//
estás a ler...
Artigos de opinión, Cambados

O PSOE de Cambados ou "como liderar a oposición absténdote cando estás en contra"


psoeEntérome pola prensa da postura adoptada onte no pleno polo Partido Socialista de Cambados no referente á aprobación dos Orzamentos para 2009.

Resulta que os socialistas cambadeses, que ollo!, lideran desde hai dous anos a oposición no noso Concello, fixeron uso-outra vez máis- da abstención á hora de votar os plans económicos do Goberno para o presente exercicio.

Observando a actitude do, insisto, principal partido da oposición, podería parecer que o goberno de Cambados é magnífico e as contas apresentadas son realistas e, como tanto gusta dicir agora, son austeras nun momento de crise económica.

Pero é que resulta curisoso que o voceiro da formación, Rafael Blanco, argumentou en contra dos orzamentos  resaltando que a inversión pasaba desde os máis de 3 millóns de euros a tan só 500.000 euros, que os gastos en teléfono soben desde os 10.000 até os 40.000 euros mentres se reducen as partidas para emerxencia social.
E cito agora literalmente palabras do concelleiro do PSOE: «Tes máis gasto de teléfono que de emerxencia social». 

rafaelblanco3

Blanco tamén se referiu a que as partidas para dietas se multiplican por trece, que se desoe á interventora municipal na redución do gasto, ou que o Concello aínda teña débedas cos seus proveedores porque cando se adquire material non se fai por medio de contratos.

Aínda así, os cinco concelleiros socialistas decidiron absterse na votación. 

Quen lea isto podería preguntase por que o PSOE decidiu que non votaría en contra, que optaría por absterse, a pesar de argumentar como o fixeron…permitídeme que copie e pegue un frase do Diario de Arousa:

En esta ocasión, los populares sólo se encontraron con el voto en contra del BNG, ya que el PSOE, basándose en el principio planteado por Zapatero, optó por la abstención, si bien toda la línea argumental de su discurso evidenciaba bien a las claras que no compartían el documento presentado por el grupo de gobierno.

E aquí teño que pararme e pensar en alto: ou ben o xornalista do Diario que redactou este parágrafo non se luciu na súa explicación, ou moi baixo é o perfil político dos concelleiros do Partido Socialista en Cambados.

Sexa como for, o que parece claro é que a dous anos das eleccións municipais as cousas atópanse peor do que eu mesmo pensaba: Resulta que temos un goberno sostido por 9+5 concelleiros e unha oposición de tan só 3 concelleiros!

Advertisements

Conversa

Trackbacks/Pingbacks

  1. Pingback: Cambados(tk) » ¿Que es austeridad? ¿Y tú me lo preguntas? - 28/04/2009

Nas redes sociais

Abril 2009
L M M X V S D
« Mar   Mai »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: