//
arquivo

Archive for

Catro maneiras de pasar o sábado 16 e unha para a mañá do 17


bngÁs 8 da tarde, o Bloque Nacionalista Galego celebra a súa tradicional ofrenda floral no monumento de Ramón Cabanillas con motivo do día das letras galegas (recordemos, este ano adicado a Ramón Piñeiro).

premioramoncabanillas6

Ás 9 arranca no Auditorio da Xuventude a entrega do VI Premio Ramón Cabanillas, que como xa se explicou desde este espazo recaerá desta volta no filólogo cambadés Francisco Fernández Rei. O acto combinará poesía e música.

E como colofón, pola noite,  mentres os libreiros de Cambados cean co premiado terá lugar outra cea: a do Club Xuventude Cambados, como celebración do seu ascenso a preferente. Será no Salón Forniños ás once da noite e inclúe barra libre por 35 euros.

stonerandsmoker

No Rif-Rock (Infantas 13) haberá sesión de Stoner&Smoker a cargo do Rifrockerz.djset. Pincharán Munstapha, Kurco Soundsystem e Comomepos.

Un bo surtido de actividades para a xornada do 16 de Maio. E todas relacionados ca lingua, a cultura e os deportes.

E xa o día 17, domingo día das Letras Galegas, haberá manifestación nacional en Santiago de Compostela organizada pola Mesa con lema: O galego, a nosa columna vertebral. A lingua que nos une. Sairá ás 12 da alameda.
Máis info. en Unha Grande Chea, no blog do Rif-Rock e na páxina web do Club Xuventude Cambados.

"En precario", unha novela de Anxo Martínez


enprecario

Miguel Anxo Martínez (1976, Vilanova de Arousa) é coñecido por moita xente como xornalista do Faro de Vigo en Arousa, adoita encargarse dos temas da nosa vila para este periódico, pero non tantos sabíamos da súa outra faceta como escritor.  E vén de estrar a súa novela, En precario.

Segundo Unha Grande Chea, onde recollemos esta información: “En precario  é unha novela áxil e divertida que aborda en clave de humor negro o problema  de milleiros de mozos que padecen a precariedade laboral e dos emigrantes que matan as horas de soidade nos chat. Unha historia de currantes que como non podía ser doutro xeito comeza en luns.”

Votar por correo nas europeas


elecciones-europeas

O vindeiro 7 de Xuño celébranse as Eleccións ao Parlamento Europeo. Se cres que ese día non vas poder estar en Cambados ou simplemente prefires facelo anticipadamente, xa podes solicitar o voto por correo.
O prazo para tal solicitude vai do 14 de Abril até o 28 de Maio e realizarase nunha oficina de Correos co pertinente Documento de Identidade. A partires de aí todos os documentos necesarios serán enviados ao domicilio indicado na petición e esa persoa terá até o día 3 de Xuño para emitir o seu voto, que se materializará por medio dun envío certificado nunha oficina de Correos. Coma sempre, todo o proceso é gratuíto.

Nas redes sociais

Maio 2009
L M M X V S D
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.