//
estás a ler...
Cambados

4 anos baixo a óptica laranxa


pancarta1Cambados.tk cumpre xa catro anos oficiais. E se digo oficiais é porque a vida virtual da web é algo maior.

Naceu como un proxecto de fin de trimestre para unha asignatura de informática de 4º de ESO, se non me equivoco. E grazas ao profesor, Marcos (ao que lle envío un saúdo desde aquí, aínda a riesgo de que non lle chegue) aquela páxina cutreira e moi básica colgouse en Internet baixo o dominio .tk, o que logo lle deu á web o nome e a identidade (non é difícil escoitar a alguén referirse á cambados.tk simplemente como “tecá”).

Dende aquela a web foi evolucionando, sobre todo polo feito de que empezou a ser coñecida (contribución moi importante foi o nacemento do espazo de  Unha Grande Chea a finais de 2005) e tamén porque atraeu un bo número de colaboradores: nestes anos podo contar unhas vinte ou trinta persoas que tiveron algunha aportación a CTK.

Incluso conseguiuse que os contidos da páxina chegaran a outro tipo de público coa edición autofinanciada de 2 boletíns, publicados en papel laranxa, por medio da venda daquelas camisolas e a colaboración de negocios locais que contribuiron a través da publicidade. Chamámolo Mocidade en Marcha.escudoctk

E cambados.tk influiu tamén na política. A política local foi o eixo arredor do cal xirou o que se chamou a “marea laranxa” . O compromiso polo cambio en Cambados. É certo que este obxectivo aínda non o vimos cumprido, pero é certo tamén que este humilde espazo na rede si abriu as portas ao coñecemento e ao debate, xa non só sobre política senón que promocionou a discusión a todos os niveis por medio dun libro de visitas aberto que moitas veces non foi aproveitado de xeito positivo.

Cambados.tk mudou até 5 veces de deseño, até chegar ao que é hoxe: Convertida nun blog persoal en blogaliza, aínda que como sempre aberta a calquera tipo de colaboración, mais CTK xa non é o que era. Eu, persoalmente, boto en falta ese contraste de ideas e de artigos que tiveramos a ocasión de vivir durante algún momento puntual da curta historia desta páxina. Por iso me me gustaría que un novo Mocidade en Marcha vira a luz este verán, porque penso que hai moito do que falar e son tamén moitos os que deben falalo.

Desde aquí so me queda agradecer a todo o mundo que colaborou e colabora e especialmente a aqueles que protagonizaron e aos que lles pertencen estes catro anos: a todos os que entrades e ledes. Grazas.

Advertisements

Conversa

2 thoughts on “4 anos baixo a óptica laranxa

  1. Felicidades!

    Posted by noia.tk | 06/05/2009, 11:58 pm
  2. presidente, presidente!!!
    noraboa oscar

    Posted by Mon | 07/05/2009, 3:28 pm

Nas redes sociais

Maio 2009
L M M X V S D
« Abr   Xuñ »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: