//
estás a ler...
Cambados

"Níxer", exposición de fotos e gravados de Alfonso Costa no Centro Comarcal


nixerDesde o 1 até o 15 deste mes poderemos ver no Centro Comarcal do Salnés unha exposición que ofrece a mirada dun pintor e fotógrafo galego sobre un dos países máis pobres do mundo: Níxer.

No mes de abril do 2006, unha expedición organizada pola ONG Acción contra a Fame, e integrada por algúns dos seus membros xunto a outros pertencentes a Cultura Solidaria Galega -entre os que se atopa o propio Costa- percorre o país nixerino , non só para obter información directa sobre a castigada rexión africana, senón tamén para coñecer in situ o desenvolvemento dos diferentes proxectos humanitarios que Acción contra a Fame desenvolve alí.

Esta experiencia é aproveitada por Alfonso Costa para, entre outras cousas, captar co obxectivo da súa cámara as imaxes intensamente vívidas dunha paisaxe humana que sofre e, porén, mantén ergueita a bandeira da dignidade e da esperanza. Porque, se cadra, este é un dos aspectos máis salientables da mostra realizada por Costa e que moito ten que ver coa súa personal mirada artística.

Acción contra a fame traballa en  Níxer dende o ano 1997. Leva a cabo proxectos de auga e saneamento, prevención e tratamento da desnutrición, mellora das condicións sanitarias materno – infantís, mellora e diversificación da producción agrícola e gandeira, etc.

Níxer é un dos países máis pobres do mundo segundo o informe do Programa de Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD): ocupa o posto 174 de 178.

Máis información na web de Acción contra el hambre.

Conversa

Os comentarios están pechados.

Nas redes sociais

Xuño 2009
L M M X V S D
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: