É, polo momento, o único vídeo que se presentou na categoría de Centro Educativo no concurso “Presume de Salnés”, organizado pola Mancomunidade da nosa comarca. Ademais é de Cambados, concretamente foi realizado polo Grupo de vídeo do IES Francisco Asorey.
Mira aquí outros vídeos que varios veciños fixeron para participar na iniciativa. A data límite para presentar as producións propiar é o vindeiro día 30.
Os dous cambadeses que se desprazaron até Lanzarote para participar nesta durísima proba deportiva voltan á península moi contentos cos resultados obtidos. Así o publica hoxe Anxo Martínez no Faro de Vigo de Arousa. Segundo a súa información, José Aragunde rematou no posto 475 (de 1.300 participantes) e Íñigo Silva quedou no 710.
Isto supón un bo avance para os dous, xa que o primeiro reduce 13 minutos a marca de hai dous anos (chegou á meta 12 horas e 11 minutos despois da saída), e o segundo completou o percorrido en 13 horas e 18 minutos, tardando máis de unha hora e media menos que hai dous anos.
A proba do Ironman consiste nun Triatlón de 3.800 metros de natación, 180 quilómetros de ciclismo e 42,2 de maratón.
Noraboa a José e a Íñigo!