//
estás a ler...
Artigos de opinión, Galiza

Dous Vázquez na oposición


pachivazquezOs dous partidos que perderon as eleccións de Marzo decidiron, acertadamente, sentarse e facer borrón e conta nova. O propio Touriño dimitiu inmediatamente e Quintana, aínda que tardou días en facelo, rematou por dar o paso e por apartarse do proceso de renovación no BNG.

Seguindo os dous mecanismos de rectificación que levaron adiate PSOE e BNG podemos albiscar as grandes diferenzas que exiten entre os dous, pero tamén o semellante no resultado final.

As diferenzas son claras e patentes: o PSdeG non ten autonomía e os seus cónclaves están totalmente condicionados por aquelo que din os baróns en Madrid (foron clarificadoras neste sentido as declaracións de José Blanco apoiando a Pachi Vázquez incluso antes de que este se postulase). No PSdeG non houbo discrepancias que se traduciran na presentación de alternativas, quizais debido a unha menor cultura democrática interna que comparten cos populares.

O BNG, pola súa banda, non conta con esa superestrutura argallada na capital de España, sempre se valeu por si mesmo. Iso propiciou un proceso moito máis lento pero tamén algo máis participativo e orixinal (a pesares de que a dirección nacionalista se empeña en  camiñar na dirección dos partidos maioritarios na súa toma de decisións).guillermevazquez

E no BNG foron 4 as candidaturas que se presentaron o pasado 10 de Maio para o Consello Nacional, e dúas para a Executiva (a da UPG de Guillerme Vázquez e a dos ex-quintanistas de Carlos Aymerich).

Mais como xa dixen, se ben o resultado non é o mesmo, si podemos dicir que é paralelo.

Os 2 partidos aúpan á súa dirección a persoas – Pachi Vázquez no PSdeG e Guillerme Vázquez no BNG- que non supoñen ningunha grande novidade en cada casa, que levan aí toda a vida. Ademais asumen o liderato grupos internos que xa tiñan parte do control dos partidos durante os pasados anos (Pachi Vázquez pertencía ao sector non touriñista do PSdeG e Guillerme Vázquez foi respaldado pola UPG, dominante sempre na organización nacionalista).

Como colofón desta pequena análise eu penso que a decisión dos militantes socialistas e nacionalistas resúmese en dotar aos seus partidos de líderes provisionais e moi pouco carismáticos. Respectando cada un dos procesos e aos militantes que tomaron parte neles, coido que haberían de ser máis valentes para que o obxectivo de desaloxar ao PP da Xunta en catro anos sexa de verdade factíbel. Non hai tempo para transicións.

Imaxes extraídas de La Voz de Galicia e A Nosa Terra

Advertisements

Conversa

Trackbacks/Pingbacks

  1. Pingback: Cambados(tk) » Resumo do 2009 político - 31/12/2009

Nas redes sociais

Maio 2009
L M M X V S D
« Abr   Xuñ »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: