//
estás a ler...
Artigos de opinión, global

Liberdades a medias


debateeuropeas

Como na anterior campaña electoral estatal e como xa intentaron sen éxito na galega, a RTVE propónnos en horario de máxima audiencia que asistamos a un debate (posíbelmente tamén milimétrico e a base de monólogos perfectamente estudados) entre candidatos das dúas forzas maioritarias.

Eu comprendería -aínda que non compartiría- este convite se partise dun ente privado, pero non o podo facer cando provén dunha televisión que se di pública.

É unha constante nos medios o querernos facer crer que só existen dúas opcións á hora de votar, parece que a estratexia sistemática é ignorar as demais posibilidades como táctica para afondar nun bipartidismo que resta democracia.

Unhas eleccións son, como o di a propia palabra, unha escolla. E para escollermos, temos que coñecer todas as opcións. Ao final acontence o mesmo que no tema da lingua: pídese liberdade de decisión pero quérese negar a posibilidade de que os nenos coñezan os dous idiomas. E eu pregúntome: como se pode elixir algo, ben sexa unha lingua, ben sexa unha papeleta nun colexio electoral, cando só se nos permite coñecer parte das opcións? É iso realmente liberdade?

Pero, ¿como falar de liberdade cando no ano 2009 Partido Popular, Partido Socialista e Gobierno de España intentan tumbar á brava dun xeito vergoñento unha candidatura chamada Iniciativa Internacionalista como se fosen nenos pequenos cunha pataleta? Aínda cando este partido condenou a violencia para a obtención de fin políticos.

Agora quéixanse porque para eles que Arnaldo Otegui pida o voto para esta formación é proba válida para a súa  ilegalización… que pasaría se este señor decidise pedir o voto para o PP ou para o PSOE?  Habería que solicitar a súa prohibición?  Que paradoxo…Ten Arnaldo Otegui, por esa regra de tres, a varita máxica que decide que ideas son válidas e legais e cales non?

Non, o problema é que hai ideoloxías que non gustan, que resultan incómodas (e perigosas electoralmente, que llo digan a Patxi López, que seguramente non estaría gobernando se a esquerda abertzale fora “legal”) e que deben ser prohibidas, e para iso só se necesita identificar esas ideoloxías con terrorismo. Por sorte esta vez non o conseguiron.

Admitámolo, camiñamos cara o bipartidismo total porque nós o eliximos, con liberdade; pero é unha liberdade a medias, unha liberdade coma a dos cabalos cando lles tapan os ollos para que non se distraian co que poidan ver na beira do camiño, ou a liberdade que pode ter un paxaro que vive comodamente nunha gran gaiola.

Deixémonos de excusas, de queixas. Nesa gaiola existe unha portiña que, cun pouco de maña, o paxaro pode abrir e voar. Voar en liberdade. Da boa.

Imaxe extraída de El Mundo

Conversa

Os comentarios están pechados.

Nas redes sociais

Maio 2009
L M M X V S D
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: