//
arquivo

Archive for

Nova Producións trae a Lori Meyers a Cambados


[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/eeDjm68de9Y" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

 

Así o anuncian no último número do fanzine Despregable que edita a Embaixada Prusiana (por certo,  xa van polo exemplar 20).

Nova Producións está a argallar un festival de música que se celebraría segundo ese anuncio en plena Semana Santa. O cartel que publicitan está composto por uns sete grupos, entre os que se atopan Henry Warnimont (Cambados), Los Hijos Bastardos de Peter Lorre (Sanxenxo), Airas (Barrantes), CatPeople (Barcelona) e Lori Meyers (Granada). Estes dous últimos grupos pertencen á escena estatal de indie-pop. Lori Meyers ten publicados tres discos no mercado, o último editado o pasado ano e titulado Cronolánea. O pasado 15 de Xaneiro visitaron o noso país, presentando o seu traballo na Sala Nasa de Santiago de Compostela. Daquela o prezo que había que pagar era duns 15 euros a anticipada.

Na propaganda de Nova Producións non aparece o prezo que terá a entrada, pero si o lugar de celebración, que será o pavillón do colexio de San Tomé.

Felicitamos á produtora cambadesa por este novo evento e sobre todo por incorporar a artistas da zona e incluso principiantes  nun cartel que de seguro que atraerá a numerosos fans do indi da comarca e do país.

Concerto de sábado de Entroido. Los Hijos Bastardos de Peter Lorre


O Rif-Rock (Infantas 13) continúa organizando concertos na noite cambadesa, incluso no Entroido. Este sábado a partires das once e media da noite teremos a oportunidade de ver e escoitar a unha banda que trae novo disco: Los Hijos Bastardos de Peter Lorre. 

E aquí podedes tedes un dos temas que interpretaron na súa última comparecencia neste pub, en Novembro do ano pasado. Nesa ocasión contaron cun colaborador de luxo: o contrabaixista Pacho Charlín. Desta volta, o Rif anuncia convidados especiais…haberá que estar alí para descubrilos.



Nas redes sociais

Febreiro 2009
L M M X V S D
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
232425262728  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.