//
arquivo

Archive for

Xaquín Charlín (Chon) tamén fala de Cores Tourís no Aturuxo


aturuxo

O presidente de Unha Grande Chea, Xaquín Charlín -e máis coñecido como Chon- fala na súa columna semanal no xornal Aturuxo do relevo no concello de Cambados.  Chon, repasa por riba a xestión que levou a cabo o xa ex alcalde de Cambados,  José Manuel Cores Tourís,e deséxalle a Luís Aragunde que faga algo que, na súa opinión, obviou o primeiro: “ser o alcalde de tódolos cambadeses”. Podedes ler o artigo premendo nesta ligazón.

E este xoves tamén nova actividade do Ano Cabanillas, desta volta en Vilagarcía de Arousa


exposicioncabanillas

CANDEA, a asociación de ensinantes do Salnés que este ano está especialmente activa na organización de actividades do Ano Cabanillas, volta á carga pero desta volta faino no Concello veciño de Vilagarcía de Arousa.

Alí, as 20:30 do xoves 7 no Auditorio, inaugura unha exposición fotográfica colectiva (que reune a artistas e fotoxornalistas como José Luiz Oubiña, Quico Álvarez, Martina Miser, Iñaki Abella, Carlos Puga, Eduardo Apariz, Emilio Moldes…) que nós xa tivemos ocasión de ver no noso Concello. Pero ademais terá lugar tamén a presentación do libro que leva o mesmo nome que a exposición, Polo Salnés con Ramón Cabanillas, de Eduardo Baamonde, tamén presentado naquela ocasión no Centro Comarcal.

Para quen o perdera daquela, que non o dubide. Colabora a concellería de Cultura do Concello de Vilagarcía de Arousa.

Este xoves Cambados.tk cumprirá o seu cuarto aniversario


bannerctk

Cambados.tk, a que se daba en chamar “web crítica non oficial do Concello de Cambados”, vai cumprir catro anos este xoves 7 de Maio, a pesar de que xa transcurriu bastante máis desde que se subiu a primeira versión.

Haberá entrada especial no blog, se non o propio día, a fin de semana seguinte. Catro anos de Mudar Cambados meréceno ben.

Nas redes sociais

Maio 2009
L M M X V S D
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.