//
arquivo

Archive for

A Man Sagrada, a nova curta de Chourizo Films, estrearase o sábado no Auditorio


amansagrada

Como xa se dixo na entrada que facía referencia aos premios Ramón Cabanillas, ademais de poesía e música o acto do sábado ás 9 completarase coa presentación en sociedade da última curtametraxe dos cambadeses Chourizo Films.

Trátase dun filme baseado nun poema do propio Cabanillas que leva por título A man segreda, de aí o xogo que fai o nome da produción.  Protagonízano María Pedreira e Perto Costa, cun guión de Xaco Domínguez e baixo a dirección de Rodrigo Piñeiro e foi rodado no Pazo de Ulloa, na nosa vila. Ten colaboración especial do actor galego Carlos Blanco. 

Isto, sumado ao resto do programa que prepararon as librerías de Cambados (entre a que tamén teño que destacar a actuación do pianista Miguel Costas Piñó) dá bo motivo para achegarse á entrega do premio a Francisco Fernández Rei.

O BNG di que a marcha de Anabel Carro débese a diferenzas internas no PP de Cambados


victordiariodearousaOnte á tarde, Víctor Caamaño e María Xosé  Cacabelos compareceron ante a prensa para analizar a mudanza no goberno local. Para o BNG, máis que un relevo exemplar, como vendeu o Partido Popular o cambio na alcaldía, trátase dun síntoma de que hai problemas no PP de Cambados. Os nacionalistas consideran que o nomeamento de Anabel Carro como asesora non é máis que un intento de alonxar o foco do problema do Concello, xa que sosteñen que é de dominio público que existían diferenzas entre a concelleira de Cultura e o resto do goberno municipal.

Do mesmo xeito, Víctor Caamaño dixo que é inaceptábel que Carro siga á fronte da Comisión do Ano Cabanillas, xa que ao abandonar a acta de concelleira perde a relación administrativa co Concello. Ademais criticou o propio funcionamento da comisión e pediulle ao alcalde que desminta a información de que a ex concelleira seguirá presidíndoa.

RESPOSTA DE LUIS ARAGUNDE

O novo alcalde de Cambados repostoulle ao BNG cunha frase moi gráfica: «Que non se preocupen tanto da casa dos demais cando é sabido que onde hai problemas internos é no BNG». Mantén que o transpaso de poderes foi en todo momento modélico e ademais sinala que ratifica a Anabel Carro como presidenta da Comisión do Ano Cabanillas, xa que é a persoa “que máis sabe da organización do Ano Cabanillas, ela foi a que coordinou a idea desde o principio e a que tivo a relación con todas as persoas que están relacionadas con este evento.”

Imaxe extraída de Diario de Arousa

Ramón Cabanillas Enríquez. Libro homenaxe dos centros de ensino.


cabanillas-librocolexios

O mércores 20 de Maio nova actividade relacionada co Ano Cabanillas 2009. Desta volta voltan a ser os profesores da comarca os impulsores do evento. No colexio San Tomé de Cambados presentarase o libro Ramón Cabanillas Enríquez. Homenaxe dos Centros de Ensino do Salnés.

Esta publicación é froito do traballo que realizaron nos últimos meses os centros da comarca que participaron no proxecto ANO CABANILLAS. Será as 6 da tarde.

Nas redes sociais

Maio 2009
L M M X V S D
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.