//
arquivo

Archive for

Montse Prado convírtese na "número 3" do Bloque Nacionalista Galego


executiva-bng

Se hai poucos días coñeciamos que a veciña de Oubiña Montserrat Prado Cores entraba a formar parte da Executiva Nacional do BNG, hoxe a prensa en internet vóltanos a sorprender coa nova de que esta muller será dende hoxe Secretaria de Organización no seo da organización nacionalista, ocupando o posto que ostentaba até a semana pasada Alberte Ansede.

Ao final as dúas correntes maioritarias no BNG (UPG e MáisBNG) repartiron as principais responsabilidades na súa Executiva. Así, a ex conselleira Teresa Táboas (MáisBNG)  pasa a ser a “número 2” do BNG tras ser nomeada Coordinadora da Executiva, o posto que ocupaba ata agora o deputado Francisco Jorquera. O novo portavoz nacional, sucesor de Anxo Quintana, é Guillerme Vázquez.

Víctor Caamaño felicita á organización dos Premios Cabanillas e critica a falta de representación municipal


victornacasaA continuación reprodúcese por completo o texto no que o voceiro do BNG dá a súa opininón sobre o acto do pasado sábado no Auditorio:

“O pasado sábado 16 de maio fíxose entrega, nun ateigado Auditorio da Xuventude, do VI Premio Ramón Cabanillas ao ilustre académico Francisco Fernández Rey.

Existe unanimidade á hora de considerar o merecemento deste galardón a un cambadés de nacemento e de corazón ademais, nun momento idóneo, por estarmos a celebrar o Ano Cabanillas e ser, sen dúbida, Francisco Fernández Rey un dos seus maiores valedores.

O BNG quere felicitar á Asociación de Libreiros e a Asociación Cultural “Unha Grande Chea” pola organización deste brillante acto, así como a todos e todas os que nel participaron. Foi un acto moi emotivo e acaído para este Ano Cabanillas. Parabéns a todos e todas os que interviron nel.

Só se botou de menos, lamentablemente, a ausencia, neste acto de homenaxe, de representantes do grupo municipal de goberno, a pesar de estaren convidados. Como noutras ocasións, o PP decidíu non asistir a un acto que non estea directamente organizado por eles, co cal seguen a demostrar que a súa especialidade non é precisamente a cultura participativa.

Ademais consideramos este comportamento moito máis grave, neste caso, en canto que Francisco Fernández Rey é membro destacado da Comisón Municipal do Ano Cabanillas e o principal dinamizador da mesma.

Agardamos, que en próximas ocasións, os membros do goberno municipal sexán quen de deixar de lado eses prexuízos sectarios e se integren con normalidade na vida cultural cambadesa, asistindo a algún dos numerosos actos que na honra de Cabanillas se están a celebrar en Cambados e no Salnés ao longo do ano.”

Nas redes sociais

Maio 2009
L M M X V S D
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.