Non vas estar en Cambados o día 1 de Marzo e queres votar?
Xa está aberto o procedemento par votar por correo nas Eleccións Autonómicas ao Parlamento de Galiza.
Para facelo só tes que acercarte a unha oficina de Correos co teu DNI ou carné de conducir orixinais, non fotocopias, e facer a solicitude. (até 19 de Febreiro)
Desde esa oficina enviarase a documentación conforme solicitas votar por correo e días máis tarde chegará á túa casa todo o que necesitas para votar. Seleccionas a papeleta que prefiras (ou non se votas en branco) e até o día 25 de Febreiro podes levar o sobre a unha oficina de Correos. O envío terá carácter de certificado e urxente, pero ningunha parte do proceso suporá coste para ti, é gratuíto.