//
arquivo

Rif-Rock

Esta etiqueta está vinculada a 28 artigos

Breakin’ Bones no Rif-Rock este sábado

O pub Rif-Rock (Infantas 13) advírtenos de que este sábado teremos ocasión de presenzar algo que poucas veces veremos en Cambados. Trátase dun concerto dos vigueses Breakin’ Bones, un trío que segundo o o propio Rif practican o Rockabilly máis torpe, enfermo e extraño que teñas escoitado. Despois de 30 anos vivindo nun sótano escoitando un solo cassette de Ronnie Dawson (só por unha cara).

Así que este sábado 19 non o dubides a partires das 23.50 horas pásate polo local máis activo de Cambados a darlle unha oída a esta banda.

Escoita o concerto de David Falcón no Rif-Rock

No blog do pub Rif-Rock (Infantas 13) podedes atopar todo o material que se gravou durante o concerto de David Falcón do pasado 5 de Maio. Son once temas, dez propios e unha versión, que poden verse comodamente nunha lista de reprodución.

David Falcón de volta no Rif-Rock

O músico cambadés David Falcón actúa na nosa vila este vindeiro sábado día 5 de Maio. Faino no Rif-Rock (Infantas 13), onde xa comparecera polo Nadal con moito éxito. Nesta nova ocasión terá a oportunidade de dar a coñecer temas de recente creación que de seguro voltarán a triunfar no Rif. E se estás por Compostela o vindeiro mércores 9 podes velo no Soul&Sombra. Se queres saber máis sobre David podes visitar a súa web. Seguir lendo »

¨The Cra$h Converters” no Rif-Rock este xoves

O pub Rif-Rock (Infantas 13) preséntanos un novo directo no seu ciclo Jazzerz Live Series. The Cra$h Converters é un trío formado por “tres clásicos” dos directos deste local: Isidro, Sito e Piti, ao que se lle suma nesta ocasión o tamén clásico (pero da clientela) e excelente pianista Miguel Costas.

Eles van facer un repaso polos must dos temas blues e tamén dalgunha peza máis recente.

O concerto será este xoves 5 de Abril a partires das 23.30.

Debut en Cambados de David Falcon este venres

O cambadés David Falcón actuará este venres no pub  Rif-Rock (Infantas 13) como parte da serie de música en directo denominada Jazzerz polo local. Será a partires das 23.30 horas e no concerto fará un repaso dos temas que compuxo en solitario, e quizais dalgunha versión.

Algúns destes temas xa podes oílos na súa páxina da plataforma Soundcloud e foron presentados antes en até tres concertos en Santiago de Compostela.

David Falcón formara parte do desaparecido grupo The Henry Warnimont e un dos seus ex compañeiros, Rubén Iglesias, segue a tocar con Trio Phil Jazz (fixeron o propio no Rif hai semana e media).

Trío Phil Jazz Group no Rif-Rock

Será este sábado 17 de Nadal a partires das 23.30, trátase doutra entrega da serie de concertos Jazzerz que deron comezo hai recentemente no Rif (Infantas 13).

Trio Phil está composto por Manuel Méndez (guitarra), Noli Torres (batería) e Rubén Iglesias (baixo).

Podes ver e escoitar unha mostra desde grupo premendo aquí.

Directos no Rif: JAZZERZ Live Series

O pub Rif-Rock (Infantas 13) estrea un ciclo de música en directo para os vindeiros meses. Trátase de prolongar os concertos no tempo para maior comodidade dos artistas, facilidade na planificación e para sobrevivir ao duro e longo inverno. No pub cambadés soarán jazz e blues, con formatos máis acústicos que nos últimos tempos.

A nova aventura do Rif comeza o vindeiro venres 18 de Novembro a partires das 23.30 con Jazz Standards Workshop! en directo, apadriñados polo músico Paco Charlín. Novas sobre próximas citas no seu blog.

A Festa do Bigote consolídase

É unha cita de luxo para os máis festeiros do Albariño, para aqueles que queren alongar un día máis (unha noite máis ben) a semana grande de Cambados. Para o Albariño o último foguete do primeiro domingo de Agosto supón a fin da festa, pero é nese preciso momento cando outra festa -máis modesta, máis “familiar”- comeza. Seguir lendo »

Los pies mojados no Rif-Rock este venres

Será a partires de medianoite no pub cambadés situado en Infantas 13. A pesar de ter rematado teoricamente os concertos do aniversario sorpréndennos con máis música en directo, benvida sexa.

Seguir lendo »

Comomepos este sábado no Rif-Rock

O Dj Comomepos volve da xélida Laponia para ofrecer outra das súas sesións no pub Rif-Rock (Infantas 13). Será este sábado 18 a partires da medianoite. Podedes botarlle un ollo aos gustos musicais do pincha no blog de recente creación Odio Comic Sans.

 

Xuño 2012
L M Me X V S D
« Mai    
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.