Onte á tarde, Víctor Caamaño e María Xosé Cacabelos compareceron ante a prensa para analizar a mudanza no goberno local. Para o BNG, máis que un relevo exemplar, como vendeu o Partido Popular o cambio na alcaldía, trátase dun síntoma de que hai problemas no PP de Cambados. Os nacionalistas consideran que o nomeamento de Anabel Carro como asesora non é máis que un intento de alonxar o foco do problema do Concello, xa que sosteñen que é de dominio público que existían diferenzas entre a concelleira de Cultura e o resto do goberno municipal.
Do mesmo xeito, Víctor Caamaño dixo que é inaceptábel que Carro siga á fronte da Comisión do Ano Cabanillas, xa que ao abandonar a acta de concelleira perde a relación administrativa co Concello. Ademais criticou o propio funcionamento da comisión e pediulle ao alcalde que desminta a información de que a ex concelleira seguirá presidíndoa.
RESPOSTA DE LUIS ARAGUNDE
O novo alcalde de Cambados repostoulle ao BNG cunha frase moi gráfica: «Que non se preocupen tanto da casa dos demais cando é sabido que onde hai problemas internos é no BNG». Mantén que o transpaso de poderes foi en todo momento modélico e ademais sinala que ratifica a Anabel Carro como presidenta da Comisión do Ano Cabanillas, xa que é a persoa “que máis sabe da organización do Ano Cabanillas, ela foi a que coordinou a idea desde o principio e a que tivo a relación con todas as persoas que están relacionadas con este evento.”
Conversa
Os comentarios están pechados.