTO PERO PRECÍSANSE CARTOS PARA NOVAS FICHAXES
Do mesmo xeito, o presidente informou aos asistentes (arredor de medio cento, segundo a fonte oficial) de que a pesares de que o club si está en condicións de cumplir co orzamento presentado ao inciar a tempada non poderá realizar fichaxes por falta de cartos para ampliar este presuposto. Os asistentes á asemblea decidiron que cada socio poderá, voluntariamente, doar a cantidade que consideren oportuna coa fin de que o Club poida facer algunha fichaxe que permita avanzar desde os 18 puntos dos que dispón agora mesmo até “os 45 ou 50″ necesarios para asegurar a permanencia en Preferente.
Se eres socio do CX Cambados e queres participar das doazóns ou informarte pincha neste enlace para acceder á web oficial do Club.
Comentarios recentes