A Rede de Dinamización da Sociedade da Información organiza para este vindeiro mes de Xuño os seguintes obradoiros:
· “Manexo de cámara dixital”: do 2 ao 5 de xuño de 10:30 a 12:00 horas.
· “Procura de emprego na Internet”: días 9, 10, 11, 16, 17 e 18 de xuño de 10:00 a 12:00 horas.
· “Procuras na Internet: Googlear”: días 12 e 19 de xuño de 10:00 a 12:00 horas.
· “Mecanografía”: os días 22, 23, 24, 25, 29 e 30 de xuño de 10:00 a 11:30 horas.
Todos se van levar a cabo no Centro de Dinamización, no Centro Comarcal do Salnés-Exposalnés. Ademais desde esta institución lembran que o público pode facer uso dos ordenadores con conexión a internet de que dispoñen sempre que non haxa obradoiros, e en horario de 8:00 a 15:00, de luns a venres.