//
estás a ler...
Cambados

José Aragunde e Íñigo Silva rematan o Ironman mellorando tempos


ironmanOs dous cambadeses que se desprazaron até Lanzarote para participar nesta durísima proba deportiva voltan á península moi contentos cos resultados obtidos. Así o publica hoxe Anxo Martínez no Faro de Vigo de Arousa. Segundo a súa información, José Aragunde rematou no posto 475 (de 1.300 participantes) e Íñigo Silva quedou no 710.

Isto supón un bo avance para os dous, xa que o primeiro reduce 13 minutos a marca de hai dous anos (chegou á meta 12 horas e 11 minutos despois da saída), e o segundo completou o percorrido en 13 horas e 18 minutos, tardando máis de unha hora e media menos que hai dous anos.

A proba do Ironman consiste nun Triatlón de 3.800 metros de natación, 180 quilómetros de ciclismo e 42,2 de maratón.

Noraboa a José e a Íñigo!

Imaxe extraída do Faro de Vigo

Advertisements

Conversa

Os comentarios están pechados.

Nas redes sociais

Maio 2009
L M M X V S D
« Abr   Xuñ »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: