//
arquivo

Archive for

Domingo 24: Maratón popular en Oubiña e concerto de Alejandra Burgos no Continental


alejandraburgos
MAÑÁ DEPORTIVA EN OUBIÑA

O memorial Manuel Mariño Castro arrancará ás once e media da mañá desde o centro cultural da parroquia de Oubiña. Este ano a carreira cumpre o seu 20 aniversario, e a Asociación de Veciños de Oubiña quere que a participación sexa masiva. O percorrido para o nenos será de 2 quilómetros de longo, de 5 para as restantes catergorías e de 10 quilómetros para a categoría absoluta.

NOITE ACÚSTICA BLUSERA NO CONTINENTAL

Por outra banda, a partires das dez e media da noite deste mesmo domingo haberá concerto no café Continental de Alejandra Burgos; unha cantante, guitarrista e compositora que se move entre o Blues, o Country Blues e o Rockabilly. Máis información no blog do Rif-Rock (vídeos incluídos).

Chega o Despregable 21 cargado de contidos


despregable21portada1

A Embaixada Prusiana xa puxo na rúa o seu último traballo en forma de fanzine. E, aínda que cun pouquiño de retraso, vén cargado con 60 páxinas de información cultural alternativa. Entrevistas como a que lle fan ao grupo de pop ferrolano Quant,  ou ao novo director da fundación Luís Seoane d’A Coruña, Alberto Ruiz de Samaniego. Fotografías a cargo de Sira Bilbao Melcón e cómic de ASH. Crónicas do Festival do Norte, do FLU POP ou dos concertos na Sala Boogaloo. E por suposto críticas e recomendacións de discos, cómic ou libros.

Os Mocidade en Marcha na rede


mocidadeenmarcha

Unha nova sección do blog permite a partires de hoxe consultar os tres exemplares en papel que Cambados.tk puxo na rúa. Trátase de dous boletíns de 16 páxinas e dun panfleto cun artigo sobre memoria histórica. Podes acceder a este apartado desde a barra superior da web, ou premendo aquí.

No mes de Xullo, ou en Agosto, podería ver a luz un novo exemplar da revista laranxa. Iso levará engadido ademais unha campaña de recadación de fondos para cubrir os gastos de impresión, como xa acontecera coa venda de camisolas en 2006. Máis información moi pronto neste espazo.

Nas redes sociais

Maio 2009
L M M X V S D
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.