//
estás a ler...
Artigos de opinión, global

A independencia en política


rosaaguilarHoxe coñecimos que Rosa Aguilar, até o de agora alcaldesa de Córdoba por Izquierda Unida (IU), vai aceptar o ofrecemento do novo Presidente de Andalucía (PSOE) para desempeñar un novo labor como Consejera de Obras Públicas nesa comunidade autónoma.

Pouco máis de unha hora despois, Aguilar foi expulsada de IU (polo menos verbalmente) polos seus compañeiros de partido por ter aceptado un cargo de alta responsabilidade no executivo por parte do Presidente. Eles argumentan que un militante da formación esquerdista non pode formar parte dun goberno do PSOE en maioría absoluta, máis aínda cando a posición do seu partido foi votar en contra na sesión de investidura.

E nun primeiro momento estas razóns parecen lóxicas, sobre todo enmarcadas na forma de facer política que hai en España e no noso país. Unha forma de facer política baseáda necesariamente na pertenza a unha formación determinada e na aceptación e defensa case dogmática dos principios que esta defende.

Un estilo que pouco espazo deixa para as divagacións persoais e a lexítima discrepancia polo feito de que, ao concurrir a unhas eleccións baixo listas pechadas, calquera pode quedar fóra na seguinte confección de candidaturas, non hai unha medición do que opina a cidadanía sobre cada persoa en concreto, é dicir: quen non pare quieto non sae na foto. E polo tanto os propios políticos, e cada vez máis, se convirten nunha especie de instrumentos de partido que pouco se diferenzan dos seus compañeiros de filas e polo tanto producen (aínda máis) desapego por parte da cidadanía.

Pero eu tamén podo ver o acontecemento de hoxe de outro xeito: Por que non pode aceptar unha persoa, por moito  carné de partido que teña, a responsabilidade que lle require o seu Presidente se o considera oportuno? É que debería ser do máis normal!

Imaxinemos que na última remodelación que fixo o Presidente Zapatero, en lugar de elixir a José Blanco como ministro de Fomento fixera o propio cun político con outra militancia, por exemplo, cun nacionalista galego? Porque considera exemplar a súa valía persoal, política e mesmo profesional. Acaso non podería aceptar esa encomenda e ser fiel aos seus principios e ideais políticos? Eu penso que si. Penso que ese tipo de cuestións, nin se poden  aceptar sen máis nin rexeitar de plano, como se fai hoxe en día, polo menos en España. E non estou entrando no caso particular da señora Aguilar, simplemente me serviu de catalizador para deixar esta reflexión aquí; tamén se me vén á mente o recente nomeamento do converxente Ignasi Guardans no goberno español.

É que noutros países, a saúde democrática goza de maior percorrido. Aquí, mesmo dentro das organización políticas -non digamos fóra- ou estás comigo, ou contra min.

Imaxe extraída de EcoDiario 

Advertisements

Conversa

One thought on “A independencia en política

  1. que bo artículo óscar! segue así!!

    Posted by comomepos | 24/04/2009, 9:11 am

Nas redes sociais

Abril 2009
L M M X V S D
« Mar   Mai »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: