//
arquivo

Luís Aragunde

Esta etiqueta está vinculada a 150 artigos

“Cacicada” do PP

Hai uns días que en Cambados a xente está indignada; está indignada coa proposta do PP de malgastar os cartos públicos nunha escultura de Manuel Fraga; e a verdade é que teñen argumentos e razóns para estalo. Este caso é todo un exemplo de como o goberno municipal do PP está a xestionar este concello e a malgastar os nosos recursos.

O PP toma esta decisión, non só, sen consultalo con ningún outro grupo político (como fai sempre), senón que ademais tenta ocultalo o maior tempo posible. De feito, esta é unha das razóns polas que envían as actas da Xunta de  Goberno con máis de 3 meses de retraso, en lugar dos 10 días que marca a lei. Así o BNG, que forma parte da corporación municipal, ten que coñecer polos medios de comunicación barbaridades como o encargo  desta escultura.

Co agravante de que o PP toma a decisión de encargar a escultura sen ter cartos para elo e, despois de facelo, afirma que tentará conseguilos a posteriori; o cal indica a “excelente planificación” coa que traballa o goberno municipal do PP de Cambados.

Por se isto non fose suficiente, o alcalde manifesta que agarda conseguir os cartos para a estatua de “Don Manuel”, a partir de axudas doutras Administracións. Esta é outra das teimas do PP: ten que enterarse, dunha vez,  Luís Aragunde que os cartos das Administracións son públicos. Son cartos que proceden dos nosos impostos e que merecen ser gastados con sentido común e eficacia para o benestar de todos e todas. Porque os cartos públicos, tamén os da Deputación; eses que Louzán gasta tan alegremente, realmente non son del, senón nosos. E cando son “malxestionados”, como adoita a facelo o PP, está demostrar que non lle doe malgastar os cartos das Administracións, como se estas non tiveran onde investilos. Porque con estas actitudes, semella que sobran cartos para sanidade, educación, servizos sociais, cultura…, ou en saneamento (no caso de Cambados) e como sobran tantos, pois se lle poden facer cos sobrantes unha escultura para maior gloria do exministro de Franco.

Esta decisión do PP  non hai por onde collela, porque nin é momento para tirar os cartos en esculturas como esta, nin se trata dun personaxe que concite o mínimo consenso entre as diferentes sensibilidades políticas e sociais. Isto é simplemente unha “cacicada” do PP de Cambados que con este tipo de decisións está  a situarse, cada día, máis á dereita.

Víctor Caamaño. Voceiro do BNG de Cambados. Podes ler o seu blog premendo aquí.

O Bloque destapa unha presunta irregularidade urbanística n’A Modia con implicación dun concelleiro

O voceiro do Bloque Nacionalista Galego de Cambados, Víctor Caamaño, compareceu ante os medios n’A Modia para dar conta dunha presunta irregularidade urbanística na que estaría implicado un  concelleiro do PP e a esposa do ex alcalde e actual delegado da Xunta Cores Tourís. Seguir lendo »

Portos di agora que si renovará as barandillas

Algo esquizofrénicas son as delcaracións dos políticos do Partido Popular, que se ben onte por boca de Luís Aragunde aseguraban que Portos non ía renovar as barandillas do Paseo, hoxe o mesmo Diario de Arousa recolle as declaracións do presidente da entidade responsábel da zona costeira nas que di que si van perpetrar esas obras. Seguir lendo »

O PP aproba en solitario os Orzamentos

Os presupostos ascenden este ano a 8.3 millóns de euros e segundo o alcalde as previsións están “axustados á realidade económica”, algo que non é certo para a oposición. Víctor Caamaño, polo BNG, lamentou a falla de previsión, transparencia e austeridade. Caamaño propuxo outro ano máis (outro ano máis sen éxito) que se adique un empregado municipal ás xestións que fai o ORAL, que cobra máis  cada exercicio (265.000 nesta ocasión). Denunciou que baixa o destinado a mantemento de centros escolares (24.000 euros) mentres se comproba cada ano que non é suficiente. Seguir lendo »

Orzamentos 2012, consúmase a suba de impostos en Cambados

No pleno deste xoves serán tratados unha boa cantidade de puntos da orde do día. O máis relevante sexa, quizais, o debate e aprobación ou non dos Orzamentos para este ano. Orzamentos sobre os que xa se informara en CTK hai meses e que popoñen unha suba xeralizada de impostos, moitas das veces por riba do IPC (o que se considera. a “suba do prezo da vida”). Non hai que viaxar atrás moito no tempo para lembrar como en cuestión de tres meses o alcalde, Luís Aragunde, pasou de amosar a súa oposición á suba do IBI e en xeral das taxas municipais, a anunciar que o seu propio Goberno as incrementaría. Con toda probabilidade, os votos do PP (que xa aprobaran en Outubro a suba das taxas) consolidarán esa suba coa súa inclusión nos presupostos. Seguir lendo »

Os veciños de Vilariño asócianse contra a estación eléctrica

Un proxecto de estación eléctrica no lugar de Batuqueiro está a provocar un pequeno levantamento entre a veciñanza, que mesmo artellou xa unha asociación para organizarse fronte a esta proposta de Red Eléctrica. Sobre todo, denuncian falta de información sobre o tema, e aseguran que a estación tería unha potencia de 220.000 voltios e estaría ubicada a 200 metros das vivendas de 15 familias. Ademais, as liñas pasarían por riba das fincas. Eles entenden que unha infraestrutura como esta debería instalarse nun polígono industrial, e nunca no medio das casas. Seguir lendo »

O BNG denuncia que o CIM segue pechado 6 meses ao ano

O BNG de Cambados, por medio do seu portavoz Víctor Caamaño, denuncia outra vez que o Centro de Información á Muller segue funcionando igual que nas dúas últimas lexislaturas: non abre até que a Xunta non envía a subvención, o cal adoita acontecer cunha demora de meses. Seguir lendo »

O paro segue á alza n’O Salnés e Cambados ocupa o terceiro lugar da comarca

O Concello de Cambados acumula xa máis e 1.700 persoas desempregadas. O paro aumenta outra vez en Marzo logo de que Febreiro dera un (falso) respiro. O Salnés é xa a quinta comarca na lista de líderes do paro, a pesar de que por poboación absoluta non lle correspondería unha posición tan elevada. Supera xa a comarcas como Ourense ou Pontevedra, con máis habitantes, empata tecnicamente con Santiago e só é superada polas de Vigo, Coruña ou Ferrol. Seguir lendo »

O BNG denuncia no Pleno que leva desde Outubro sen resposta a algunhas cuestións

O voceiro do Bloque Nacionalista Galego de Cambados, Víctor Caamaño, solicitou ao alcalde que se dea resposta a tres preguntas realizadas nos meses de Outubro, Novembro e Nadal do pasado ano. A primeira facía referencia ao asesor xurídico do Concello, a segunda á redución de axudas do Plan Concertado da Xunta de Galicia e a terceira referíase ás actuacións musicais e outros eventos da Festa do Albariño. Seguir lendo »

Enquisa sobra a posible Rúa Fraga

O blog “Dos vueltas de tuerca” pídenos difusión da súa enquisa sobre a posibilidade de que se lle sexa outorgada unha rúa a Manuel Fraga en Cambados. O enlace para participar na mesma é este, premendo poderás acceder ao inquérito. Hai poucos días publicábanse en Cambados(tk) a nova de que Aragunde anunciara esta iniciativa polémica.

 

Xuño 2012
L M Me X V S D
« Mai    
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.