//
estás a ler...
Artigos de opinión, Cambados

A incomodidade de formar parte dunha mesa electoral


aturuxo1

O presidente de Unha Grande Chea, Xaquín Charlín (Chon), falou no seu artigo do xornal comarcal Aturuxo dos problemas que lle presentan aos cidadáns o ser elixidos parte dunha mesa electoral e os diversos motivos que poden presentarse como alegación para non acudir.

Ao final no texto propón abrir un prazo antes dunhas eleccións para que se presenten voluntarios e intentar cubrir os postos con eles, e senón se consegue, tirar das listas do paro aumentando a remuneración polo día de traballo.

Remata tamén contemplando  a posibilidade de que os máis críticos suxiran que esta opción podería ser aproveitada polos partidos para incluir aos seus simpatizantes nas mesas pero desbota tal posiblidade pola existencia dos interventores.

Eu inclúome neste grupo de “críticos” xa que considero que este,  aínda que moi incómodo, é un bo sistema para que se garanta a igualdade e a limpeza na votación. O que non debera suceder é o que lles acontece a algúns cidadáns que vén como o suposto sorteo sempre recae nos mesmos afortunados.

Tamén se propón a miúdo que sexan funcionarios quen formen as mesas electorais, pero repito, eu penso que o actual sistema é o único que non presenta ningunha clase de puntos escuros ou dúbidas (aparte da obriga que supón para os elixidos).

Unha cousa son os interventores, que como ben di Chon están aí representando a cadanseu partido e fiscalizando o proceso,  e outra moi diferente son os membros da mesa que son os que manexan os documentos oficiais, a orde nas instalacións e as propias papeletas. Para min, o feito de que eles sexan cidadáns de a pé escollidos por sorteo, meréceme moita máis confianza que calquera outro sistema que pode chegar a viciarse rapidamente. Iso si, que che toque é un incordio.

Grazas a Chon por introducir un novo debate na rede e, sen que sirva de precendente, hoxe lévolle a contraria.

Advertisements

Conversa

Os comentarios están pechados.

Nas redes sociais

Maio 2009
L M M X V S D
« Abr   Xuñ »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: