Os presupostos ascenden este ano a 8.3 millóns de euros e segundo o alcalde as previsións están “axustados á realidade económica”, algo que non é certo para a oposición. Víctor Caamaño, polo BNG, lamentou a falla de previsión, transparencia e austeridade. Caamaño propuxo outro ano máis (outro ano máis sen éxito) que se adique un empregado municipal ás xestións que fai o ORAL, que cobra máis cada exercicio (265.000 nesta ocasión). Denunciou que baixa o destinado a mantemento de centros escolares (24.000 euros) mentres se comproba cada ano que non é suficiente. Seguir lendo
No pleno deste xoves serán tratados unha boa cantidade de puntos da orde do día. O máis relevante sexa, quizais, o debate e aprobación ou non dos Orzamentos para este ano. Orzamentos sobre os que xa se informara en CTK hai meses e que popoñen unha suba xeralizada de impostos, moitas das veces por riba do IPC (o que se considera. a “suba do prezo da vida”). Non hai que viaxar atrás moito no tempo para lembrar como en cuestión de tres meses o alcalde, Luís Aragunde, pasou de amosar a súa oposición á suba do IBI e en xeral das taxas municipais, a anunciar que o seu propio Goberno as incrementaría. Con toda probabilidade, os votos do PP (que xa aprobaran en Outubro a suba das taxas) consolidarán esa suba coa súa inclusión nos presupostos. Seguir lendo
O Concello de Cambados acumula xa máis e 1.700 persoas desempregadas. O paro aumenta outra vez en Marzo logo de que Febreiro dera un (falso) respiro. O Salnés é xa a quinta comarca na lista de líderes do paro, a pesar de que por poboación absoluta non lle correspondería unha posición tan elevada. Supera xa a comarcas como Ourense ou Pontevedra, con máis habitantes, empata tecnicamente con Santiago e só é superada polas de Vigo, Coruña ou Ferrol. Seguir lendo
O “Padrenuestro” que eu aprendín de nena era en castelán e dicía así: “perdónanos nuestras deudas así como nosotros perdonamos a nuestros deudores”, pero fai uns cantos anos a xerarquía católica decidiu cambiar este fragmento, só este, que agora di: “perdona nuestras ofensas así como nosotros perdonamos a los que nos ofenden”, non entendín moi ben o porqué da modificación, parecía un cambio pouco sustancial. Pero vista a situación actual, con esta crise endiañada que estamos vivindo semella que cobra sentido. É como se eles intuíran o que ía pasar, porque os poderosos que nos dirixen teñen a determinación de que paguemos todo o que se debe e a quen se lle debe: a Banca, custe o que custe e a costa de todos nós.
Lembrade a reforma express que se fixo na nosa Constitución. Consistiu basicamente en anular o anterior artigo 135 e substituílo por un novo, máis extenso e preciso e no que se di expresamente no apartado 3, o seguinte: “Los créditos para satisfacer los intereses y el capital de la deuda pública de las Administraciones se entenderán siempre incluidos en el estado de gastos de sus presupuestos y su pago gozará de prioridad absoluta”.
É dicir que antes de pagar as pensións, o paro a sanidade ou a educación haberá que pagar prioritariamente o que se debe. Sábeno ben os gregos, e o suicidio na Praza Sintagma de Atenas, dun xubilado desesperado polas débedas é unha metáfora do suicidio colectivo cara o que nos diriximos.
Os presupostos xerais do Estado que se acaban de anunciar, bendicidos dende Bruxelas, van nesta liña, o primeiro é reducir o déficit e calquera é capaz de entender que unha economía non depende só do que gasta senón tamén do que ingresa, polo que se o país segue sumido na depresión, anque gastemos menos o obxectivo de déficit non se cumprirá. Supostamente son os mercados os que nos piden estes sacrificios para confiar en nós e son eles mesmos, xusto despois de coñecelos os que subiron a prima de risco por riba dos 400 puntos, porque tampouco se fían da nosa recuperación económica, en fin unha espiral absurda.
Pero nin a reforma laboral nin a redución do déficit son por si sós capaces de sacarnos deste pozo, a raíz do problema, o din os economistas sensatos e moitos empresarios, está na falla de financiación. O diñeiro non chega a empresas e particulares. O BCE prestou miles de millóns de euros aos bancos a baixo xuros coa esperanza de que chegase a empresarios e familias, pero non, os bancos preferiron investilo en débeda pública ou volver a depositalo de novo no BCE. Eses mesmos bancos que fai cinco anos dábanlle créditos a calquera sen apenas avais, para mercar casa, coches, viaxes… hoxe non se fían de ninguén. Ás veces semella que a economía é bipolar, pasamos da fartura á fame, da euforia á depresión. E asáltanme varias preguntas: por que se deixa caír Spanair e se salva a CAM?, por que non pode prestar directamente, sen intermediarios, o propio BCE?. Por que se presta aos bancos a 3 anos e a un 1% de xuro e sen garantías (pese á difícil situación de moitos bancos) e non ás nosas empresas?.Parece ser que Merkel e unha cláusula absurda o impiden. Ou non tan absurda, trátase en definitiva de evitar que asuma as funcións da banca privada; se descubrimos que un banco público pode prestarnos diñeiro directamente, para que necesitamos aos bancos privados?. Algo disto fixeron os cidadáns islandeses para desatascar a súa situación, e non lles vai nada mal.
Mentres tanto aos cidadáns só nos queda rezar para que a situación mellore. Xa o dicía Inaki Gabilondo nunha das súas crónicas en vídeo, crer que a reforma laboral vai solucionar o paro é cuestión de fe. Rezade por favor co “vello padrenuestro”. Poder ser máis eficaz.
Maribel Iglesias. Le todos os seus artigos premendo aquí.
Tamén podes seguila nun blog sobre Asorey ou no blog de xeografía crítica O Umia.
Durante o xoves 29 de Marzo está convocada unha Folga Xeral para tentar parar a Reforma Laboral que o Goberno Central, en mans do Partido Popular, quere aprobar. Aínda que nun comezo esta xornada de protesta estaba convocada nas nacións do Estado polas centrais nacionalistas (en Galiza foi CIG a impulsora) finalmente a greve vivirase en toda España ao sumarse tamén os sindicatos estatais UXT e CCOO. Seguir lendo
As traballadoras de Alfageme, que protagonizaron durante hai meses unha dura loita polos seus dereitos e os seus postos de traballo, foron obxecto do recoñecemento da CIG a través dun premio outorgado con motivo do 10 de Marzo, día da Clase Obreira Galega. Para ese momento produciuse este vídeo documental que resume a loita, que tamén na comarca, desenvolveron desde Alfageme.
Segundo informaba Cambadosweb nos últimos días, o paro incrementouse en Cambados en 65 persoas ao peche do pasado mes de Xaneiro respecto o mes anterior. Estes datos son oficiais, do Instituto Galego de Estatística.
Cambados xa suma 1.694 desempregados. En Xaneiro do ano pasado esta cifra era de 1.513, así que a diferenza nun ano é de 181 cambadeses (un incremento de case o 12%).
O voceiro do Bloque en Cambados, Víctor Caamaño, presentou hai uns días unha moción para debate no Pleno da Corporación na que se pide a retirada da suba do IBI estabelecida polo Real Decreto 20/2011. En concreto, en Cambados a suba será para este 2012 será dun 10% para todos os inmobles de uso residencial. O BNG pensa que esta suba é, ademais, unha inxerencia do Goberno Central na autonomía financeira dos Concellos, e é dobremente inxusta posto que moitos deles (como o de Cambados) xa aprobaran subas nas taxas e impostos locais para facer fronte á crise; e agora verán tamén incrementado o Imposto de Bens Inmobles.
A dúbida é que votará o grupo do PP ante esta moción, xa que a pesar de foi o seu partido en Madrid quen aprobou esta suba, Aragunde manifestara hai tan só tres meses que non estaba a favor do incremento.
Os problemas que atravesa a conserveira Alfageme, que dá traballo a unhas 150 persoas no Salnés (unha das comarcas máis castigadas polo desemprego) poderían ver a luz moi pronto. Así o reflectía onte Diario de Arousa, xa que segundo este xornal a Xunta por medio da Consellaría e a empresa El Consorcio estarían en conversas sobre o futuro da conseveira. As condicións das que se falaron sería de que El Consorcio reciba unha liña de financiamento duns oito millóns para asegurar a posta en marcha das operacións, e a condonación dunha posíbel débeda de 30 millóns , a cambio de que se mantivera a produción e os postos de traballo. Seguir lendo
O alcalde de Cambados zanxou así o debate que se vén producindo hai días sobre a suba de prezos tamén nas garderías. As que dependen directamente da Xunta (por exemplo as antigas Galescolas, agora Galiñas Azuis) si verán aumentadas as súas tarifas este ano, en concreto no mes de Setembro. Respecto ás municipais, son os gobernos locais quen deciden sobre o asunto. Seguir lendo
Comentarios recentes