//
estás a ler...
Cambados

Víctor Caamaño denuncia que os orzamentos do Concello son continuístas, irreais e antisociais


vitorxerais08

O BNG  vai votar en contra do plan orzamentario para este ano que presenta o Goberno local do Concello de Cambados (PP).

Víctor Caamaño, portavoz desta formación, mantén que se trata duns presupostos continuístas, xa que seguen a obviar o consello da intervención económica : “rematar coa realización de calquera tipo de gasto  que careza de crédito orzamentario dispoñible, adecuado e suficiente”.  
Máis de 40 partidas (que suman uns 400.000 euros) aparecen coa cabeceira: “Recoñecemento extraxudicial de facturas”, o que amosa a nula planificación económica do goberno de Cores Tourís.

O BNG aposta por reducir a partida de “Festexos”, e máis nun ano de crise económica como o actual. Como o pasado ano, esta partida absorbe 300.000 euros, e aínda así o BNG denuncia que cada ano aumenta o déficit que acumula a organización do evento. Propoñen tamén os nacionalistas fixar criterios razoábeis para os convites do Xantar do Albariño.

O Bloque Nacionalista Galego denuncia tamén que o Concello mantén postos de traballo innecesarios, como o de asesor xurídico, ou xefe-oficial da Policía Local, figuras que non recollen Concellos de tamaño similar ao noso. Tamén se prevén as prazas de Asesor de comunicación e auxiliar de comunicación, e o BNG cre  que un Concello coma o noso non ten por que contar un gabinete deste tipo. Ademais , según o voceiro nacionalista, contémplanse “numerosas prazas non fixas destinadas a non se sabe que, (de persoal  que desempeñará a función de interventores nas campañas electorais)”.

Pola contra, o BNG cre que hai partidas que non poden manterse intactas ou reducirse, e máis nun período de dificuldades económicas como este, e poñen de exemplo a partida destinada ao mantemento de centro escolares, que en 2007 era de 40.000 euros, en 2008 de 25.000 e agora segue nesa cifra, a pesar de que se inclúe o Conservatorio de Música nese gasto. Denuncian tamén a redución dos fondos de emerxencia social, que pasaron de 30.000 euros (2007) a 10.000 euros (2009).

Por último, os nacionalistas recriminaránlle ao goberno no pleno de hoxe a súa falta de compromiso cos proveedores, xa que o ente local ten débedas con eles desde 2003 por un valor de 2.700.000 euros.

Caamaño resumirá deste xeito a súa oposición a estes orzamentos:
 

“Porque son continuístas e orzamentos deste tipo  levaron á tesourería do concello a un déficit económico.

Porque son irreais e mostran unha clara falta de planificación e a irresponsabilidade á hora de xestionar os recursos económicos do concello.

E porque son antisociais e nunha época de crise non se acordan dos máis necesitados.”

 

Advertisements

Conversa

Os comentarios están pechados.

Nas redes sociais

Abril 2009
L M M X V S D
« Mar   Mai »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: