//
arquivo

PSOE

Esta etiqueta está vinculada a 104 artigos

Portos non vai renovar as barandillas do Paseo porque xa “se revisan e reparan periodicamente”

O Diario de Arousa recolle hoxe as declaracións que o alcalde fixo no Pleno sobre o tema do mal estado das barandillas do Paseo Marítimo, en resposta a unha pregunta do PSOE. Dixo ter posto en coñecemento o tema (lembramos que xa houbo dúas persoas que caeron ao mar nos últimos tempos ao soltarse un dos ferros) ao presidente de Portos, quen asegurou que non se vai renovar a estrutura porque, segundo di o Diario, “se revisa e se repara periodicamente”. Seguir lendo »

O PP aproba en solitario os Orzamentos

Os presupostos ascenden este ano a 8.3 millóns de euros e segundo o alcalde as previsións están “axustados á realidade económica”, algo que non é certo para a oposición. Víctor Caamaño, polo BNG, lamentou a falla de previsión, transparencia e austeridade. Caamaño propuxo outro ano máis (outro ano máis sen éxito) que se adique un empregado municipal ás xestións que fai o ORAL, que cobra máis  cada exercicio (265.000 nesta ocasión). Denunciou que baixa o destinado a mantemento de centros escolares (24.000 euros) mentres se comproba cada ano que non é suficiente. Seguir lendo »

Orzamentos 2012, consúmase a suba de impostos en Cambados

No pleno deste xoves serán tratados unha boa cantidade de puntos da orde do día. O máis relevante sexa, quizais, o debate e aprobación ou non dos Orzamentos para este ano. Orzamentos sobre os que xa se informara en CTK hai meses e que popoñen unha suba xeralizada de impostos, moitas das veces por riba do IPC (o que se considera. a “suba do prezo da vida”). Non hai que viaxar atrás moito no tempo para lembrar como en cuestión de tres meses o alcalde, Luís Aragunde, pasou de amosar a súa oposición á suba do IBI e en xeral das taxas municipais, a anunciar que o seu propio Goberno as incrementaría. Con toda probabilidade, os votos do PP (que xa aprobaran en Outubro a suba das taxas) consolidarán esa suba coa súa inclusión nos presupostos. Seguir lendo »

Os veciños de Vilariño asócianse contra a estación eléctrica

Un proxecto de estación eléctrica no lugar de Batuqueiro está a provocar un pequeno levantamento entre a veciñanza, que mesmo artellou xa unha asociación para organizarse fronte a esta proposta de Red Eléctrica. Sobre todo, denuncian falta de información sobre o tema, e aseguran que a estación tería unha potencia de 220.000 voltios e estaría ubicada a 200 metros das vivendas de 15 familias. Ademais, as liñas pasarían por riba das fincas. Eles entenden que unha infraestrutura como esta debería instalarse nun polígono industrial, e nunca no medio das casas. Seguir lendo »

A fin de semana política deixa a Pachi Vázquez con contestación no PSdeG e un nacionalismo en cambio

Durante esta fin de semana ocorreron dous feitos fundamentais na política galega. Por un lado, nas filas socialistas, o seu Congreso Nacional supuxo que Pachi Vázquez fora proclamado outra vez Secretario Xeral. A alternativa de Elena Espinosa pisoulle os talóns con só 33 votos delegados menos que o gañador. Isto abre a porta por outra banda a que o conglomerado “crítico” do PSdeG que aglutina a xente tan diversa como Abel Caballero, Leiceaga ou Pose, decida presentar candidatura nas primarias que o partido haberá de celebrar para elixir a persoa que opte á Presidencia da Xunta. O cambadés Rafael Blanco foi elixido membro do Comité Nacional do PSdeG-PSOE. Seguir lendo »

LuscoFusco, “concurso de talentos” das XSG de Cambados en beneficio de Esperanza

As Xuventudes Socialistas de Cambados, as mocidades do PSOE, veñen de presentar unha nova campaña benéfica. Se en Nadal o seu obxectivo foi o de xuntar regalos e alimentos para os máis necesitados (o resultado da campaña foi moi positivo) agora os membros das XSG queren axudar á asociación Esperanza Salnés a través dun concurso de talentos. Seguir lendo »

O BNG denuncia no Pleno que leva desde Outubro sen resposta a algunhas cuestións

O voceiro do Bloque Nacionalista Galego de Cambados, Víctor Caamaño, solicitou ao alcalde que se dea resposta a tres preguntas realizadas nos meses de Outubro, Novembro e Nadal do pasado ano. A primeira facía referencia ao asesor xurídico do Concello, a segunda á redución de axudas do Plan Concertado da Xunta de Galicia e a terceira referíase ás actuacións musicais e outros eventos da Festa do Albariño. Seguir lendo »

O PSdeG de Cambados elixe aos delegados para o Congreso Nacional

Os militantes do PSOE de Cambados elixiron onte os seus delegados para participar no Congreso Nacional que elixirá entre outras cousas o Secretario Xeral do PSdeG-PSOE. Este cargo ocúpao agora mesmo Pachi Vázquez, non sen contestación (onte era Vigo quen suspendía en Asemblea o seu labor á fronte do partido) e volverá a aspirar a ostentalo, mentres existe unha alternativa aínda sen nomes propios.
Desde Cambados acudirán a esta cita o Secretario de Organización local e portavoz, Rafael Blanco, e o Secretario Xeral das Xuventudes, Ismael Agra, en representación dos seus compañeiros de filas.

O BNG votará en contra da rúa a Fraga e o PSOE absterase

O voceiro do Bloque, Víctor Caamaño, declarou á La Voz de Arousa que o seu grupo votará en contra de calquera proposta de conceder unha rúa ou praza a Manuel Fraga en Cambados. Para Caamaño, a elección dos nomes do rueiro debería facerse por consenso de todos os grupos, e defendeu a decisión do  primeiro alcalde da democracia, Xoán Antonio Pillado, de ter cambiado o nome á Avenida de Fraga polo actual de Avenida de Vilariño. E engadiu, “como acerto foi tamén substituir a rúa do Generalísimo pola avenida de Galicia”. Seguir lendo »

Ismael Agra: “Queremos acercar o proxecto do PSOE á xuventude de Cambados”

Ismael Agra (Vilariño, 1995) comezou a interesarse na política desde moi pequeno. E máis específicamente, no PSOE. O primeiro mítin que recorda foi hai sete anos cando veu Rubalcaba a Cambados e desde aquela foi involucrándose até crear o pasado setembro no noso Concello as Xuventudes Socialistas, agrupación da que é Secretario Xeral. Un soño para el, cumprido. O seu futuro pasa por rematar o Bacharelato no IES Asorey e estudar Dereito, “aínda que non sei onde, por agora”. E seguir en política, así que de momento  non sería unha sorpresa atopalo na lista do PSOE nas vindeiras municipais de 2015.

A vosa campaña de Nadal foi a primeira actividade…
A recollida de alimentos e xoguetes foi a primeira, pero nós esperamos agora comezar a realizar outras actividades benéficas, porque hai asociacións que necesitan fondos ou outro tipo de axuda e cremos que somos os xóvenes os que debemos incentivar tamén que a xente colabore, desta vez foi con Cáritas pero en Cambados hai moitas asociacións que precisan axuda.

En relación con esa actividade houbo polémica coa outra asociación xuvenil que hai en Cambados… Seguir lendo »

 

Xuño 2012
L M Me X V S D
« Mai    
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.