Ao empezar o verán de 2005, as dúas forzas que estiveran dazaseis anos na oposición; PSOE e BNG, asinaban o seu acordo de Goberno. O contrato que marcaría os pasos a seguir desde a Xunta de Galicia e o reparto das consellarías entre os dous partidos. O Partido Popular de Galicia, historicamente ao fronte do goberno, pasaba á oposición.
Chegados a este momento, é preciso facer balance, preguntarnos diversas cuestións: defraudou o chamado Goberno do cambio?, cales foron os avances acadados e cales foron os erros cometidos? cal foi a responsabilidade de cada un dos dous partidos nestes tres anos e medio de lexislatura? ten posibilidades reais o PP de retornar á presidencia?
Penso que a día de hoxe, vai sendo hora de que cada un de nós reflexione e analice que é o que fixo cada un dos actores políticos no noso país, delimitando as áreas nas que tivo competencia no caso dos que gobernaron e xulgando á oposición, que sempre merece análise apesar de non contar con capacidade de decisión executiva.
Pola miña parte, agardo ir dando pinceladas nos vindeiros días acerca de todos estes temas. E os que queirades intervir, sabedes que tedes abertas as diferentes canles para facelo neste espazo.
Participan Alfonso Rueda (PPdeG), Ricardo Varela (PsdeG-PSOE) e Alfredo Suárez Canal (BNG). Foi emitido o pasado mércores pola noite na Televisión de Galicia.
A comparsa remite o seu famoso Contrabando (na alcaldía) deste ano. É o número 24 desde que comezaron a publicalo polo Entroido. Coma sempre, o texto vén cargado da actualidade política municipal e galega con humor e ironía. Este ano centrado nas Autonómicas, como non podía ser menos. Preme na imaxe para amplialo.