//
arquivo

Archive for

O BNG denuncia máis malos cheiros no centro da vila e pide solucións


victordiariodearousaO voceiro municipal do Bloque Nacionalista Galego, Víctor Caamaño, realizará catro preguntas no vindeiro plenos sobre os malos cheiros que reapareceron na vila segundo el, posíbelmente debido “á vaga de calor”.

O BNG recorda que presentou durante estes anos de problemática co saneamento innumerábeis iniciativas no Concello, así como escritos ao alcalde, á Consellaría de Medio Ambiente e ao Seprona, e a resposta do anterior alcalde sempre era  mesma: “culpabilizar exclusivamente da situación a determinadas empresas que, segundo el, vertían directamente á rede xeral de saneamento; anunciando, de paso, que se tomarían as medidas necesarias para evitar este mal.”

Pero para os nacionalistas o tempo demostrou que esta non é a causa nos cheiros, senón máis ben se deben a un deficiente deseño e mantemento dun programa (plan POMAL) no que se soterraron millóns de euros procedentes da Unión Europea.

Por todo iso, o BNG preguntaralle ao actual alcalde da Corporación cales foron as medidas concretas tomadas durante este tempo para solucionar os malos cheiros, cales foron efectivas e cales non e  que outras ten previsto aplicar nun futuro.

Por último o BNG fai unha proposta en forma de pregunta: encargar a unha empresa especializada un estudo e unha disgnose do problema, con solucións concretas e efectivas para atallalo.

Imaxe extraída de La Voz de Galicia

Xa chega aos fogares cambadeses a carta despedida de Cores Tourís


touris4Estes días están chegando ás nosas casas unha carta na cal o ex alcalde e actual Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, amosa os motivos que o levaron a abandoar os seus cargos electos  (alcadía e escano no Senado).

Di Tourís que foi a petición do novo Presidente, Núñez Feijoó, a que o levou a tomar unha decisión que “non foi doada”, xa que era a súa intención “rematar estes catro anos de goberno”.

Di asumir o novo reto con ilusión e que vai traballar “pola prosperidade dos municipios da provincia, e tamén polo desenvolvemento de novos proxectos”, e é aquí onde aproveita para cargar unha vez máis contra o anterior goberno: “e daqueles que quedaron pendentes tralos catro anos de goberno bipartito da Xunta”.

Ademais, presenta ao novo alcalde de Cambados, Luís Aragunde, e repasa o que para el foron os principais logros dos seus gobernos locais: “equiparamos as parroquias co casco urbano cambadés, creamos o polígono industrial, paseos marítimos, o complexo polideportivo de O Pombal, pavillóns deportivos nos colexios”, “vivendas sociais, novos xulgados”, “ampliación do patrimonio cambadés con edificios tan simbólicos como o Pazo de Torrado, a Casa dos Fraga ou a antiga fábrica de Peña”.

Esquécese así tamén de temas como o propio problema de saneamento que prouce uns cheiros que duran xa máis de catro anos, o abandono de certas instalacións deportivas, a venda de patrimonio do Concello, como o campo da Mercede para o negocio inmobiliario,  fala das vivendas sociais cando foi el quen se opuxo a que a antiga Consellaría de Vivenda creara 140 vivendas a prezo tasado na Grenla, ou duns xulgados novos que non dependeron da súa xestión.

A carta chega aos buzóns sen membrete de ningunha administración e o propio folio tampouco amosa ningunha marca institucional, é de supoñer que non está pagada por ningún organismo público. Cores Tourís asina como Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, o seu novo cargo.

Imaxe extraída de Vieiros.

Nas redes sociais

Xuño 2009
L M M X V S D
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.