//
estás a ler...
Galiza

Unha manifestación histórica para o 17 de Maio de 2009


manifestacion17maioNo ano en que o Partido Popular recuperou a maioría absoluta e o goberno da Xunta de Galicia, A Mesa pola normalización lingüística calificou a marcha de conmemoración do Día das Letras como a máis numerosa da historia. As retencións de até un quilómetro na AP-9 xa facían prever unha asistencia masiva a unha convocatoria que xiraba desta volta entorno á oposición aos pasos atrás na defensa da lingua propia de Galiza que o executivo de Feijoó leva semanas anunciando, especialmente coa proposta de derrogación do decreto do galego no ensino.

Nin a intensa choiva que por momentos varreu Santiago de Compostela puido parar a unha masa  (50.000 persoas segundo a A Mesa) que  estivo arroupada por escritores, actores e políticos tales como Manuel Rivas, Yolanda Castaño, Avelino Pousa Antelo, Carlos Blanco, Teresa Moure, Guillerme Vázquez, Carlos Aymerich, Ana Miranda…

Ao remate do acto varios destes persoeiros deron lectura ao Manifesto a prol da convivencia lingüística e a igualdade de dereitos para o galego que xa asinaron máis de 20.000 persoas e 600 colectivos (ti podes facelo aquí) e rematouse co himno galego.

Imaxe extraída d’A Nosa Terra

Advertisements

Conversa

Os comentarios están pechados.

Nas redes sociais

Maio 2009
L M M X V S D
« Abr   Xuñ »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: