//
arquivo

urbanismo

Esta etiqueta está vinculada a 37 artigos

O Bloque destapa unha presunta irregularidade urbanística n’A Modia con implicación dun concelleiro

O voceiro do Bloque Nacionalista Galego de Cambados, Víctor Caamaño, compareceu ante os medios n’A Modia para dar conta dunha presunta irregularidade urbanística na que estaría implicado un  concelleiro do PP e a esposa do ex alcalde e actual delegado da Xunta Cores Tourís. Seguir lendo »

O BNG pregunta polo Arquitecto Municipal para despexar dúbidas ante unha posíbel incompatibilidade

Víctor Caamaño pregunta ao alcalde de Cambados pola figura do arquitecto municipal, función que agora mesmo está a desenvolver o arquitecto Francisco Galiñanes.  Dacordo coas facturas do propio Concello, este estaría a prestar asesoramento en temas de expedientes urbanísticos, licenzas e incluso ultimamente na legalización de edificacións “non legais”. Seguir lendo »

Caamaño pregunta polo cambio de sentido do Paseo de Santo Tomé

O voceiro do BNG vén de presentar unha pregunta ao Alcalde na que se fai referencia ao moi recente cambio da rúa do Paseo Marítimo de Santo Tomé. Agora o Concello fixou só de un sentido (sentido San Tomé) esta estrada que acompaña ao Paseo. O voceiro do Bloque lamenta esta decisión, posto que segundo el este vieiro é o máis empregado polo veciños para viaxar cara o centro da vila, e agora terán que facelo pola Avenida de Galiza e o cruce de Catro Camiños está regulado por semáforos. Algo que cre Caamaño, pode realentizar o tráfico da zona.
O voceiro do Bloque pregúntalle a Aragunde se informou aos veciños de Santo Tomé deste cambio, cales son as vantaxes para eles da nova situación e se esta vai ser definitiva ou temporal.

65 traballadoras de Guau, á rúa

Esa é a mala nova que os xornais comarcais reflicten hoxe nas súas páxinas (recomendado o repaso á historia  asinado por Maruxa Alfonso na Voz). Sesenta e cinco traballadoras da conserveira Guau (cuxo nome é en realidade Alimentos Arousa agora) quedan sen empregos desde que o pasado 11 de Novembro a fábrica aparecera pechada. Din que de momento non se mobilizan porque non hai nin dirección nin empresarios contra os que manifestarse, pero desde a CIG si anuncian que presentarán demandas por despido improcedente. Seguir lendo »

As obras da Avenida de Galicia causan agora cortes de auga

Nas últimas semanas as obras de remodelación da Avenida de Galicia, a arteria principal de Cambados, foron obxecto de polémica sobre a ideonidade do ancho das beirarrúas, do espazo para aparcamento, da pouca organización na planificación do tráfico… Seguir lendo »

Sobre a remodelación da fachada marítima

Este é un asunto que, dada a súa traxectoria, xa ocupou liñas da antiga Cambados tk, alá polo verán de 2006. Naquel especial que sacamos para tentar debullar o asunto da renovación da fachada marítima cambadesa, colgabamos un recorte de La Voz de Arousa de 2004 (11 de Xaneiro) cuxo titular dicía así: “La Xunta proyecta para Cambados un área lúdica en el puerto como la TIR”. No interior da nova dicíase que o proxecto recollía a creación dunha zona comercial e lúdica con pubs, bares e minicines como a de Vilagarcía de Arousa. Ademais sinalábase que se faría un dragado para que puidesen entrar embarcacións a uns novos pantaláns. en San Tomé. O proxecto tocaba tamén o histórico peirao en T de Cambados, arredor do cal se instalarían edificios aos que se pretendía levar a zona da movida de Cambados. Seguir lendo »

Plan do Litoral IV: Cambados e o POL definitivo


O pasado día 10 de Febreiro a Xunta de Galicia publicaba no DOG o decreto 20/2011 no cal se aproba definitivamente o Plan de Ordenación do Litoral (POL). Xa hai un ano comezaramos en CTK unha serie de artigos onde tratamos de explicar que era o POL e cales eran os precedentes na lexislación, como afectaba o POL provisional ao desenvolvemento urbanístico de Cambados e por último cales fora as posturas dos grupos políticos arredor deste importante asunto.

Lembremos que no caso de Cambados o POL ten especial relevancia posto que, ao non contar cun Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) -e dos motivos de por que non o temos habería moito que falar- o futuro goberno de Cambados que saia das urnas en Maio verase obrigado a cumprir escrupulosamente o que no POL se diga á hora de redactar o PXOM. Polo tanto o que se di no POL é de obrigado cumprimento por ser unha norma de arácter superior e ditará o futuro urbanístico de Cambados.

Erros que continúan no POL definitivo

Tralo período de alegacións hai que salientar que, por desgraza, os maiores erros que se comentaban en Cambados(tk) hai un ano seguen a estar vixentes.

A zona do Campo Verde (e unha zona bastante grande en superficie, por certo) segue a estar considerada como Zona de mellora ambiental e paisaxística, na que en principio non se permite construir. O mesmo o ocorre con terreos na zona da Pastora-Os Olmos, que seguen a ter esta calificación nos mapas do POL definitivo. Son terreos que para nada condicionan a protección do litoral nin teñen características naturais que requiran esa definición, e que deberían ser zonas de crecemento urbanístico para o noso Concello.

A única mellora neste sentido radica na zona da variante do Salnés lindando coa Avenida de Vilariño (a estrada que pasa por detrás do instituto Cabanillas) que deixou de ser, do POL provisional ao definitivo, zona de mellora ambiental. [podes ver no mapa as zonas que se mencionan rodeadas por un círculo laranxa, preme na imaxe para ampliar]

As posicións dos partidos en Cambados

O alcalde, Luís Aragunde, dixo que non era certo que non se poida construir nas zonas mencionadas, e alegou que o artigo 63 do decreto do POL permite facelo. Pasando por alto que o artigo ao que se refire é en realidade o 64 (un lapsus teno calquera), é certo que si di que se permitirían excepcións, pero como di a palabra, son excepcionais e os futuros responsábeis do Concello atoparán un problema á hora de ordear eses terreos cando o único que tería que ter feito Aragunde era alegar ante a Xunta e que eses terreos foran considerados o que deberían ser: urbanizábeis.

Respecto á oposición, xa gabara no artigo de 2010 a política do Bloque porque era a única formación que estaba a referirse aos planos oficiais da Xunta e non a invencións (como Aragunde) ou simplemente a cuestións de menor importancia como a toponimia (PSOE). A actividade do grupo de Tabuyo hai que dicir que mellorou (…tamén é doado mellorar a nada) e ultimamente referíronse por fin a terreos concretos. O BNG e Caamaño seguiron co mesmo discurso, que é basicamente o que se ten explicado neste artigo, porque é o que responde á realidade dos documentos oficiais e que todo o mundo pode comprobar accedendo á web oficial do POL.

Como conclusións destacaría que:

-O POL mantén na versión definitiva erros que dificuldarán o desenvolvemento urbanístico de Cambados en zonas lóxicas, como Campo Verde, Pastora-Olmos, etc.

-Os erros poderían terse evitado se o Concello exercera o papel que lle corresponde e llos comunicara á Xunta de Galicia por medio de alegacións e outras accións. E tamén se o Concello tivera redactado xa o PXOM, que por certo o PP prometeu aprobar nesta lexislatura que remata.

-A oposición, especialmente o Bloque, está a exercer o papel que lle correspondería aos de Aragunde: velar polos intereses de Cambados.

*Documentos

Ademais de poder acceder a eles (non sen algo de complicación) desde a web oficial, deixamos aquí os do noso Concello:

-Plano de Cambados. Inclúe Corbillón e Vilariño

-Plano de Castrelo.

*Os artigos de 2010

Febreiro de 2010 (Sobre o POL provisional)

Plan do Litoral I: Unha lectural xeral

Plan do Litoral II: A influencia en Cambados

Plan do Litoral III: As posturas en Cambados

Quitarán os cables…os coches seguirán en Fefiñáns

O Concello anunciou un acordo con Unión Fenosa e coa Xunta polo cal se poderá realizar por unha banda a retirada do transformador que está situado a carón da Torre da Homenaxe e por outro lado eliminar os cables eléctricos aéreos da zona da Praza de Fefiñáns. Unha medida que foi reclamada en máis de unha vez pola oposición. Unha medida positiva, agora falta que se cumpra o prometido, xa que en 2005 fíxose un anuncio das mesmas caracterísiticas do que a prensa comarcal dicía “en las próximas semanas, el Concello y Unión Fenosa firmarán un convenio de colaboración para eliminar el transformado”. Esperemos que en cinco anos non se volva a anunciar a obra.

O que aínda non puidemos escoitar foi un anuncio da eliminación dos vehículos rodados na Praza e nas inmediacións, que é reclamado por unha maioría social e sería beneficioso para o turismo e para o comercio da zona.

Lembra que podes asinar online  pola peonalización seguindo este enlace ou unirte ao grupo en Facebook da causa.

Poderase construir en Alimentos Arousa

No ano 2000 un grupo de empresarios relacionados co sector inmobiliario mercaban a empresa Alimentos Arousa, que atravesaba por unha forte crise laboral.

Daquela, os novos donos xa comunicaran ás traballadoras a súa intención de construir unha nova fábrica no polígono e trasladarse fóra do centro de Cambados. Eran ben coñecidas as intencións dos empresarios de empregar o terreo da fábrica para a construción e venda de vivendas e o tempo non fixo máis que confirmar esta información.

En 2005 presentaron un proxecto de urbanización pero a oposición veciñal desembocou no rexeitamento do Concello en 2006 de dito proxecto. Os veciños protestaba porque contruir na fábrica supoñía desenvolver toda a mazá como unidade de xestión.

Agora, a Xunta vén de aprobar unha modificación ás Normas Subsidiarias que abre a porta á recalificación dos terreos e a posíbel urbanización de Alimentos Arousa.

Cheiros: A TVG faise eco das queixas e un lector escribe para apuntar unha posíbel solución

Hoxe acudiron a Cambados os reporteiros da Televisión de Galicia (TVG) para facerse eco dos malor cheiros que seguimos a padecer os veciños e veciñas do centro da vila.

Na nova, emitida neste mediodía no programa Galicia Noticias, ademais de verse reflectida a opinión de varios viandantes aparece o presidente dos comerciantes de Cambados Zona Centro, Marcos González, quen mantén que os malos cheiros poden provocar unha mala imaxe á xente que vén de fóra.

Podes ver o vídeo premendo no logo:

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

OPINIÓN DUN LECTOR SOBRE AS OBRAS

Sobre a anotación que se facía esta semana acerca das obras no Pombal para arranxar o problema dos cheiros, un lector achéganos a súa opinión. Dicíase esta semana que os operarios traballaban levantando a rúa e cambiando tuberías para rematar cos cheiros, e esta persoa afirma que o que habería que facer sería unha “pequena obra”  que consistiría en “cambiar o burato de lado da alcantarilla” e logo “éngadese o bote sifónico e adeus cheiros”.

Sinala ademais que non cre que sexa necesario cambiar toda a rede de saneamento, senón revisar e levar a cabo esta obra en cada punto negro dos cheiros, posto que tan só consistiría en cambiar as alcantarillas e poñer un bote de plástico fronte a unha grande inversión, e ademais sentenza: “que non nos den gato por lebre e volten a levantar tódalas rúas”.

Se coñeces a solución para o problema ou queres achegar a túa opinión, podes facelo a través do email cambadostk (arroba) gmail.com, a través do Facebook ou como un comentario a esta anotación.

 

Xuño 2012
L M Me X V S D
« Mai    
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.