Ás veces falamos moito de Ramón Cabanillas pero fáltanos ler máis nel, coñecelo directamente e disfrutar coas súas verbas. Por iso, aproveitando este 2009 Ano Cabanillas e todas as publicacións que viron e verán a luz, irei colgando anacos de textos que recollen esas novas publicacións.
Que vaia esta dedicatoria á súa vila como anticipo do Ano Cabanillas particular de Cambados(tk).
A ti, meu Cambados, probe e fidalgo e
soñador, que ó cantareiro són dos pinales
e ó agarimo dos teus pazos lexendarios,
dormes deitado ó sol, á veira do mar.
Dedicatoria en Vento Mareiro. Recollido de Polo Salnés con Ramon Cabanillas (CANDEA-Eduardo Baamonde)
Conversa
Os comentarios están pechados.