A profesora Maribel Iglesias recibirá o Premio Ramón Cabanillas este mércores 16 de Maio no Auditorio da Xuventude. No acto que convocan as librarías Contos e Cabanillas na súa novena edición, falará Adela Leiro e actuarán Isa e Nacho de Xironsa, Carmen Olveira, e Xaquín Anxo e Roi Xesteira.
O acto dará comezo ás 9 da tarde. Maribel, ademais do seu labor docente, ten traballado arredor da figura de Ramón Cabanillas e Francisco Asorey. É activa na rede, mantén os blogs Paco Asorey e O Umia. Ademais, Cambados(tk) conta desde hai meses cos seus artigos de opinión nos que amosa a súa parte máis crítica. Parabéns a Maribel por este recoñecemento e que sigamos sendo testemuñas do seu traballo!
As librarías Contos e Cabanillas veñen de anunciar o nome da persoa que recollerá en Maio o noveno Premio Ramón Cabanillas. Será a profesora Maribel Iglesias Baldonedo, docente no IES Francisco Asorey e historiadora. Maribel ten traballado arreo desde o ámbito do ensino arredor de figuras como o propio Cabanillas (lembrar que en 2009 adicóuselle o Ano) ou Francisco Asorey. Dirixiu en 2005 a publicación de “Cambados, cen anos de historia a través da fotografía”, un traballo en equipo con alumnos e profesores do Asorey, e en 2009 grazas a CANDEA veu a luz o seu “Ramón Cabanillas Enriquez – Biografía en Imaxes”. Seguir lendo
Está claro que internet vai cambiando a forma de ver as cousas, tamén, ou especialmente, nos negocios.
En Cambados temos un exemplo, a libraría Ramón Cabanillas vén de abrir unha tenda na plataforma online Amazon.es (podes premer aquí para acceder a ela). Neste espazo os lectores poden mercar os libros desta libraría sen moverse da casa, e aínda non estando en Cambados.
Hai poucos meses a mesma libraría abriu en Facebook unha páxina onde informan das novidades editoriais. Parece unha boa aposta, seguramente polo momento non moi determinante en termos económicos, pero quizais si nun futuro.
Terá lugar este xoves 29 de Nadal ás 20.00 horas. O lugar elixido para o acto é o Café Reymar, e haberá sinatura de libros a cargo do autor, o artista gráfico Gogue.O volume que se dará a coñecer en Cambados este xoves recolle unha selección de 300 tiras cómicas de Floreano, o personaxe máis popular do humorista gráfico grovense José Ángel Rodríguez López, Gogue, que cada día publica en Faro de Vigo. Organizan esta presentación as librarías Cabanillas e Contos.
Falabamos hai uns días neste espazo da presentación do novo poemario do cambadés Xosé María Vila Ribadomar na Illa de Arousa, Concello onde reside. Agora é o turno da súa vila natal. A presentación levarase a cabo no Centro Comarcal Exposalnés o vindeiro venres día 25 de Novembro, comezando arredor das 20.30 horas. Terán lugar intervencións de Domingo Tabuyo, Emilio Xosé Ínsua e Saúl Otero, e, a recadación polo venda do libro será adicada a fins sociais. Previamente, o autor cambadés publicou A Fraga do Pericardio (2001) e Peixes medievais (2004). Organizan as librarías Cabanillas e Contos.
O goberno local anunciou a súa intención de distinguir ao escultor Manolo Paz pola súa traxectoria con motivo da celebración do aniversario do pasamento do poeta da raza. O ano pasado o Concello fixera o propio con Luís Rei, pero a forma de homenaxealo levantara polémica na vila xa que o goberno elixiu “Premio Ramón Cabanillas” como nome do galardón, e a asociación de libreiros leva moitos anos entregando este premio a diferentes persoeiros da cultura. Ademais ambas distincións teñen características moi semellantes, alén do nome. Seguir lendo
Tivo lugar na tarde de onte a presentación dun libro moi especial sobre o noso insigne poeta Ramón Cabanillas. Especial, sen ir máis lonxe, pola orixe do libro. Publicáronse moitas cousas sobre Cabanillas en 2009, cando celebramos o seu Ano (de igual xeito que neste 2011 llo adicamos a Asorey) e fixéronse cantidade de actos relacionados con el. Pero o de onte, ademais de continuar esa estela, era especial porque chegaba de Xapón un exemplar que contiña textos do poeta traducidos a aquela lingua
Seguir lendo
Takekazu Asaka é un filólogo xaponés, profesor de castelán na Universidade de Tokio, moi interesado no noso país. Ese interese fixo que visite regularmente Galiza e que publicara traballos sobre a lingua e traducións.
A última titúlase Canta a Cabanillas e é unha tradución ao idioma nipón de 17 poemas do ilustre poeta cambadés. O libro preséntase este martes día 2 de Agosto na bilbioteca municipal (Casa dos Fraga) a partires das 20.30 nun acto no que ademais do profesor Asaka participarán o alcalde de Cambados, o técnico cultural e biógrafo de Cabanillas, Luis Rei e o académico Francisco Fernández Rei.
É unha iniciativa máis das librarías Cabanillas e Contos, colabora o Concello de Cambados.
Será hoxe no Pazo de Torrado ás 20.30. Organizan as librarías Cabanillas e Contos, colabora o Concello.

EXPOSICIÓN-HOMENAXE A FRANCISCO ASOREY
Mañá mércores 8 ás 20 horas terá lugar no instituto que leva o nome do escultor a inauguración da exposición. Ademais de presentar esta mostra-homenaxe vaise dar a coñecer un vídeo documental e unha páxina web. Ao remate do acto servirase un viño grazas á colaboración da Adega Terra de Asorei. A exposición poderá visitarse no centro até o 21 de Xuño.
PRESENTACIÓN DE “LUME DE COBIZA”
A editorial Xerais, en colaboración coa libraría Ramón Cabanillas, organiza a presentación do novo título de Miguel Anxo Fernández “Lume de cobiza”. O acto será este xoves 9 ás 20 horas na biblioteca municial (na casa dos Fraga) e intervirán Ángel de la Cruz (director de cine), Saúl Otero (mestre e pintor) e o propio autor.
Comentarios recentes