//
arquivo

Archive for

Iglesias Pombo será o novo concelleiro liberado


iglesiaspomboNo pleno que se celebrará mañá á noite no Concello, entre outras cousas, Luís Aragunde vai anunciar o organigrama do novo goberno municipal. O que xa se sabe grazas á filtracións na prensa é que o novo edil liberado será Antonio Joaquín Iglesias Pombo, que tomará posesión como concelleiro tamén mañá, pero vaise romper a tradición de que o liberado sexa a persoa que e engargue da área de Cultura. Pombo vai ostentar os departamentos dos que se encargaba Aragunde até que foi investido alcalde, é dicir,de réxime interior e atención ao público. Será ademais segundo tenente de alcalde.

Falta por saber quen será o encargado da Concellaría de Cultura e quen será primeiro tentente de alcalde, cargos que poderían recaer na mesma persoa. De todas formas, o que parece seguro é que o concelleiro de Cultura xa non vai ser un edil liberado.

No pleno de mañá saberase toda a composición e os nomes e tamén os soldos que han percibir Luís Aragunde e Pombo.

Imaxe extraída de La Voz de Arousa.

Advertisements

Nas redes sociais

Maio 2009
L M M X V S D
« Abr   Xuñ »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.