//
estás a ler...
Cambados

Programación de Maio da Rede de Dinamización no Centro Comarcal do Salnés


 

 

sociedadedainformacion

 

O Centro Comarcal do Salnés e a Rede de Dinamización da Sociedade da Información ten programados para o mes de maio diversos obradoiros.

En colaboración coa Asociación de Amas de Casa Albariño está previsto a realización de dous obradoiros de ”Alfabetización Dixital: Informática e Internet”, os días 5, 7, 12, 19 e 21 de maio en horario de 10:30 a 12:30 horas e “Manexo da cámara dixital”, os días 6, 13, 20 e 27 de maio en horario de 19:00 a 20:30 horas.

En colaboración coa Asociación de Veciños de Oubiña levarase a cabo un obradoiro de “Iniciación ao Procesador de textos” os días 4, 5, 7, 11, 12 e 14 de maio en horario de 19:45 a 21:15 horas.

Así mesmo, o día 26 de maio no Centro Social de Oubiña, celebrarase a charla – coloquio “Internet no sector do agro” dirixida a persoas que se adican á agricultura. A hora de comezo será as 20:30 horas.

O Centro da Rede está aberto ao público en xeral (excepto cando hai obradoiros) para que calquera persoa poida facer uso do seu equipamento e/ou conectarse a Internet.  O horario é de luns a xoves de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 horas e os venres de 9:30 a 15:00 horas. Todos estes servizos son de balde. 

Advertisements

Conversa

Os comentarios están pechados.

Nas redes sociais

Maio 2009
L M M X V S D
« Abr   Xuñ »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: