//
arquivo

Archive for

M-Clan é o concerto do venres do Albariño 09


mclan

Hoxe adianta La Voz de Arousa que o grupo murciano M-Clan actuará na nosa vila o 31 de Xullo. Así o confirman na propia web oficial da banda, e esta data cadra na semana da Festa do Albariño. A pesar disto, La Voz equivócase no día xa que o 31 de Xullo é o venres e non o sábado do Albariño. Polo tanto, haberá que agardar aínda para coñecer quen será a “estrela” convidada ás festas de Cambados neste 2009.

Fernández Rei: O galego é o idioma propio deste país e precisa unha discriminación positiva


fernandezrei3

Hoxe o Faro de Vigo en Arousa publica unha entrevista do xornalista Anxo Martínez ao académico Francisco Fernández Rei.  Este filólogo cambadés, de Fefiñáns para ser máis exacto, será premiado mañá polos libreiros de Cambados nun acto que dará comezo sobre as 21:00 horas no Auditorio municipal.

Na entrevista, Fernández Rei amósase crítico cos primeiros anuncios do que van ser as medidas relacionadas coa lingua no goberno de Núñez Feijoó, porque considera que van no camiño de desprotexer ao galego. Cre que o único idioma imposto en España é o castelán, xa que existe o deber de coñecelo segundo a Constitución, fronte ao dereito de coñecer os demais idiomas.

Imaxe extraída do Faro de Vigo.

Aragunde reúnese con Louzán para voltar a claudicar no tema da sede do Consello Regulador


Luís Aragunde reuniuse no día de onte co presidente da Deputación, Rafael Louzán, nunha xuntanza onde analizaron diferentes cuestións relacionadas coa nosa vila, como poden ser os actos do Ano Cabanillas, a renovacion da piscina municipal ou a necesidade de aparcamentos no centro.

Aragunde, que está a cumprir ao pé da letra o seu anuncio de continuiso coa xestión de Cores Tourís, decidiu zanxar o debate da sede do Consello Regulador e afirmou que «Non existe esta polémica posto que foi o propio sector o que escolleu a ubicación desta sede».  

A Lingua Amada proxectarase hoxe no Centro Comarcal


centrocomarcal

O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria e con ese motivo o Centro Comarcal do Salnés homenaxeara aos grandes autores galegos proxectando , dentro do ciclo de curtametraxes de Cinemas Dixitais, a sesión A Lingua Animada – Literatura Galega na animación, mañan venres ás 18:00 horas. A entrada é de balde. Compoñen esta sesión sete curtas que comparten a temática da lingua.

Nas redes sociais

Maio 2009
L M M X V S D
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.