//
arquivo

O Salnés

Esta etiqueta está vinculada a 42 artigos

Xosé Manuel Beiras n’O Salnés

O portavoz do Encontro Irmandiño, Xosé Manuel Beiras, estará este venres 27 no Grove. Participará nunha presentación pública e aberta das propostas para un Novo Proxecto Común, un novo movemento político que recolle ás excisións do Bloque e a novos axentes para desenvolver un proxecto político que defenda a Galiza e á maioría social.

Ademais de Beiras, participarán tamén voceiros do NPC do Grove e ao remate haberá un coloquio no que poderán tomar a palabra aqueles que o desexen. Será na Casa de Cultura Manuel Lueiro ás 20.30 horas. Seguir lendo »

“Aventúrate no Salnés”, roteiros para a xuventude

A actividade está dirixida a maiores de 18 pero que non pasen dos 35 anos. Realizarase durante diferentes fins de semana de Abril, Maio e Xuño; en cada unha delas participarán un máximo de 22 persoas. O prezo é de 88 euros para posuídores do Carné Xove e as actividades desenvolveranse n’O Grove. Inclúense rutas de sendeirismo, observación de aves, paintball, astronomía, achegamento ao marisqueo e visitas a diferentes lugares da comarca. Podes consultar o interesante programa completo premendo neste enlace. Tamén podes informarte aí de como inscribirte no programa.

Xuntanza Aberta do Novo Proxecto Común n’O Salnés este sábado

O Encontro Irmandiño d’O Salnés convoca a todas as persoas interesadas, aos “cidadáns e cidadás do común, que sintan e amen o noso país, a participar democraticamente na creación deste novo referente político”. Trátase de construir este novo ente desde abaixo, co obxectivo de “sumar”, cos centros de gravidade na defensa das maiorías sociais e da nosa terra. Seguir lendo »

Xoán Allegue seguirá sendo responsábel comarcal do BNG

Tivo onte lugar a asemblea comarcal da fronte nacionalista. Nesta ocasión foi só unha a candidatura presentada para o órgano, xa que o Encontro Irmandiño abandounou a formación recentemente e Máis Galiza (a outra corrente “crítica) renunciou a dar a batalla a falta dos compañeiros que deixaron o Bloque (na anterior asemblea presentaran candidatura conxunta). Seguir lendo »

Australia, “making of” dunha das cancións para a obra de Caracol

A compañía Caracol presenta un dos temas que formará parte da súa obra de teatro deste 2012. Desta volta a obra chámase “Un día de espías” e a canción que podedes ver no vídeo ten por título Australia. A voz principal é a de María del Carmen Fariña, con coros de Néstor Blanco e Laura Alfonso. Caracol está dirixida por Olga González Vilas e leva xa décadas poñendo en escea unha obra de teatro anual para nenos e nenas de toda a comarca.

N’O Grove terán unha Rúa Isaac Díaz Pardo

A páxina web Todogrove.com informa do resultado das votacións do pleno de onte do veciño Concello d’O Grove. Un punto na orde do día era a moción do concelleiro do Partido Galeguista, Alfredo Bea, na que se pedía un acordo para outorgar o nome dunha rúa ao intelectual galeguista recentemente falecido Isaac Díaz Pardo. Todos os partidos (nunha corporación multicolor: PP, PSOE, BNG, EU, AMeca e PGD) apoiaron a iniciativa. Seguir lendo »

O conflito de Alfageme podería resolverse pronto

Os problemas que atravesa a conserveira Alfageme, que dá traballo a unhas 150 persoas no Salnés (unha das comarcas máis castigadas polo desemprego) poderían ver a luz moi pronto. Así o reflectía onte Diario de Arousa, xa que segundo este xornal a Xunta por medio da Consellaría e a empresa El Consorcio estarían en conversas sobre o futuro da conseveira. As condicións das que se falaron sería de que El Consorcio reciba unha liña de financiamento duns oito millóns para asegurar a posta en marcha das operacións, e a condonación dunha posíbel débeda de 30 millóns , a cambio de que se mantivera a produción e os postos de traballo. Seguir lendo »

Manifestación contra o desmantelamento do hospital do Salnés

A Plataforma pola Sanidade Pública do Salnés convoca unha mobilización cidadá para este venres 7 de Outubro. Será na veciña Vilagarcía, partindo da Casa do Mar ás 20.30 horas. Esta plataforma organizou a pasada semana unha conferencia en Cambados para falar sobre o desmantelamento da Sanidade Pública no Salnés, podes ler os seus argumentos premendo aquí.

Na gala do Diario de Arousa

O xornal comarcal Diario de Arousa cumpre este ano a súa primeira década de vida. Cambados(tk) recibiu o convite do diario para asistir á gala na que tamén entregaban os premios Arousáns do ano.

O acto foi bastante longo, comezou pasadas as oito e rematou tres horas máis tarde. Persoalmente, e supoño que tod@s @s presentes coincidirán, sobraba a primeira hora, dedicada basicamente a gabar ás autoridades políticas e a escoitar os seus discursos (eu penso que con un tivera chegado e máis tendo en conta que dado o lugar e a situación todos eran practicamente iguais).

Pero o resto do acto estivo moi ben, cun Carlos Blanco breve pero moi simpático, como de costume. Especialmente nas súas saídas espontáneas; ao comezo deixou claro que “é o momento perfecto para que os políticos abandonen a sala”, e atribuiu algunhas ausencias políticas (Feijoó e Louzán, por exemplo) ás inauguracións de última hora. Tamén estivo moi acertado ao lembrarlle ao representante do copresidente de Novacaixagalicia, que excusou a ausencia do seu xefe ao acto, que o nome da Ría e do Diario é AroUsa, con U, e que “non fai falla que veñan a cambialo”, sentenciou entre aplausos. Seguino Pablo Méndez e a súa mestura de música en directo, sons, luces e danza, e Budiño e a súa banda puxeron o broche final á noite de celebración en Vilagarcía.

No transcurso dela recoñeceuse o labor de persoas e asociacións como “Arousáns do ano”, de Cambados recibiu o premio de mans do alcalde Aragunde a Protectora de Animais na categoría de acción social. Entre os premiados o máis aplaudido o taekwondista de Ribeira, Álex Álvarez, que por riba dos seus múltiplos premios no deporte destaca a súa vitoria nun campionato absoluto a pesar da súa discapacidade do 77%.

Parabéns ao Diario de Arousa, do cal por certo  sempre se extraen moitas novas e imaxes para CTK desde hai seis anos. E grazas polo convite.

Benito González entra no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía da man da Xunta de Galicia

A Consellaría do Mar decretou onte os ceses e os nomeamentos para o Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa. Este cambio derívase da nova Lei de Portos, que obriga a rebaixar a composición do Consello de 25 a 15 representantes. Benito González, patrón maior de Cambados e presidente da Federación Galega de Confrarías, pasa a formar parte como representante do sector pesqueiro da zona.

Tamén o ex alcalde e agora delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, será a partires de hoxe conselleiro do Porto, así como o vicepresidente da Deputación e outros cargos autonómicos.

ATÉ 300 EUROS POR REUNIÓN

O Porto de Vilagarcía, segundo o diario El Progreso de Lugo, forma parte dun entramado de administracións paralelas que permite á Xunta dotar a altos cargos (no caso de Tourís) de dietas por asistir a reunións destas entidades. Atópanse nesta lista 30 entes autonómicos pero tamén 8 estatais, entre as que figuran segundo El Progreso as cinco autoridades portuarias.

De ser certa esta información, Benito González podería beneficiarse tamén desta vantaxe económica ao ser designado pola propia Xunta de Galicia, e Cores Tourís formaría parte dos beneficiados por ser alto cargo. Segundo el Progreso, a asignación para cada reunión podería chegar aos 300 euros brutos cunha media de reunións de cinco ao ano.

Relacionado

“Casi 30 entes de la Xunta pagan dietas a altos cargos por asistir a sus consejos” do Progreso de Lugo do 21 de Xuño de 2010

 

Xuño 2012
L M Me X V S D
« Mai    
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.