//
arquivo

Archive for

Outro ano máis despedindo a Caracol


caracol2009A compañía de teatro Caracol, dirixida por Olga González Vilas, realizou onte as últimas dúas funcións da obra deste ano: A bruxa do Oeste. Como en anos anteriores, este equipo de persoas que comezou de xeito amateur facendo teatro para os sus propios fillos e que xa é toda unha compañía experimentada, non defraudou o máis mínimo. Decorados detallistas e cambiantes, incorporación de novas caras ao plantel de actores e actrices e unha Olga que se luce ao subir ao escenario.

Esta foi a miña impresión este ano. Agardo que o vindeiro sigan facendo disfrutar a tantos nenos (e tamén a tantos xa non tan nenos). Parabéns a todos os que participaron.

Imaxe extraída da web de Unha Grande Chea.

Aragunde desvela como serán estes dous anos


luisaragundeO alcalde de Cambados en funcións, a falta de que se convoque o pleno extraordinario para nomealo alcalde, desvelou varios eixos de actuación do que van ser estes dous últimos anos da lexislatura que remata en 2011.

Luís Aragunde anunciara hai uns días que o seu sería un executivo continuísta con respecto ao de Cores Tourís. E así o reafirmou pregunta por pregunta contestando a Anxo Martínez no Faro de Vigo. A non peonalización de Fefiñáns, a construción do porto deportivo, a potenciación da Festa do Albariño coa presenza do Presidente da Xunta, continuar coa provisionalidade na Policía Local…

Como proxectos importantes salientou a creación dunha Senda Verde na desebocadura do río Umia, unha depuradora en Cabanelas (aínda que non pertence a Cambados), un paseo marítimo polo Saco de Fefiñáns e Tragove con posibilidade dunha praia artificial na zona e citou xenericamente á cultura e aos servizos sociais.

Fotografía tomada do Faro de Vigo

Nas redes sociais

Maio 2009
L M M X V S D
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.