//
estás a ler...
Cambados, Galiza

Os populares cambadeses son chamados á nova Xunta


luisaragundeeanabelcarroOnte o propio alcalde de Cambados, Cores Tourís, recoñeceu a súa marcha á nova Xunta de Galicia para ocupar o posto de delegado territorial en Pontevedra (figura tamén coñecida como superdelegado). Pero ademais introduciu unha novidade no asunto: a até o de agora concelleira de Cultura Anabel Carro vai acompañalo ocupando un posto no departamento de Tourís.

Deste xeito, Luís Aragunde sería investido alcalde logo de que o actual rexedor renuncie para a semana e pouco despois Anabel Carro faría o propio coa súa acta para acudir ao posto do Goberno Galego. Obviamente, Carro habería de esperar a que Luís Aragunde fose elixido alcalde de Cambados para renunciar como concelleira para non deixar o grupo actual de goberno en minoría nesa importante votación.

Os novos concelleiros populares, seguindo a lóxica da lista da dereita en cambados, serían María del Mar Castro e Antonio Iglesias Pombo. Queda por coñecer quen ocupará a Concellería de Cultura cando se faga efectiva a marcha de Anabel Carro.

Aragunde: “Os meus antecesores foron uns auténticos monstros políticos”

O vindeiro alcalde do Concello prometeu un labor de goberno continuísta co de Cores Tourís aínda que con ideas propias e salienta que a política que a el lle gusta é a municipal. Do mesmo xeito, calificou aos seus mestres na política como auténticos monstros.

OUTROS CARGOS VINCULADOS A CAMBADOS 

Outros cargos na nova administración relacionados coa nosa vila van ser o propio Conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda Valenzuela, secretario do Concello e secretario xeral do PPdeG, do cal dependerá directamente a superdelegación de Cores Tourís e o que fora asesor xurídico do Concello de Cambados, Norberto Uzal Tresandí, que foi nomeado Director Xeral de Administración Local no día de onte.

Imaxe extraída de Faro de Vigo

Advertisements

Conversa

Os comentarios están pechados.

Nas redes sociais

Abril 2009
L M M X V S D
« Mar   Mai »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: