Descubro por medio do Facebook de Ana Miranda, a candidata do BNG ás eleccións europeas, un interesante vídeo aficionado que un amigo dela gravou en Bruxelas como mostra do comezo dun día normal da vida de Ana e de Xulia, a súa filla.
O pasado sábado 16 de Maio tivo lugar a entrega do VI Premio Ramón Cabanillas, que recaeu no académico trianero Francisco Fernández Rei. O acto rematou coa interpretación emotiva do Himno de Acción Gallega que o propio Poeta da Raza publicou en Vento Mareiro e que logo incluiu tamén en Da Terra Asoballada. Con este poema Cabanillas convírtese no poeta oficial do agrarismo de Basilio Álvarez.
A interpretación foi musicada a cargo de Xaquín Xesteira (oboe) e Xoán Silva e Blas (guitaras e voces). O auditorio rematou por cantar “a capella” os últimos versos.
ACCIÓN GALLEGA
Hino
¡Irmáns! ¡Irmáns gallegos!
¡Dende Ortegal ó Miño!
a folla do fouciño
fagamos rebrilar!
Que vexa a Vila podre,
coveira da canalla,
á Aldea que traballa
disposta pra loitar.
Antes de ser escravos,
¡irmáns, irmáns gallegos!
que corra a sangre a regos
dende a montana ó mar.
¡Ergámonos sin medo!
¡Que o lume da toxeira
envolva na fogueira
o pazo siñorial!
Xa o fato de caciques,
ladróns e herexes, fuxe
ó redentor empuxe
da alma rexional.
Antes de ser escravos,
¡irmáns, irmáns gallegos!
que corra a sangre a regos
dende a montana ó val!
Poema publicado en Vento Mareiro e logo en Da terra asoballada. Recollido de Ramón Cabanillas Enríquez. Biografía en imaxes de Maribel Iglesias Baldonedo.