//
arquivo

Fefiñáns

Esta etiqueta está vinculada a 35 artigos

Rehabilitado o cruceiro de San Gregorio (Fefiñáns)

O barrio de Fefiñáns está hoxe de noraboa, xa que se acaba de recuperar o curceiro que fora esnaquizado durante o pasado febreiro por unha elevadora. Seguir lendo »

Fefiñáns non terá cables

Unha nova moi esperada e tamén moi repetida sen até o de agora resultados, é a de soterrar o cableado eléctrico da Praza de Fefiñáns e arredores. Parece que chegou o momento, no cal o Concello cunha subvención europea vai acometer unha inversión que ademais de mellorar o entorno fará o propio respecto a calidade da rede eléctrica. Seguir lendo »

Aragunde sorprende con mencións á peonalización de Fefiñáns

Recollíao La Voz de Arousa, e facíase eco tamén Cambadosweb nun artigo. Aragunde sacou o tema na constitución da Mesa Local do Comercio, pero en contra do que moitos esperamos, a súa declaración foi máis unha vez contraria ao peche da praza ao tráfico. Escudouse precisamente na suposta negativa dos comerciantes da zona en realizar dita acción. Seguir lendo »

Fefiñáns será Ben de Interese Cultural

Así o publicou onte o Diario Oficial de Galiza (DOG) [podes descargar o documento pdf aquí]. A Consellería de Cultura e Turismo incoa o expediente para a declaración de BIC ao Pazo de Fefiñáns que afectará aos arredores da Praza que leva o mesmo nome.

Segundo a propia exposición de motivos do DOG o obxectivo é “protexer a súa contorna ante calquera alteración das condicións existentes na súa percepción, así como intentar preservar o carácter do que o rodea protexer a súa contorna ante calquera alteración das condicións existentes na súa percepción, así como intentar preservar o carácter do que o rodea”.

A pregunta que calquera cidadán de Cambados cabe facerse agora é…servirá a declaración como BIC do Pazo para conseguir que a Praza sexa por fin peonalizada? O mesmo se preguntaba hoxe Xurxo Melchor desde un acertado artigo das páxinas de La Voz de Arousa.

Aínda que Luis Aragunde concorreu ás eleccións coa mesma teima de sempre do Partido Popular: peonalización non (continuando coa cabezonería que só poden xustificar porque a proposta partiu e é irrenunciable para o BNG). O que está claro é que esta declaración da Consellería é outra mostra máis de que Fefiñáns será peonil porque é unha proposta boa, para turismo e cambadeses; e sobre todo porque é racional.

O Diario de Arousa faise eco das queixas dos veciños do Pombal verquidas en CTK

O xornal comarcal publica hoxe unha extensa nova na que se reflicte a pequena polémica xerada no barrio do Pombal arredor desta praza de minusválidos ilegal.

Segundo a información nova que aporta a xornalista do Diario, a Policía Local xa tería tomado acta do sucedido e o Concello informou que a instalación da rampa e dos pivotes non foi cousa súa. Ademais, sinalan tamén que o autor desta obra podería ter que afrontar unha sanción económica e asumir os custos da devolución da rúa ao seu estado orixinal.

Se isto é así, parabéns ao Concello pola actuación. Non é de recibo que un veciño libremente instale calquera tipo de atranco na vía pública.

Podes ler aquí a nova completa do Diario

O BNG comprométese a peonalizar Fefiñáns

Continúa a campaña en internet do Bloque Nacionalista Galego de cara as eleccións locais de Maio. Se a pasada semana se publicaba en Youtube un vídeo presentando o primeiro tramo da candidatura, agora comeza a rolda das propostas en vídeo coa tradicional reclamación do Bloque dunha Praza de Fefiñáns para os peóns.

Desde o BNG consideran que pechar a Praza ao tráfico, xunto con medidas para impulsar o comercio e a correcta regulación do tráfico e  do aparcamento, podería ser moi beneficioso para os veciños e veciñas. Iso sen contar coa mellora na calidade de vida que leva asociada toda peonalización.

No vídeo intervén Iago Pillado, impulsor da última iniciativa pro-peonalización (podes ler máis información desta campaña premendo aquí) e o candidato á alcaldía, Víctor Caamaño, quen repasa as accións do Bloque ao longo dos últimos vinte anos pola peonalización da Praza e lembra que o BNG levará este tema no programa de goberno nas eleccións de Maio.

Os ecoloxistas do Salnés achegan aos partidos da comarca propostas para os programas electorais

O Colectivo Ecoloxista do Salnés publicou recentemente un documento que redactaron para achegarlle aos partidos políticos as súas propostas relativas á conservación do patrimonio natural e mellora da calidade de vida. O documento de 16 páxinas contén un apartado de propostas xerais, para todos os Concello, entre as que se atopan unha grande variedade de medidas (urbanísticas, de uso de enerxía, de augas, de residuos, etc).

Ademais, os ecoloxistas redactaron unha serie de propostas específicas para cada un dos concellos da comarca. No caso de Cambados fan fincapé na redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal, que coidan debe estabelecer unha cota máxima de solo urbanizable e protexer o complexo intermareal Umia-O Grove. Ademais suxiren redimensionar a depuradora de Tragove, mellorar a desembocadura do río Umia, eliminar o proxecto das comportas do Saco ou incluso a peonalización total da Praza de Fefiñáns e accesos.

Uns consellos bastante lóxicos e razonábeis que agora haberá que agardar para ver cales dos tres partidos se comprometen a cumprir. Hai un co que poden comezar durante a campaña, xa que o CES lémbralles a todos: “De cara a campaña electoral solicitamos moderación no uso do papel”.

Documento

Podes acceder ao documento completo do CES aquí

Quitarán os cables…os coches seguirán en Fefiñáns

O Concello anunciou un acordo con Unión Fenosa e coa Xunta polo cal se poderá realizar por unha banda a retirada do transformador que está situado a carón da Torre da Homenaxe e por outro lado eliminar os cables eléctricos aéreos da zona da Praza de Fefiñáns. Unha medida que foi reclamada en máis de unha vez pola oposición. Unha medida positiva, agora falta que se cumpra o prometido, xa que en 2005 fíxose un anuncio das mesmas caracterísiticas do que a prensa comarcal dicía “en las próximas semanas, el Concello y Unión Fenosa firmarán un convenio de colaboración para eliminar el transformado”. Esperemos que en cinco anos non se volva a anunciar a obra.

O que aínda non puidemos escoitar foi un anuncio da eliminación dos vehículos rodados na Praza e nas inmediacións, que é reclamado por unha maioría social e sería beneficioso para o turismo e para o comercio da zona.

Lembra que podes asinar online  pola peonalización seguindo este enlace ou unirte ao grupo en Facebook da causa.

O BNG apoia ás mariscadoras e acusa ao PP de burlarse delas

O voceiro do BNG, Víctor Caamaño, remite un artigo que se reproduce a continuación na súa totalidade:

“Levamos máis de un ano lendo nos xornais que a Confraría de Cambados e as mariscadoras apoiaban o proxecto do PP de construír unhas comportas no Saco de Fefiñáns. Onte, as mariscadoras, negándose a baixar a mariscar ata que se lles explique en que vai a consistir o citado proxecto, quedou claro que con elas non falou ninguén do tema. Polo tanto cada vez que se afirmaba que as mariscadoras apoiaban a construción das comportas, en realidade tratábase dunha manipulación e dunha mentira do PP. Este conflito é moito máis ca un problema medioambiental, trátase sobre todo dun problema económico e social que deixa ao descuberto os malos modos de actuar e os intereses que moven ao PP de Cambados.

Os malos modos porque desde o inicio o PP baseou a súa proposta na mentira continuada: que as mariscadoras apoiaban o proxecto, que había un estudio de impacto ambiental que avalaba as comportas, que primeiro se faría o saneamento do Saco, que se as mariscadoras non querían non se farían as comportas… Un montón de mentiras e de ocultismo, pois a día de hoxe semella que ninguén coñece realmente en que consiste o proxecto, e non será polo tempo que o leva solicitando o BNG, tanto a nivel municipal como a nivel parlamentario. A verdadeira realidade é que xa se realizou a licitación da obra pero o PP non fixo nada co saneamento e burlouse das mariscadoras ao ocultarlle toda a información e ao utilizalas nos medios de comunicación para apoiar o seu proxecto electoral.

Os intereses que defende o PP de Cambados non son os das mariscadoras; un dos sectores produtivos que mellor está soportando a crise económica pero que leva moitos anos sufrindo o desprezo e a penosa xestión do PP. Así as actuacións do PP, nos últimos vinte anos, foron o apoio a un encoro inútil (o de Caldas) que pode por en perigo o banco marisqueiro do Serrido, o deficiente saneamento de todo o litoral cambadés que merma a calidade dos bancos marisqueiros (o Saco xa é zona C) e apoio á construción dunha piscifactoría sen condicións que pode prexudicar aos banco marisqueiros litorais. E agora o PP segue a prometer unhas comportas que poden rematar definitivamente co banco do Saco e, se isto non fora suficiente, prometen un porto deportivo do máis agresivo medioambientalmente que podería reducir definitivamente os bancos marisqueiros do litoral cambadés ao Serrido. Este foi o gran apoio do PP ás mariscadoras de Cambados nos últimos vinte anos.

Está claro que os intereses do PP nunca tiveron en conta ao sector das mariscadoras e tamén está claro que estamos a falar dun conflito económico, falamos dos postos de traballo das mariscadoras. Se os bancos marisqueiros do litoral de Cambados non estiveran tan agredidos (agresións debidas á mala xestión do PP municipal), serían moito máis produtivos, o que significaría máis recursos económicos e, polo tanto, máis postos de traballo. Pero, que lle importa ao PP os postos de traballo das mariscadoras?

Levamos máis dun ano lendo nos xornais que a Confraría de Cambados e as mariscadoras
apoiaban o proxecto do PP de construír unhas comportas no Saco de Fefiñáns. Onte, as
mariscadoras, negándose a baixar a mariscar ata que se lles explique en que vai a consistir
o citado proxecto, quedou claro que con elas non falou ninguén do tema. Polo tanto cada
vez que se afirmaba que as mariscadoras apoiaban a construción das comportas, en realidade
tratábase dunha manipulación e dunha mentira do PP. Este conflito é moito máis ca un
problema medioambiental, trátase sobre todo dun problema económico e social que deixa ao
descuberto os malos modos de actuar e os intereses que moven ao PP de Cambados.

Os malos modos porque desde o inicio o PP baseou a súa proposta na mentira continuada:
que as mariscadoras apoiaban o proxecto, que había un estudio de impacto ambiental que
avalaba as comportas, que primeiro se faría o saneamento do Saco, que se as mariscadoras
non querían non se farían as comportas… Un montón de mentiras e de ocultismo, pois a día
de hoxe semella que ninguén coñece realmente en que consiste o proxecto, e non será polo
tempo que o leva solicitando o BNG, tanto a nivel municipal como a nivel parlamentario.
A verdadeira realidade é que xa se realizou a licitación da obra pero o PP non fixo nada co
saneamento e burlouse das mariscadoras ao ocultarlle toda a información e ao utilizalas nos
medios de comunicación para apoiar o seu proxecto electoral.

Os intereses que defende o PP de Cambados non son os das mariscadoras; un dos sectores
produtivos que mellor está soportando a crise económica pero que leva moitos anos sufrindo
o desprezo e a penosa xestión do PP. Así as actuacións do PP, nos últimos vinte anos, foron
o apoio a un encoro inútil (o de Caldas) que pode por en perigo o banco marisqueiro do
Serrido, o deficiente saneamento de todo o litoral cambadés que merma a calidade dos bancos
marisqueiros (o Saco xa é zona C) e apoio á construción dunha piscifactoría sen condicións
que pode prexudicar aos banco marisqueiros litorais. E agora o PP segue a prometer unhas
comportas que poden rematar definitivamente co banco do Saco e, se isto non fora suficiente,
prometen un porto deportivo do máis agresivo medioambientalmente que podería reducir
definitivamente os bancos marisqueiros do litoral cambadés ao Serrido. Este foi o gran apoio
do PP ás mariscadoras de Cambados nos últimos vinte anos.

Está claro que os intereses do PP nunca tiveron en conta ao sector das mariscadoras e tamén
está claro que estamos a falar dun conflito económico, falamos dos postos de traballo das
mariscadoras. Se os bancos marisqueiros do litoral de Cambados non estiveran tan agredidos
(agresións debidas á mala xestión do PP municipal), serían moito máis produtivos, o que
significaría máis recursos económicos e, polo tanto, máis postos de traballo. Pero, que lle
importa ao PP os postos de traballo das mariscadoras?

As comportas: en licitación, o saneamento do Saco: de momento só palabras

Onte a comarca do Salnés tivo como visitante ao conselleiro de Medio Ambiente e Obras Públicas, Agustín Hernández, quen estivo en Cambados coñecendo as instalacións da Estación Depuradora de Augas Residuais de Tragobe.

Na súa recalada no noso Concello referiuse ao proxecto do goberno local e do ente Portos de Galicia (dependente da súa consellaría) de construir unhas comportas no Saco de Fefiñáns para defendelo. Ademais anunciou un plan para sanear a zona do Saco, que é obxecto de verquidos continuos que remataron por facer que se pechara ao marisqueo.

O conselleiro dixo que o saneamento e as comportas son “complementarios”. Aí é onde se equivoca. Se non se sanea a zona antes da instalacións das comportas o problema da contaminación aumentará cando se reteña auga no Saco (non hai que ser moi espabilado para pensar que de haber verquidos o mellor é que corra a auga e que non se estanque).

Ademais, as palabras “mellora ambiental” e “saneamento” no referido ao Saco de Fefiñáns levámolas escoitando na prensa desde hai anos e polo de agora o que sabemos é:

1-O proxecto das comportas está aprobado a pesar das dúbidas mesmo legais de diferentes organismos.

2-O saneamento do Saco polo de agora non está reflectido en ningunha actuación nin documento. Só palabras.

A imaxe foi extraída de La Voz de Arousa

 

Xuño 2012
L M Me X V S D
« Mai    
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.