As librarías Ramón Cabanillas e Contos de Cambados organizan unha presentación para o venres 19 ás 21.00 horas no Centro Comarcal.
O libro titúlase Os bicos de Tina e foi escrito por Alfonso Eiré e recrea a primeira experiencia sexual de Tina e Daniel, dous nenos dunha aldea galega que viven o seu primeiro amor nos anos sesenta e se reencontran trinta anos despois.
Afonso Eiré é xornalista e escritor. Vicepresidente e Conselleiro Delegado do semanario A Nosa Terra. Participa nas tertulias da Radio e Televisión de Galicia como analista político. Tén publicados os libros Amigos sempre, Eu tamén fun coas vacas, O coxo de Vilarelle.
Os bicos de Tina é un libro escrito con moita tenrura, que nos fai chegar as fermosas lembranzas daqueles bicos que deixaron marca na nosa vida.
A columna vertebral da tempada anterior continuará baixo a disciplina do Club Juventud Cambados así até o de agora está xa asegurada a continuade dos porteiros Neno Millán e Fernando, dos defensas Edu, Matias, Rober, Dani, Felipe, Koeman e Jacobo; dos medios Cascallar, Toño, Manu, Nino, Alex Cubas e Penjamo; e dos dianteiros Melo e Eulogio.
Asemade van facer a pretempada co primeiro equipo Fran e Isma que acabaron xa como xuvenís e Noly, ainda en idade xuvenil. Tamén está xa confirmada a continuidade do adestrador Eduardo Carregal e o do seu segundo Ton. A directiva está a traballar na procura de novas fichaxes.
SERÁN RAMÓN CABANILLAS
Do mesmo xeito, a directiva do Club anima a todos os veciños da nosa vila a acudir o vindeiro sábado 13 de Xuño ás actividades programadas dentro do II Serán Ramón Cabanillas, organizado conxuntamente con Unha Grande Chea e o Concello de Cambados.