//
estás a ler...
Cambados, Galiza

El País xa descubriu que Norberto Uzal estivo vinculado á Falange


norbertouzalO diario español El País publicou na súa páxina web unha nova na que sinala que o novo Director Xeral de Administración Local, Norberto Uzal Tresandí, concorreu ás eleccións europeas de 1994 no posto número 4 da lista da ultradereita .

Algo que non publicou o xornal é que en 1996 volta a concorrer nunhas eleccións baixo a lista da Falange nun posto de suplente para o Senado.

El País tamén se fai eco dunha entrevista que o novo Director Xeral concedeu a La Voz de Galica en 2002 na que mantiña que levaba 6 ou 7 anos desvinculado desta formación política da ultradereita.

Norberto Uzal Tresandí foi asesor xurídico no Concello de Cambados e a finais de 2007 foi nomeado membro dos órganos de dirección da Federación Galega de Municipios e Provincias (FeGaMP).  A partires de agora desempeñará o seu labor como alto cargo na nova Xunta de Galicia presidida por Alberto Núñez Feijoó na Consellaría de Presidencia.

Fotografía extraída de La Voz de Galicia

Advertisements

Conversa

Os comentarios están pechados.

Nas redes sociais

Abril 2009
L M M X V S D
« Mar   Mai »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: